• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O goberno de Sanxenxo comeza a negociación do convenio colectivo do persoal laoral de Terra e do Concello

Mar 16 Escrito por 
SANXENXO> O goberno de Sanxenxo convocou aos representantes sindicais para constituír a Mesa de Negociación dos traballadores do Concello. Unha reunión que se prolongou máis do previsto, e que rematou con visións diferentes da mesma por parte dos traballadores e do equipo de goberno da vila.
Os representantes sindicais dos traballadores do Concello de Sanxenxo foron citados esta mañá dende o consistorio para constituír a Mesa de Negociación dos traballadores do concello e a do Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo. Unha reunión que finalmente durou algo máis do previsto. O consistorio negociará de maneira simultánea ambos convenios colectivos, de forma que os máis de 120 traballadores do Organismo Autónomo Terra Sanxenxo poidan dispoñer por primeira vez dun convenio colectivo, e os case 60 traballadores que integran o persoal laboral do Concello poidan actualizar o seu, vixente dende o 2005. Os traballadores non ven clara esta postura do concello, e solicitan a creación dun único convenio para todos. Unha posibilidade que a edil de Persoal desbotou pola complexidade de cada grupo de traballadores, e insistiu en que o único interese e a defensa dos intereses xerais do Concello. A próxima reunión entre os representantes dos traballadores e o goberno local terá lugar en 15 días.
Etiquetado como Sindicatos    convenio colectivo    Traballadores    Sanxenxo    Concellos   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Sanxenxo inaugura Redecinema coa proxección de "Maimiño"
    SANXENXO> A Secretaría Xeral de Política Lingüística e o concello de Sanxenxo, adherido á rede de Dinaminación lingüística, presentaron esta mañá na localidade do Salnés, unha nova edición do programa de cinema de verán Redecinema, que busca promover a creatividade e os produtos culturais na nosa lingua. Aumentar a oferta de produtos de cultura e de ocio en galego, e impulsar a creatividade con base na nosa lingua. Son os obxectivos que persegue Redecinema, o programa que organiza a Consellería de Cultura, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e que esta mañá se presentou en Sanxenxo, un dos concello membros da Rede de Dinamización Lingüística . Maimiño será a película que inaugurará Redecinema, será este sábado día 22 ás dez e media da noite na Praza dos Barcos de Sanxenxo. Pero esta película, ademais doutras dúas galegas, a praia dos afogados, e 9 ondas, seguirán de ruta todo o verán, tal e como destacou o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García. García subliñou tamén a importancia de poñer en valor o sector audiovisual galego con este programa. Redecinema leva percorrendo a través de diferentes filmes os concellos da Rede de Dinamización Lingüística. Un total de 16 localidades acollerán este ano as proxeccións das tres películas en formato de cinema de verán. Entre elas outros concellos das Rías Baixas, como Boiro, Noia ou Marín.
  • Os Cruceiros Costeiros de Galicia amplían a súa oferta
    SANXENXO> Este mércores presentáronse en Sanxenxo as novas ofertas dos "Minicruceiros costeiros polas Rías de Galicia" para esta campaña 2017-2018. Un acto ao que asistiron numerosas personalidades políticas e empresariais.
  • En Marea denuncia as deficiencias do Centro de Saúde de Baltar
    SANXENXO> Os deputados de En Marea Eva Solla e Marcos Cal, visitaron esta mañá o Centro de Sáude de Baltar, en Portonovo, para coñecer de primeira man a deficiencias que os veciños de Sanxenxo están a denunciar desde hai tempo. Solla comprometeuse a levar ó parlamento galego tanto a falta de persoal do centro como a necesidade dunha ambulancia medicalizada durante todo o ano. Os deputados de En Marea, Eva Solla e Marcos Cal, visitaron esta mañá o centro de saúde de Baltar, na localidade sanxenxina de Portonovo, para coñecer de primeira man unha problemática que lle teñen transmitido tanto asociacións veciñais como desde as ANPAS dos colexios da zona: as carencias deste centro sanitario. O pasado un de xuño incorporábase ó centro un pediatra, que se unía ó outro que había, para cubrir unha baixa que estivo vacante durante meses. Estes dous pediatras están no turno de mañá, pero os veciños de Sanxenxo consideran que é necesario un pediatra para o turno de tarde, sobre todo nestas datas nas que a poboación multiplícase no concello. Con respecto á ambulancia medicalizada, hai dúas semanas se inaugurou este servizo para a área do Salnés, que leva dous anos cubrindo a época estival. Desde En Marea solicitaron a presenza desta ambulancia na zona durante todo o ano. Aínda que agora remata o periodo de sesións no parlamento galego, Solla asegurou que na comisión desta semana levarán este tema, e desde En Marea reclamarán tanto a ambulancia como a escaseza de persoal. Os veciños criticaron tamén que o aparallo de raios X do centro de saúde estivo avariado , e os pacientes tiveron que ser derivados ó hospital de Pontevedra.
  • Xuño deixa na provincia 4692 parados menos
    Pontevedra> A provincia de Pontevedra conta con 4692 parados menos dende o mes de xuño. Dende os sindicatos denuncian a precariedade nos contratos que se dan nesta época do ano, e a presidenta da Deputación destaca que soamente o 7.9 por centro destes contratos son indefinidos.
  • Os sindicatos ameazan cunha folga indefinida no transporte
    Pontevedra> Segundo día de folga no transporte nesta semana. Hoxe os delegados sindicais de UGT, CC.OO e a CIG presentáronse na delegación da Xunta de Pontevedra. Alí foron recibidos polo delegado de transportes que se comprometeu a trasladar as súas reivindicacións á conselleira.
  • Sanxenxo recibiu hoxe as 'Q de Calidade'
    MADRID> Sanxenxo recibiu hoxe as 'Q de Calidade'. O tenente alcalde, Gonzalo Pita, e o concelleiro de Turismo Jesús Sueiro, recolleron en Madrid estes diplomas de recoñecemento da calidade turística, de man da Secretaria de Estado de Turismo, Matilde Asian. Un total de dez praias locerán este verán a bandeira 'Q de Calidade': Areas, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas, Montalvo, Pragueira, Major, Areas Gordas e A Lapa. Estes areis foron revisados e certificados polo Instituto para a Calidade Turística Española, sometidos a auditorías que supervisan os procesos da dirección, a planificación e a organización de recursos, así como a xestión ambiental, o control e a mellora continua. Sanxenxo sitúase como o segundo municipio con máis Q de Calidade de España.
HomeSalnés - CaldasO goberno de Sanxenxo comeza a negociación do convenio colectivo do persoal laoral de Terra e do Concello Top of Page

Síguenos en facebook