• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A CIG sal a rúa a prol dos dereitos dos traballadores

Feb 15 Escrito por 
VILAGARCIA> A CIG saíu unha vez máis a rúa para reclamar a devolución dos dereitos dos traballadores perdidos durante a crise. Esta mañá as portas do INEM de Vilagarcía, o sindicato manifestouse para mostrar a súa repulsa ante esta situación. 
  A CIG apostouse esta mañá as portas da oficina do Servizo Público de Emprego de Vilagarcía para protestar pola perda de dereitos dos traballadores, e esixir o seu restablecemento ao ter pasado xa os peores anos da crise.  A restitución de salarios en niveis de antes da crise, que a idade de xubilación volva a situarse nos 65 anos ou prestacións para maiores de 52 anos, son só algunhas das peticións que fan dende o sindicato. O 17 deste mes o sindicato volverá saír as rúas de Vilagarcía. Nesta ocasión farán un percorrido que se iniciará na Casa do Mar, e rematará na céntrica praza de Galicia. 
 
Etiquetado como Sindicatos    cig    Sociedade    Vilagarcía    Traballadores   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Mércores, 15 Febreiro 2017 16:45

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Costas financiará a reforma do paseo marítimo de Vilagarcía despois do verán
    As obras de reforma integral do paseo marítimo de Vilagarcía a Carril comezarán despois deste verán, e serán financiadas por Costas ó cen por cen. Así llo confirmou esta mañá a Xefa provincial ó alcalde vilagarciá, trala positiva reunión mantida onte en Madrid coa subdirección xeral de protección de costas. Costas e concello de Vilagarcía analizaron durante unha reunión mantida onte en Madrid, as fórmulas para acabar co constante gasto en reparacións do paseo marítimo de Vilagarcía a Carril, unha infraestrutura creada nos anos 90. As obras desta reforma integral poderían comezar este mesmo ano, tal e como transmitiron desde a Subdirección Xeral Protección de Costas. Ambas entidades entenden que despois de case trinta anos é mellor realizar un investimento forte dunha soa vez que estar ano tras ano, destinando importantes cantidades de diñeiro ó mantemento do solado. Esta mesma mañá, a xefa provincial de costas, Cristina de Paz Cubera, confirmáballe ó alcalde, Alberto Varela, que o departamento asumirá a actuación, que prevése que comece tralo verán. A reforma integral podería incluír a ampliación do carril-bici que agora se ve interrompido ó comezo das vivendas, á altura da praia da Concha. Así como pasalo á banda do areal. Algo para o que é necesario promover un expediente de concesión administrativa e desafectación da zona afectada. Igualmente, Costas e concello seguirán analizando as posibles solucións á continuidade do paseo desde Vilagarcía ata Vilaxoán . Unhas alternativas que serán analizadas pola subdirección xeral de Costas, e que, en todo caso, serían consensuadas cos veciños.
  • A imaxinación posta ó servizo das novas tecnoloxías
    Esta mañá clausurouse na aula Cemit de Vilagarcía o Tecnoverán, uns campamentos urbanos de verán de novas tecnoloxías, para mozos de entre 15 e 18 anos. Hoxe asistimos á última clase do Obradoiro centrada na modelaxe 3D. A Conselleira de Xuventude, Sonia Outón, non quixo perderse a clausura esta mañá na Aula Cemit de Vilagarcía, do Tecnoverán, os campamentos urbanos centrados nas novas tecnoloxías. 20 mozos estiveron aprendendo aprendendo durante esta semana, sobre todo, cuestións de progamación informática e modelado e impresión 3d. O monitor do obradoiro destacou precisamente a importancia das materias que se impartiron nestes obradoiros para facilitar a inserción laboral o día de mañá a estes mozos . Hoxe, como broche final, tocaba impresión 3D. Estas sesiós formativas do tecno verán correron a cargo de monitores da Asociación Socioeducativa e Cultura El Nucleo, de Vilagarcía.
