09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 611

Descende o paro en maio

Xun 02 Escrito por 
O SALNÉS> O paro descende no mes de maio de maneira xeralizada. Pontevedra e Vilagarcía son os dous municipios nos que máis baixa o paro con respecto ao mes de abril e é no sector servizos onde se atopan a maior parte dos novos empregos. Dende UXT  valoran positivamente os datos pero lembran que moitos deses novos contratos son precarios.
  Baixa o paro en toda Galicia no mes de maio. Pontevedra contabiliza 3.200 parados menos e tanto as comarcas do Salnés, Barbanza e Pontevedra reducen o seu número de desempregados en todas as variables. Con respecto ao mes de abril os municipios onde máis descendeu o paro foron Pontevedra, con 228 desempregados menos, Vilagarcía de Arousa, con 212, Boiro, con 120 menos, e Ribeira, con 99. Con respecto ao mesmo mes do ano pasado nesa listaxe tamén sen inclúen concellos como Sanxenxo, Rianxo, Vilanova de Arousa, Noia e Poio, que descenderon o número de parados entre os 110 e os 170. O sector servizos é o que tira principalmente deste pulo do mes de maio, seguido tamén pola construción como explica o secretario xeral de UXT nas comarcas de Pontevedra e Arousa. Dende a Xunta de Galicia valoran moi positivamente estes datos, sinalan o descenso do paro tamén en menores de 25 anos e aseguran que son o síntoma dunha clara recuperación económica. Para UXT non se debe esquecer que moitos destes empregos fanse en condicións precarias.
 
Etiquetado como Paro    Desemprego    Datos Paro   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os mariscadores noieses volven a actividade despois dun mes parados pola toxina
    NOIA> A maioría dos produtores conseguiu coller sen dificultade os topes establecidos. A única desconfianza para eles, o prezo que o marisco puidera acadar en lonxa... A maioría dos mariscadores confían en que o episodio de toxina non volva a producirse, algo que non poden asegurar con rotundidade, e así poder manter un nivel aceptable de ingresos, xa que o mercado se atopa practicamente desabastecido, tanto para fresco como para as conserveiras.
  • A EPA amosa unha baixada de 2,1 puntos do paro na provincia
    Pontevedra> A enquisa de poboación activa deixa datos positivos para a provincia de Pontevedra no seu terceiro trimestre, cunha baixada do paro de 2,1 puntos en relación ao trimestre anterior. Con todo, dende UGT amosáronse preocupados polo notable aumento na taxa de contratos temporais.
  • Sube o paro en Galicia e tamén en Arousa
    AROUSA> O número de parados sitúase en Arousa nas 14.386 persoas, 733 persoas máis que no mes anterior. Setembro volve a deixar cifras negativas en canto á creación de emprego. O número de desempregados volve a medrar en Arousa, segundo os datos do ministerio de Emprego, situándose nas 14.386 persoas, 733 máis que no mes anterior. Uns datos que dende a CIG agardaban, unha vez rematada a tempada estival, e con ela a rescisión de moitos contratos temporais en sectores como o comercio e a hostalería. No Salnés destruíronse durante o pasado mes de setembro 543 empregos, sendo os concellos do Grove e Cambados os que presentan un índice maior de desempregados con 158 e 107 parados máis respectivamente. Outros Concellos desta comarca nos que aumentou tamén o paro foron Meaño con 69, Ribadumia 49 e Vilagarcía 44. Aínda así non son todos datos negativos, houbo municipios coma Catoira, 11, Valga, 9, e Pontecesures, 2, nos que si se creou emprego. En canto ás comarcas do Barbanza e Muros-Noia a situación é moi semellante á do Salnés, aumentando o número de parados o pasado mes de setembro en 190 persoas. Por concellos onde máis se destruíu emprego foi Boiro con 69 desempregados máis, seguido de Pobra do Caramiñal con 47 e Ribeira con 44. O dato positivo obtémolo en Noia onde si se xerou emprego con respecto ó mes anterior, cun total de nove persoas máis que atoparon traballo.
  • Xuño deixa na provincia 4692 parados menos
    Pontevedra> A provincia de Pontevedra conta con 4692 parados menos dende o mes de xuño. Dende os sindicatos denuncian a precariedade nos contratos que se dan nesta época do ano, e a presidenta da Deputación destaca que soamente o 7.9 por centro destes contratos son indefinidos.
  • O mes de abril deixa 3009 parados menos en Pontevedra
    Pontevedra> O paro baixa na provincia de Pontevedra en 3009 persoas. Segundo informou esta mañá o Ministerio de Emprego e Seguridade Social hai un total de 81.385 persoas inscritas como demandantes de emprego. O sector servizos é o que permitiu que o mes de abril chegase con estes bos datos en canto ao emprego se refire.
  • O paro baixa en 344 persoas no mes de marzo na provincia pontevedresa
    Pontevedra> O paro baixa no mes de marzo na provincia de Pontevedra. 344 persoas menos apuntadas nas listas do INEM sitúa en 84.394 parados actualmente da provincia. O sector que permitiu esta baixada é sobre todo a construción.
HomeSalnés - CaldasDescende o paro en maio Top of Page

Síguenos en facebook