09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 611

Os veciños axudan a Arousa Solidaria tras o roubo de maquinaria

Mai 30 Escrito por 
VILAGARCÍA> Os veciños de Guillán prestarán os seus apeiros de labranza á Arousa Solidaria para que poidan seguir colleitando a horta de A Golpilleira. A asociación, que presta axuda a 13 familias sen recursos, viu parada a produción da que se alimentan unhas 85 persoas despois de que o pasado venres alguén forzara a entrada da vivenda onde gardaban todos a maquinaria. Cando o pasado venres os traballadores da finca de Arousa Solidaria atoparon a porta da entrada forzada e a súa maquinaria roubada, non se esperaban que a historia puidese ter un final menos negro do que nese momento prevían. Durante a fin de semana recibiron medio cento de chamadas ofrecéndolles axuda diversa e son os veciños de Guillán os que lles prestarán os seus propios apeiros mentres estes non conseguen outros. A asociación naceu fai dous anos co obxectivo de facilitar a reinserción a persoas en situación de grave emerxencia social e na horta solidaria que manteñen as 13 familias beneficiarias producen as froitas e hortalizas que consumiran despois para o seu aforro familiar. Ademais dende Arousa Solidaria tamén axudan proactivamente aos seus membros a atopar emprego e actualmente 8 das 13 familias teñen algún membro traballando.
Etiquetado como Veciños    Vilagarcía    Arousa    Solidariedade    Asociación   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Vilagarcía réndese á gastronomía no primeiro salón Degusta Galicia
    VILAGARCÍA > Xa está en marcha a primeira edición do Degusta Galicia, no Fexdega de Vilagarcía. Ata o vindeiro domingo, se se achegan ata alí, poderán probar e levar para a casa unha gran variedade de produtos de máxima calidade elaborados en Galicia. Paté de ostras de Cambados. Croquetas de queixo de San Simón feitas en Lugo. Marmelada de pemento elaborada en Oleiros ou prebes feitas en Vilagarcía. Esa é a carta de presentación do Degusta Galicia, un saboroso salón gastronómico composto por 63 expositores. Todos eles teñen un nexo común: a súa orixe galega e a elevada calidade dos seus produtos. Entre os produtos expostos, atopamos innovacións culinarias con produtos da terra Cunha materia prima galega, de máxima calidade. Entre os vendedores, de momento, bo sabor de boca… E entre os que esta mañá se adentraban polos corredores do FEXDEGA, satisfacción xeralizada por atopar tan preto da casa unha variedade tan ampla de produtos, a un prezo adsequible. A primeira edición deste salón estará aberto ata o vindeiro domingo, entre as 11 da mañá e as NOVE da noite.
  • Sobe lixeiramente o paro na provincia de Pontevedra
    VILAGARCÍA > Novembro pecha cunha suba xeralizada do paro. Na provincia de Pontevedra o número de demandantes de emprego incrementouse neste mes nalgo máis de 170 persoas. Ante estes datos, na rúa, a xente agarda que a campaña de Nadal permita recuperar lixeiramente o emprego, nunha campaña marcada pola temporalidade dos contratos. O mes de novembro pecha con datos negativos para o desemprego. Na provincia de Pontevedra o número de persoas que buscan traballo e non o atopan sitúase nos 74.475: son 174 persoas máis que un mes antes, ou o que é o mesmo: un 0,47% máis que no mes de outubro. Visto doutro xeito, os datos coñecidos hoxe son positivos, pero en relación co mes de novembro do ano 2016. Nesta comparativa interanual, o paro descendeu na provincia de Pontevedra algo mais dun 8%. Sexa como for, a ría de Arousa segue a estar entre as zonas máis prexudicadas. Dende o mes de setembro sumáronse ás listas do paro no Barbanza 567 persoas e no Salnés 1.792 parados en só tres meses. Na rúa, este lixeiro ascenso do desemprego con respecto ó mes de outubro non sorprende. A maioría dos enquisados tamén agoiran un incremento da contratación de cara ó Nadal, unha época de moito consumo, caracterizada tamén pola temporalidade dos contratos.
  • O Comedor Social de Cáritas de Vilagarcía renova as súas instalacións