  • Aumenta a polémica da Festa da Ameixa trala reunión do patrón coa oposición
    Durou pouco a calma entre Ravella e a Confraría de Carril pola polémica da Festa da Ameixa, trala reunión mantida o martes. O concello critica a xuntanza que ó día seguinte mantivo o patrón coa oposición; e éste solicita outra reunión, esta vez a tres, entre confraría, goberno e oposición. Esta mañá falamos coas dúas partes do conflito . Trala reunión mantida este martes en Ravella, entre o patrón maior de Carril e representantes do goberno local, parecía que asomaba un principio de acordo, ó ceder o concello e respectar a data de celebración, o 19 e 20 de agosto; e ó comprometerse a confraría a realizar un Plan de Autoprotección. Un proxecto que tal e como nos comentou esta mañá o patrón, José Luis Villa nueva, xa está en marcha e agarda que esté listo a próxima semana. Aínda así, quedaban algúns puntos de diverxencias, que aumentaron ó día seguinte trala reunión celebrada no pósito entre o patrón e representantes dos partidos da oposición. O concello acusa a José Luis Villanueva, de politizar a desputa da festa. Desde o concello non entenden, ademais, porqué houbo unha dobre representación do partido popular, ó asistir o presidente local deste partido, ademais dunha concelleira. O goberno pide seriedade ó populares neste tema. O patrón maior asegura que seguirá recorrendo á oposición e a quen faga falta, para asegurarse de que a Festa da Ameixa conte con tódolos requisitos que necesita para manter a súa distinción de Interese Turístico de Galicia, e que continúa advertindo que a pesar das promesas das reunión, o goberno local continúa sen ser equitativo coas axudas ós diferentes eventos do concello. José Luis Villanueva explicounos xa ten solicitara unha reunión a tres, para que asistan os voceiros dos partidos da oposición do concello, o alcalde ou unha representación do goberno local, e eles mesmo como organizadores da Festa da Ameixa, para conseguir aclarar aspectos que non quedaron nítidos trala xuntanza celebrada a comezos de semana en Ravella.
  • O diploma da esperanza para atopar un traballo
    VILAGARCIA> Dez persoas paradas de larga duración conseguiron un traballo grazas á última edición de Vives Emprego, o obradoiro de traballo que se desenvolveu en Vilagarcía durante os últimos 4 meses. Esta mañá foi clausurado no Auditorio do municipio coa presenza do alcalde da vila. E a sensación que tiñan esta mañá as 25 persoas que participaron no obradoiro ocupacional “Vives Emprega”, destinado a persoas con especial dificultade para encontrar emprego, que organiza o departamento de Benestar Social de Vilagarcía en colaboración coa ONG Acción contra el Hambre. Hoxe clausurábase o taller, no auditorio da vila, coa entrega de diplomas a cargo do alcalde, Alberto varela, da concelleira de Benestar, Tania García, e das dúas coordinadoras de Acción contra el Hambre. As coordinadoras destacaron a competencias e a actitude dos participantes á hora de traballar, algo importantísimo e que se pode trasladar a tódolos ámbitos da vida dunha persoa O resultado deste obradoiro foi totalmente positivo. 10 dos 25 participantes conseguiron un contrato laboral, seis deles están agora mesmo en procesos de selección, e outros tantos, puideron prepararse para obter unha formación regrada da que carecían, outro dos obxectivos. O programa Vives Empresa leva atendido a máis de 3.500 persoas nos seus proxectos, con porcentaxes de inserción por enriba do 50 por cento. Durante os catro meses que durou este curso os 25 participantes aprenderon moito sobre como conseguir un traballo, pero sobre todo, para o que lles serviron estas semanas, ademais de para facer grandes amigos, foi para entender que eles, coma calquera outra persoa, tamén poden chegar a conseguir, aquelo co que soñan. total rendir
  • Primeiro achegamento entre Concello e Confraría para poder celebrar a Festa da Ameixa
