• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Os placeiros de Vilagarcía reclaman máis medidas de seguridade na praza de abastos

Feb 07 Escrito por 
VILAGARCIA> A praza de abastos en Vilagarcía, está a sufrir nos últimos tempos roubos. Unha situación que dende o colectivo de placeiros denuncian, e polo que solicitan ao concello da vila maiores medidas de seguridade nas instalacións de este edificio municipal. 
  Os placeiros de Vilagarcía, están fartos. Na actualidade están a sufrir diferentes roubos de diferentes materiais necesarios para desenrolar o seu traballo ou mercancía do interior dos frigoríficos. Unha situación que rexeitan e pola que piden maiores medidas de seguridade.  Segundo o responsable dos placeiros un dos problemas principais ten que ver, con que as instalacións teñen que estar abertas ata as 20:00h, para que os transportistas poidan descargar a mercancía.  Cámaras de videovixiancia, maior control nas portas ou un videoportero, a xuízo dos placeiros, serían algunhas das medidas necesarias para controlar estes roubos.  O executivo vilagarcián está agora a valorar a situación, segundo os placeiros, aínda que tal e como afirma o seu representante, dende o consistorio xa advertiron de que terá unha solución complicada. 
 
Etiquetado como Praza Abastos    Vilagarcía    Seguridade    Roubos   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Vilagarcía estrea liña directa de autobús dende o centro ao Hospital do Salnés
    VILAGARCÍA> Vilagarcía une o centro da vila co Hospital do Salnés cunha nova liña de autobús. O servizo empeza a funcionar mañá mesmo ás sete e media da mañá, cun autobús que sairá cada hora dende O Cavadelo. O convenio subscrito coa empresa Benito Abalo permitirá que o custo do traxecto sexa de 1.35 euros. A partires de mañá, unha liña directa de autobuses unirá o centro de Vilagarcía co Hospital do Salnés. O transporte arrincará ás 7.30 da mañá dende O Cavadelo, cun autobús cada hora ata a unha e media da tarde, un custo de 1.35 euros por traxecto. Esta liña nace do convenio asinado entre o concello, que achega 25 mil euros, e a empresa Benito Abalo. O traxecto ata o Hospital do Salnés non entra no bono Vaibús, que o goberno local negociou con Pereira. Así as cousas, a recente compra desta última por parte de Benito Abalo facilitaría avanzar no servizo. Actualmente, o concello e a empresa tamén están a xestionar ante a Xunta de Galicia a posibilidade de estender o servizo de transporte ao Hospital do Salnés ao horario de tarde.
  • Vilaxoán bautiza a súa nova traíña, a "Virxe do Carme"
    VILAGARCÍA> O Club de Remo Vilaxoán conta dende o pasado venres cunha nova traíña. Durante un concorrido acto, os padexeiros botaron a nova embarcación, bautizada como Virxe do Carme. O Club de Remo Vilaxoán converteu a botadura da súa nova traíña nunha festa para todos os veciños. A embarcación leva por nome o da patroa do pobo, Virxe do Carme, e supuxo un investimento próximo aos 36.000 euros. Dende que Rogelio Tarrío tomou a presidencia do club hai tres anos, potenciar a base é un dos seux obxectivos. Unha meta que están a conseguir, como se demostrou no Campionato de España de bateis celebrado hai un mes. Todos os asistentes, veciños e autoridades, só tiveron loubanzas para o traballo dun club que Vilaxoán sente como propio. Tamén para os valores que representa o deporte do remo: sacrificio, constancia, compañeirismo, perseveracia e competitividade limpa. O acto rematou co bautismo de mar de "Virxe do Carme", que se introduciu nas augas da praia de O Preguntoiro acompañada polo Salve Mariñeiro e o Tres cousas ten Vilaxoán, interpretadas pola Coral de Vilaxoán.
  • O BNG solicita máis medidas de seguridade ante a vaga de roubos
    POBRA> O BNG da Pobra demanda a toma de medidas para garantir unha maior seguridade cidadá no municipio. Solicitan ademais que se cumpra cun acordo adoptado xa en 2003 polo cal se cedeu un local municipal á Garda Civil para manter un posto do instituto armado na vila.
  • Devoción e animación para as Festas de Santa Rita 2017