    VILAGARCÍA > O director xeral de Inclusión Social da Xunta visitou esta mañá as renovadas instalacións do Comedor Social de Cáritas, en Vilagarcía. Entre as melloras, salienta a renovación do chan e o arranxo dos baños. En total, investíronse preto de 23.000 euros. Dende hai uns días, o Comedor Social de Cáritas en Vilagarcía goza dunhas renovadas instalacións, que permiten facer máis levadeira a estadía das persoas sen recursos que as empregan acotío. Entre as actuacións, a máis demanda polos usuarios, traballadores e voluntarios do centro era a substitución das vellas e esvaradías baldosas por un novo pavimento, máis seguro. Tamén se renovaron por completo os baños do centro, instalouse nova iluminación de tipo led e se repintaron todas as dependencias. En total, un investimento de algo máis de 23.000 euros, con fondos procedentes en boa medida da Xunta. Neste exercicio, de feito, o goberno galego destinou para Cáritas Interparroquial de Vilagarcía un total de 83.000 euros destinados ó bo funcionamento do comedor, á súa conservación e ó bo funcioanento da Casa de Acollida de San Cibrán, en Vilaxoán. O director xeral aproveitou a xornada para visitar tamén o Centro Sociocomunitario de Vilaxoán, segundo os seus responsables “un espazo completamente dotado” para uso e goce dos maiores da zona, e tamén das xeracións máis novas.
  • O Intecmar celebra o seu 25 aniversario con xornadas de portas abertas
    VILAGARCÍA > O Intecmar conmemora o seu 25 aniversario. Para celebralo, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño abre as súas portas a todo aquel que o desexe, coa intención de dar a coñecer a súa labor, centrada no control da calidade do medio mariño. Hoxe celebrouse a primeira dunha serie de visitas guiadas. Era o ano 1992 cando a Xunta poñía en marcha en Vilaxoán o INTECMAR, un organismo centrado na protección e mellora da calidade do medio mariño e no fomento da produción de moluscos baixo os limiares de máxima calidade. Daquela chamábase Centro para o Control da Calidade do Medio Mariño e a súa capacidade de resposta era limitada. 25 anos despois, e convertido xa nunha referencia mundial no sector, o INTECMAR decidiu abri-las súas portas para dar a coñecer os seus múltiples campos de actuación. O Instituto organizou catro xornadas de portas abertas, de calquera tipo de perfil. Hoxe celebrouse a primeira desas citas, cunha conferencia impartida polos propios expertos do centro na que se deron a coñecer os diversos quefaceres do Instituto en materia de seguridade alimentaria, sanidade animal e contaminación. A xornada completouse cun percorrido polas instalacións, permitindo afondar nas súas funcións e na historia do centro. No mes de xaneiro desenvolveranse as outras tres xornadas guiadas, para as que xa non quedan prazas. Ante a boa acollida da iniciativa, dende o Intecmar valoran xa a posibilidade de lanzar novas datas para o mes de febreiro.
  • Máis de 400 persoas participaron nos cursos de Inmersión Dixital en Vilagarcía
    VILAGARCÍA > Vilagarcía puxo hoxe punto e final ós cursos de Inmersión Dixital. 25 actuacións formativas e 413 alumnos despois, o concello de Vilagarcía clausuraba esta mañá os Cursos de Inclusión e Capacitación dixital. As actividades buscan mellora-las competencias dixitais dos veciños da vila, sexa cal sexa a súa idade ou situación laboral. Os cursos arrancaron no mes de maio e hoxe chegaron ó seu fin por este ano, coa entrega de diplomas ós participantes da derradeira actividade. Durante os últimos días, os alumnos aprenderon a sacar partida á internet á hora de buscar emprego, botando man de novas ferramentas. Outros, fóra xa do mercado laboral, atoparon nestas iniciativas unha vía de acceso ó mundo das novas tecnoloxías. O Concello agarda que para o ano que vén se repita o éxito de participación desta edición.
  • O Intecmar cumpre 25 anos coa vista posta no Laboratorio de Referencia para o Control de Bivalvos
    VILAGARCÍA> O Instituto Tecnolóxico para o control do Medio Mariño de Galicia celebrou esta mañá os seus 25 anos de historia. No acto institucional que acolleron as instalacións do peirao de Vilaxoán, as autoridades ensalzaron o papel deste centro, que traballa na súa candidatura para acoller o Laboratorio Comunitario de Referencia para o Control de Bivalvos. Así o defendeu, entre outros, o presidente da Xunta. Numerosas autoridades desfilaron polo Intecmar para celebrar o seu 25 cumpreanos. Neste tempo, o centro de Vilaxoán tense convertido nunha referencia a nivel europeo, como centro punteiro no control do medio mariño. Os asistentes recordaron os comezos do Intecmar, e o seu traballo a prol de garantir a calidade do produto que se obtén do mar galego. Foi un acto cargado de orgullo, que deixou tamén momentos para a emotividade. Trala súa exitosa traxectoria, o Intecmar ten agora un novo reto por diante: materializar a súa candidatura para acoller o Laboratorio Comunitario de Referencia para o Control de Bivalvos. Segundo o presidente da Xunta, o centro de Vilaxoán é idóneo para converterse nesta sé. Con este obxectivo sobre a mesa, Alberto Núñez Feijóo fixo fincapé na necesidade de que o Intecmar se manteña como un dos mellores centros destas características do mundo.
HomeSalnés - CaldasOs veciños axudan a Arousa Solidaria tras o roubo de maquinaria Top of Page

Síguenos en facebook