• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A Fundación Manolo Paz difundirase en ARCO

Feb 20 Escrito por 
CAMBADOS> A Fundación Manolo Paz aposta pola proxección internacional. O artista cambadés levará hasta a Feira Internacional ARCO, en Madrid, o seu arte. O singular espazo cambadés estará presente nesta feira a través de numeroso material divulgativo, editado pola Deputación de Pontevedra.
No ano 1985, Manolo Paz, viaxaba ata Madrid para participar por primeira ven na Feira Internacional de ARCO. Pois agora algo máis de 30 anos despois, volve a un espazo, no que, este artista cambadés, pretende difundir, un pouco máis si cabe o seu legado. A Fundación Manolo Paz estará en Madrid mediante diverso material informativo editado pola Deputación de Pontevedra. O deputado de Cultura, Xosé Leal, afirmou na súa estadía no espazo cambadés, que lle gustaría, que neste Ano do Patrimonio, e no que ademais Cambados é Capital Europea do Viño 2017, tamén fora recoñecida como capital da arte contemporánea. A Fundación manolo Paz, foi creada no 2010 a partir dunha leira rural na que o escritor tiña o seu obradoiro de traballo. Na actualidade constitúe un "diálogo" entre a arte e o paisaxe. Este singular espazo estará presente en ARCO do 22 ao 26 de febreiro.
Etiquetado como arte    Deputación Pontevedra    Cultura    Cambados    promoción    Turismo   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Cambados demanda á Xunta a apertura do centro de día no 2017
    CAMBADOS> O concello de Cambados esixe á Xunta de Galicia que cumpra o seu compromiso e abra o centro de día este ano. Segundo o goberno local, a falta de vontade política é o que está a lastrar a apertura destas instalacións, que se remataron no 2016 e que dependen do goberno autonómico. Hoxe o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar anunciaba a licitación da dotación de equipamento por valor de 67.000 euros. Cambados terá que esperar polo seu centro de día. O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar vén de anunciar a licitación da dotación de equipamento por valor de 67.000 euros, pero polo de momento non hai data para a súa entrada en funcionamento, pendiente aínda a licitación da xestión. Dende o goberno local non ocultan o seu enfado. Este ano, a Xunta comprometíase a abrir o centro de día cambadés no ano 2017, en resposta a unha pregunta plantexada polo voceiro de En Marea, Luis Villares. Uns prazos que, dende o concello, non confían en que se cumpran por falta de vontade política. Segundo o edil de Facenda, o concello cambadés cumpriu co acordado co Consorcio. Así, nos orzamentos do 2017 reservaron unha partida para sufragar unha terceira parte do equipamento e da apertura. Durante a rolda de prensa desta mañá os dous edís recordaron a necesidade que ten Cambados de que se abra este centro de día. Actualmente, hai moitos veciños en listaxe de agarda e outros que se desprazan a centros semellantes fóra da vila.
  • Cambados esixe a Portos un correcto mantemento da zona portuaria
    CAMBADOS> Melloras no asfalto da zona onde se realiza o mercado, e nas varandas de acceso ó paseo marítimo, é o que reclama o goberno de Cambados e Somos Cambados, a Portos de Galicia. Despois de 3 requerimentos sen obter unha resposta positiva, esta mañá esixiron ante os medios unha solución ó mal estado desta zona do municipio, dependente da entidade que preside José Juan Durán. O mercado de Cambados realízase en zona portuaria dentro do concello, algo polo que o goberno municipal paga a Portos de Galicia un alugar mensual de 4.000 euros. E por iso, o concello entende que debe ser a entidade autonómica a que se faga cargo do seu mantemento. Como é o mal estado no que se atopa o asfalto, e as varandas que separan o espazo do paseo marítimo, algo que aseguran desde Somos Cambados, pode chegar a provocar problemas de seguridade para a cidadanía. O concelleiro Xurxo Charlín explicou que tras tres requerimientos a Portos de Galicia, a última nunha reunión esta mesma semana, non atopa unha solución para este problema, xa que a resposta que lle dan é que non son cuestións prioritarias. Ademáis, desde o goberno fixeron chegar outros problemas do municipio a Portos, como é o custe polo espazo ocupado de terreno portuario durante a Festa do Albariño, que foi menos que o estimado na previsión que se fixo en febreiro. Tamén trataron na reunión Como as palmeiras afectadas polo picudo no concello, a maioría en zona de portos. O concello ten que pagar 9.000 euros para poñer solución ó problema. A resposta da entidade portuaria, segundo aseguran, é que eles non se farían cargo dese gasto.