    VILAGARCÍA> Esta fin de semana Vilagarcía está de festa. A vila prepárase para celebrar as Festas de Santa Rita, as máis populares do municipio con permiso das de San Roque do mes de agosto. Música, deporte, cultura e moitas máis actividades dan forma ao programa, que ten no concerto da cantante Sés o sábado día 20 o seu prato forte. As Festas de Santa Rita animarán esta fin de semana as rúas de Vilagarcía. Unha romaría popular e urbana que, como recolle o programa, mestura gastronomía, devoción, tradición e animación. Xa o vernes a animación comezará coa Feira Celta, que durante toda a fin de semana encherá o parque da Xunqueira de obradoiros, música e maxia. Precisamente a música será unha das grandes protagonistas. As orquestras Aché, Capitol e Cinema animarán as noites do vernes, domingo e luns. O venres tamén actuarán Pacho Flores e Jesús "Pingüino" González, mentres que o sábado será a quenda do prato forte do programa: o concerto de Sés na Xunqueira. Repite no programa o segundo Encontro Folclórico Santa Rita, da man de O Souto de Rubiáns. Tampouco faltará o deporte: o sábado co Torneo Santa Rita de Fútbol Infantil o décimo quinto campionato de semi rápidas de xadrez Santa Rita e o Trofeo Ponte a Patinar e o domingo coa Macroexhibición de Taekwondo, organizada polo Club Olimpic. O luns ás 8 da tarde sairá a procesión dende o Convento de Vista Alegre. Ademais, haberá todos os días pasarrúas, actividades para os máis cativos e atraccións de feira. Todo para celebrar unhas festas que este ano chegan cun lema contundente: Ti pide, que a quitar... sempre hai tempo!
  • Centos de Vilagarciáns buscan "Vivir sen permiso"
    “Vivir sen permiso”, é o suxerente título da serie de televisión que pronto comezará a rodarse na comarca do Salnés. Se a semana pasada asistiamos ó casting de figuración de “Fariña”, outra serie que terá a Arousa como escenario, hoxe fixemos o propio coa proba de Vivir sen Permiso, que esta mañá se celebrou no Auditorio de Vilagarcía. Cada un tiña un motivo diferente. Pero esta mañá, todos aqueles que acudiron ó Auditorio de Vilagarcía, tiñan algo en común, a ilusión de “Vivir sen permiso” a lo menos durante seis meses. E é que este é o título da nova serie de televisión que a produtora Alea , de Mediaset, rodará desde xuño e ata decembro na comarca do Salnés. O escritor Manolo Rivas é o creador da idea orixinal dunha saga familiar, que terá como principais protagonistas a José Coronado e Alex Gonzalez, que volven unirse tralo éxito da serie El Príncipe. Eles e o resto do equipo vivirán en Vilagarcía e arredores, durante a rodaxe. total ana Pero antes, hai que ter a punto ó equipo de figuración, e algún deles, seguro que estará entre os elixidos. Se hai quen estea interesados en participar nesta ficción televisiva que se rodará a partir de xuño, o próximo luns día 22, no Auditorio da Illa de Arousa, terá lugar outro casting en horario de mañá e tarde .
  • Alfonso González xa é o novo líder do PP en Vilagarcía
    VILAGARCÍA> O Partido Popular de Vilagarcía xa ten novo presidente. Alfonso González Gallego foi elixido onte por aclamación nun acto no que estivo arroupado por varias autoridades do PP. O novo responsable dos populares vilagarciáns comprometeuse a traballar duro para recuperar a alcaldía nas vindeiras eleccións. Dende onte e por aclamación, Alfonso González Gallego está á fronte do Partido Popular de Vilagarcía. Recolle así a testemuña de Tomás Fole, co obxectivo de empezar unha nova etapa e facer equipo. A convocatoria dun congreso local das novas xeracións para destacar o papel dos máis novos, o nomeamento dunha xunta directiva local que se reúna cos grupos parroquiais, a posta en marcha dun buzón de suxerencias e a creación de varios grupos de traballo, serán algunhas das medidas que pretende levar a cabo a curto prazo. Para elo, González Gallego rodéase dun equipo que definiu como novo, renovado e comprometido, convencido de que acadarán os seus obxectivos. Alfonso González non estivo só na súa elección. No Salón García estivo arroupado por cargos do Partido Popular. Tamén polo presidente saínte, Tomás Fole. Con esta renovación, para o Partido Popular comeza xa a carreira para recuperar a alcaldía no 2019.
HomeSalnés - CaldasOs placeiros de Vilagarcía reclaman máis medidas de seguridade na praza de abastos Top of Page

Síguenos en facebook