• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Fátima Abal denuncia unha publicación que a acusaba de falsidade documental

Feb 15 Escrito por 
CAMBADOS> A alcaldesa de Cambados, interpuxo esta mañá unha denuncia ante a Garda Civil, debido a publicación nunha web dunha nota que afirmaba, que a propia Fátima Abal fora detida por falsidade documental. A alcaldesa sostén que a única intencionalidade de este tipo de publicacións é facer dano a súa imaxe, e que feitos coma este, non poden quedar impunes. 
  As redes sociais en xeral, e as plataformas dixitais en concreto, estanse a converter nos últimos tempos, nunha arma de dobre fío, que de non seren ben utilizadas poden carrexar algún desgusto. Isto foi o que lle aconteceu a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal. A pasada noite coñecía sobresaltada que unha plataforma de internet publicaba que estaba en dependencias xudiciais, acusada de falsidade documental.  Unha información, que a propia Abal non tardou en desmentir dende a súa páxina persoal de Facebook. A alcaldesa da vila do albariño recoñeceu que a finalidade deste tipo de publicacións, non é outro que danar a súa imaxe.  Uns feitos que tal e como admitía esta mañá, non poden quedar impunes, debido ao alcance social que teñan e que non responden a feitos reais, polo que supoñen un grave delito.
 
Etiquetado como sucesos    Fátima Abal    Concello de Cambados    Denuncia    Internet   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Información adicional

  • Subtítulo:

    A alcaldesa de Cambados denunciou a publicación dunha falsa noticia sobre ela

Modificado por última vez no Mércores, 15 Febreiro 2017 11:23

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os vándalos volven causar danos nos Muíños de Amendo
    RIBEIRA> Novos actos vandálicos na contorna dos muíños do río Amendo, na parroquia ribeirense de Carreira. Ademais de arrancar unha porta, os autores destes feitos destrozaron diverso mobiliario urbano así como ferramentas e maquinaria dos muíños.
  • O acoso escolar e a violencia de xénero a debate en SERGA Sanxenxo
    SANXENXO> Este xoves impartíronse unhas xornadas sobre a violencia de xénero e o acoso escolar en Sanxenxo. Unha iniciativa privada, que se levou a cabo na sede de SERGA, e que se atopa dentro da programación creada para conmemorar os 30 anos da entidade de administración de fincas.
  • A Garda Civil investiga as causas da morte dunha veciña de Triñáns
    BOIRO> Xa hai un detido como presunto autor do crime e todo apunta a un posible axuste de contas. A tranquilidade habitual de Triñáns, unha aldea da parroquia boirense de Abanqueiro, veuse esta mañá alterada, nada máis coñecerse a nova da tráxica morte de Carmen Dieste, coñecida no lugar como Carmucha, de 66 anos de idade. O seu corpo foi atopado no interior da súa casa, ó parecer con varias coiteladas. Foi o propio presunto autor do crime, un veciño da localidade, con iniciais S.V.P. de 38 anos o que alertou ó 112 do acontecido. Ata o lugar desprazáronse varias patrullas da Garda Civil que localizaron no exterior da casa a este individuo, que portaba unha mochila. No rexistro da bolsa os axentes atoparon unha camisa chea de sangue e un coitelo, polo que procederon á súa detención. Fontes do propio Instituto Armado descartaron que se tratase dun crime pasional. Todo apunta a un posible axuste de contas como causa máis probable da morte.
  • O wifi gratuíto de alta velocidade chega a Cambados
    CAMBADOS> Cambados goza xa de rede wifi pública e gratuíta. A vila estrea estes días este novo servizo, que chega para ofrecelo aos milleiros de persoas que pasarán polo concello a vindeira semana durante a Festa do Albariño. Iso si, dende a Mancomunidade e o goberno local xa explicaron que non é algo temporal, e que chega para quedarse. O centro de Cambados xa goza dunha rede wifi pública, gratuíta e de alta velocidade. Mancomunidade do Salnés e concello traballaron de xeito conxunto para poder ofrecer este servizo, que chega unha semana antes da Festa do Albariño. A idea naceu durante a visita que realizaron a finais de xuño á cidade alemá de Kiel. Pouco máis dun mes despois, Cambados xa conta con esta instalación, que requeriu da colaboración entre as dúas administracións. A Mancomunidade encargarase de cubrir os custos do servizo, que ademais chega para quedarse. Dende Cambados queren que se faga chegar ás parroquias, e a intención do órgano comarcal é levalo a todos os concellos. Paralelamente, o concello vén de conceder unha licenza a unha empresa para instalar fibra óptica no centro de Cambados. Na presentación, José Ramón Abal tamén informou de que o vindeiro 7 de agosto volverase reunir a comisión de seguemento da Cidade Europea do Viño, para valorar as actividades realizadas no mes de xullo, principalmente o Enobús.
  • O BNG demanda melloras no acceso a internet en varios núcleos de poboación
    BOIRO> O BNG de Boiro presentou un escrito no concello reclamando a toma de medidas para garantir a cobertura de internet en tódolos núcleos do municipio. Hai dous anos que o pleno aprobou unha moción presentada polos nacionalistas a este respecto pero aínda quedan moitas zonas en sombra.
  • Detido un noiés por distribuír droga a menores
    NOIA> A Garda Civil de Noia desartellou un punto de venda de droga a menores. As investigacións iniciadas pola Policía Xudicial a principios do mes de xuño culminaron coa detención dun mozo da localidade que distribuía substancias estupefacientes entre rapaces moi novos, algúns mesmo de trece anos.
HomeSalnés - CaldasFátima Abal denuncia unha publicación que a acusaba de falsidade documental Top of Page

Síguenos en facebook