  • Xornada de arte inclusiva na Casa Azul
    Pontevedra> A concellería de Benestar Social centra este ano o programa Hefesto no mundo da arte a través de creadores locais. Co título de arte inclusivo, este proxecto ten como fin promocionar a inclusión social e a participación activa de persoas con discapacidade na dinámica cultural da cidade. Neste venres a xornada estivo centrada no estudo escultórico do voo dun paxaro en escaiola.
  • Sanxenxo, primeiro concello de Galicia para turistas dixitais
    SANXENXO> Sanxenxo é xa o primeiro municipio galego en contar con sinalización intelixente para os turistas. Unha iniciativa pioneira en Galicia que permite ó usuario coñecer toda a información do punto turístico onde se atopa, a través dunha aplicación móbil que non precisa, conexión a internet. Con só descargar unha aplicación, Inventrip, pódese planificar unha viaxe no móbil en tan só tres pasos. O primeiro ,crear unha axenda de viaxe, organizada en carpetas por días, restaurantes, roteiros…Ademais de navegar e seleccionar lugares a visitar. E a partir de xa isto é unha realidade en Sanxenxo. Trátase do primeiro concello galego en contar con esta sinalización turística intelixente, que se presentou esta mañá. De momemnto haberá 5 puntos no concello onte conectarse, pero agárdase ir aumentando a información dos lugares máis turísticos. A intención de converter Sanxenxo en destino turístico intelixente supón aumentar a competitividade, mediante un maior aproveitamento dos seus atractivos, a creación de recursos innovadores, e unha distribución que finalmente impulse o desenvolvemento sostible e facilite a interacción co visitante. O único que hai que facer para desfrutar desta tecnoloxía e ser un turista dixital é descargarse a aplicación: inventrip no seu dispositivo móbil.
  • Os turistas encantados coa prolongación do "veranillo" de San Miguel
    SANXENXO> As altas temperaturas e a falta de auga deste comezo de outono son prexudiciais para algúns sectores, outros en cambio asisten encantados a esta prolongación do verán. É o caso do turismo, tal e como puidemos comprobar esta mañá en Sanxenxo. Parece que San Miguel está sendo xeneroso de máis co veranillo deste ano. Pleno outono, e na Praia. Os termómetros dalgunhas localidades das Rías Baixas chegaron a marcar estes días o 30 graos. Aínda que para moitos a falta de auga é mala noticia, o certo é que esta prolongación do verán que estamos vivindo está sendo moi positiva para aqueles que viven do turismo. Esta fin de semana, o bo tempo, as potencialidade que ofrecen as Rías Baixas, e a coincidencia coa festa do Marisco do Grove, deixouse notar na ocupación hoteleira. Contentos os hostaleiros, e contentos, no pequeño comercio. Pero os que máis gozan sen dúbida destas temperaturas e do sol, os que teñen o tempo libre para desfrútalo, os turistas. Aínda que tamén existe certa preocupación polos cambios de temperaturas que estamos a vivir . Todo apunta a que esta próxima fin de semana, co gallo da ponte festiva do Pilar, os hoteis volv¡erán colgar o cartel de completo. E ademáis, parece que a cousa seguirá así por un tempo, porque dende Meteogalicia anuncian que non se agardan chuvias ata a segunda quincena deste mes.
  • Cambados renova a súa flota de vehículos con 70.000 euros
    CAMBADOS> O concello de Cambados renova a súa flota de vehículos con catro novas incorporacións. As adquisicións veñen substituír outros vehículos vellos, que xeraban gastos moi elevados debido ao seu deterioro. A operación, que suporá un investimento de 70.000 euros con cargo ao Plan Concellos 2015 da Deputación, busca optimizar e reducir o custo do mantemento da flota municipal. Catro novos vehículos incorporaranse á flota do concello de Cambados. Virán para substituír a outros de máis anos, e que cuxo mantemento xeraba gastos elevados ao concello local. Ao vehículo da Policía Local e ao camión volquete sumaranse nas próximas semanas unha furgoneta e unha grúa. O investimento é de 70.000 euros, que se realiza con cargo ao Plan Concellos 2015 da Deputación, na partida que se consignara para a praza de abastos. Os gastos que xeran están a ser controlados polo departamento de contabilidade do concello grazas a unha aplicación informática. Nela rexistran cada factura relacionada cos vehículos. Actualmente, a flota municipal do concello de Cambados supera os 15 vehículos.
HomeSalnés - CaldasA Fundación Manolo Paz difundirase en ARCO Top of Page

Síguenos en facebook