    Principio de achegamento entre o concelle de Vilagarcía e a Confraría de Carril sobre a polémica data de celebración da festa da Ameixa. Trala reunión mantida esta mañá en Ravella todo indica que se manterá a data fixada polo patrón, 19 e 20 de agosto. Aínda así, tras falar cos protagonistas trala reunión, quedaron en evidencia as discrepancias que aínda existen nalgúns puntos do acordo. Finalmente parece que a Confraría de Carril conseguirá o seu propósito de celebrar a Festa da Ameixa a fin de semana do 19 ó 20 de agosto. Tras semanas de polémica e diverxencias entre o concello vilagarciá e o patrón maior carrilexo, arredor da idoneidade da data, ó coincidir co Combate Naval e o Festival das Revenidas de Vilaxoán, esta mañá houbo un achegamento de posicións durante unha reunión mantida en Ravella, entre o patrón maior, José Luis Villanueva , a voceira do goberno local, Tania García, e o concelleiro de Seguridade, Juan Antonio Pérez Callón. O patrón maior de Carril saíu considerablemente satisfeito da reunión, que durou unha hora e media, aceptando facerse cargo do Plan de Autoprotección, que lle propuxo o alcalde a pasada semana. Pola súa banda a voceira do goberno local continúa afirmando que pese a ceder na data, buscando novas fórmulas que garantan a seguridade do evento, continúan considerando que non é unha boa idea que os eventos festivos máis importantes do concello teñan lugar na mesma fin de semana. Aínda así, están Entre eses “flecos” está o feito de que Villanueva acepta a proposta do concello de encargar o deseño do plan, o cal calcula o patrón que non custará máis de 2.000 euros, pero sen embargo, considera que será o concello o que se debe facer cargo dos servizos a maiores que se terán que contratar se o plan que se encargue así o especifica a execución do plan. Pero a voceira do goberno local considera que son os organizadores da festa os que se deben facer cargo . Outro dos puntos nos que aínda hai discrepancia, dentro deste primeiro entendemento entre Ravella e Confraría, é a intención da organización da festa de celebrar unha verbena nocturna con orquestra na praia, algo que o concello non ve con bos ollos. Nestes momentos segundo asegurou o patrón, están á espera aínda da autorización de Portos. Villanueva cre que de chegar a un acordo co concello, non haberá problema ningún para conseguir ese permiso. Desde o concello engaden tamén que de cara ó ano que vén, para evitar que a situación se repita, insisten en que hai que tentar evitar desde xa a coincidencia nas mesmas datas das celebracións más relevantes do municipio.
  • Os patróns maiores de Arousa piden á consellería que non deixen morrer a ría
    Os patróns maiores de Arousa acusan á Consellería de Pesca de deixar morrer a Ría. Nunha rolda de prensa conxunta esta mañá en Carril, pediron á Xunta medidas urxentes para recuperar os produtos da ría, do contrario, despois do verán comezarán as mobilizacións. As cifras son debastadoras. Nos últimos oito anos a produción de berberecho, ameixa fina, volandeira ou vieira na ría de Arousa desplomouse de xeito brutal. Son os alarmantes datos que os patróns maiores da ría quixeron facer públicos esta mañá nunha rolda de prensa desde a confraría de Carril, para reclamar, unha vez máis á consellería, que non deixe morrer esta Ría de Arousa. O patrón maior de Cambados falou en concreto dos casos da volandeira e a vieira. Unha situación que leva anos provocando a perda de centos de traballos. Os patróns piden que se faga o mesmo que co reloxo, un estudo pormenorizado de cada especie, se analicen as causas das baixadas de produción, que están acabando co sector. A patroa de Vilanova explicou a situación da ameixa fina, a ría de Arousa está quedando sen ela. O patrón maior de Rianxo, acusou á consellería dun abandono total da Ría de Arousa, e de deixar morrer os Lombos do Ulla, unha zona da que antigamente vivían moitas familias. Para estes patróns a solución pasaría por un plan que busque recuperar estas especies, algo que levan demandando oito anos. Outra das peticións esenciais do sector é que a Administración aumente o presuposto para a rexeneración da ría. Esta mañá dende as confrarías advertiron de que de non contar cunha resposta razoable por parte de administración para este problema, despois do verán comezarán a estudar outro tipo de medidas e mobilizacións.
HomeSalnés - CaldasA CIG sal a rúa a prol dos dereitos dos traballadores Top of Page

Síguenos en facebook