• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 611

Fase final do Campionato Galego de F-8 en Cuntis

Mai 26 Escrito por 
CUNTIS> Cuntis presenta o campionato de Fútbol 8 da Federación Galega que se desenvolverá no campo de “A Ran” este sábado. Con entrada gratuíta a todos os partidos, a vila converterase esta fin de semana na sé dunha competición que entre xogadores e familiares reunirá a un milleiro de persoas, segundo cálculos da organización.
  Esta tarde o concello de Cuntis, o club Atlético Cuntis e a Federación galega de Fútbol presentaban en conxunto a organización da fase final do campionato galego de F-8 nas categorías alevín, benxamín e prebenxamín, que se celebrará en horario de mañá e tarde este sábado no campo de “A Ran”. Ás 10:30 da mañá xogaranse as semifinais prebenxamíns, as 11:20 as semifinais benxamíns, as 12:10as semifinais alevíns, á unha da tarde xogaranse o 3º e o 4º posto os prebenxamíns e benxamíns ás catro os alevíns e as finais serán de menor a maior categoría ás 5, 6 e 7 da tarde. O presidente do club local valoraba moi positivamente conseguir ser a sé deste campionato polo impacto económico que deixará na localidade.
 
Etiquetado como Campionato Galego    Cuntis    Deporte    Fútbol Base    federacion galega de futbol   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A V Ruta do Albariño desembarca en Cambados e Meaño esta fin de semana
    CAMBADOS> A V Ruta do Albariño encherá as vilas de Cambados e Meaño de ciclistas. Esta competición terá lugar os vindeiros 17 e 18 de xuño.
  • O Cidade de Vilagarcía atraerá preto de 2.000 persoas
    VILAGARCÍA> En Vilagarcía xa está todo prácticamente listo para recibir aos participantes do Torneo Internacional Clae Viaxes. A cita do fútbol benxamín organizada polo Arosa cumpre a súa sexta edición, e reunirá a vindeira semana a un total de 48 equipos e máis de 2.000 persoas na capital arousá. O sexto Torneo Internacional ClaeViajes, organizado polo Arosa, atraerá un total de 48 equipos da categoría benxamín. Unha ducia son galegos. Os outros proceden de nove comunidades autónomas diferentes, e ata de Portugal, Inglaterra e Dubai. No Cidade de Vilagarcía participarán oito canteiras de equipos de primeira División: Atlético de Madrid, Celta de Vigo, FC Barcelona, FC Porto, Vitoria Guimaraes, Deportivo, Arsenal e Boavista. Tamén estará a Spanish Soccer School de Dubai, co vilagarcián Pablo Coira. En resumo, máis de 2.000 persoas invadirán Vilagarcía a vindeira semana. Toda a vila volcarase cos seus protagonistas e anfitrións: os dous equipos benxamíns do Arosa. Os pequenos xogarán os días 16, 17 e 18 en A Lomba e o Manuel Jiménez.
  • A Fundación Celta volve a organizar un campus de verán en Dodro
    DODRO> A actividade, que se desenvolverá no campo municipal de Chenlo do tres ó dez de xullo, estará destinada a nenos de entre catro e dezaseis anos. Por segundo ano consecutivo, a Fundación Celta de Vigo desenvolverá o seu campus de verán en Dodro. A actividade, que se levará a cabo do 3 ó 10 de xullo no campo municipal de Chenlo, é froito do convenio asinado o pasado ano polo CD Dodro co conxunto celeste de cara a implantación de novos sistemas de traballo para un mellor desenvolvemento do fútbol base, non só no municipio senón tamén en toda a comarca. Segundo explicou a presidenta do Club anfitrión, Vanesa García Morillas, a experiencia está a resultar do máis enriquecedora para os pequenos. O campus terá lugar de luns a venres en horario de 10 a 2, agás o último día no que se prolongará ata a tarde. Está dirixido a rapaces de entre 4 e 16 anos e a metodoloxía contará con diversas áreas de traballo que serán impartidas por técnicos do propio club vigués. O prezo por participar é de 130 euros, cun desconto de 15 euros para os nenos do club. Inclúe entre outros conceptos unha equipación completa de Adidas. A inscrición xa se pode formalizar a través da páxina web www.fundacioncelta.com.
  • A Fundación Celta organiza un Campus de Verán en Ribeira
    RIBEIRA> Ribeira acollerá entre o trinta e un de xullo e o catro de agosto o Campus de Verán da Fundación Celta. Os nenos, de entre catro e dezaseis anos, aprenderán da man dos adestradores do club non só técnicas deportivas senón tódolos valores que conleva.
  • Trescentos corredores desputarán a Gran Ruta Celta BTT de Noia
    NOIA> Noia acollerá por segundo ano consecutivo a Gran Ruta Celta BTT. A proba, prevista para este sábado, consta dun percorrido de cento oitenta quilómetros. Polo momento, xa hai preto de trescentos inscritos.
  • Ramiro Carregal promove dúas das regatas máis destacadas do calendario galego
    SANTIAGO> Como cada ano, Santiago de Compostela foi o lugar escollido para presentar as dúas regatas promovidas polo empresario ribeirense, Ramiro Carregal. O 27 e 28 de maio desputarase o Gran Trofeo Faro de Corrubedo entre Portosín e Ribeira mentres que o día tres de xuño é a data escollida para a Regata Frinsa.
HomeSalnés - CaldasFase final do Campionato Galego de F-8 en Cuntis Top of Page

Síguenos en facebook