• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Novos espazos dinamizaran a actividade comercial da Praza de Abastos de O Grove

Mar 16 Escrito por 
O GROVE> A directora Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Sol Vázquez, visitou esta mañá a Praza de Abastos de O Grove, que está en fase de acondicionamento para ofrecer espazos a baixo custe a aqueles que queiran emprender o seu negocio, e deste xeito contribuír a dinamizar o mercado da vila.
Un día despois de que se puxera en marcha a nova liña de axudas 2017 para aqueles que queren comezar unha actividade empresarial a directora Xeral de Comercio e Consumo, da Xunta de Galicia, Sol Vázquez, visitou a Praza de Abastos de O Grove, onde se habilitaron certos espazos, que veñen a materializar o espazo activo de emprendemento comercial. Unha obra que se realizou cun orzamento de 80.000 euros, dos cales 60.000 proviñeron dunha achega da Xunta de Galicia. Uns espazos que segundo a directora Xeral de Comercio, virán a contribuír na dinamización da praza. Unha iniciativa ca que aqueles que queiran poderán comezar a súa labor empresarial, a un custe inferior que si o fixeran fora da praza. Na súa visita a directora Xeral de Comercio, estivo acompañada polo alcalde e a edil de Comercio da vila, entre outros.
Etiquetado como O Grove    Praza Abastos    Xunta de Galicia    Comercio    Comercio Mercados    Economía    Emprendedores   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Xoves, 16 Marzo 2017 16:25

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Cinco claves para o éxito financeiro en Vilagarcía o vindeiro xoves
    VILAGARCÍA> Se queren aforrar en non saben como facelo, este xoves celebrarase unha charla coloquio baixo o título "cinco claves para o éxito" no Auditorio de Vilagarcía.
  • A Xunta aposta polo emprendemento no sector forestal
    PONTEVEDRA> A Xunta colabora coa Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo, Vilagarcía e a Zona Franca para impulsar o emprendemento no sector forestal. O conselleiros de Economía, Francisco Conde estivo, este venres, en Pontevedra, onde sinalou a importancia do sector forestal na comunidade. O sector forestal na nosa comunidade é un dos máis importantes. Conscientes de esta realidade dende a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo, Vilagarcía, Zona Franca e coa colaboración da Xunta, van a afondar na posta en valor do emprendemento no sector.
  • Aposta decidida pola náutica na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
    PONTEVEDRA> A aposta por potenciar Galicia como destino náutico é decidida. Esta mañá en Pontevedra presentouse o proxecto Ecodestin, que busca potenciar este sector na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. A iniciativa, financiada con fondos europeos, conta con dous millóns de orzamento, e levarase en principio a dezasete portos galegos. Potenciar Galicia como destino náutico único e educativo é o obxectivo do Proxecto Ecodestin. A iniciativa busca integrar o patrimonio na oferta náutica da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O plan conta cun investimento de máis de 2 millóns de euros, e desenvolverase dende o 2017 ao 2019. Combarro, Sanxenxo, Cabo da Cruz, Vilagarcía de Arousa ou Cambados son algúns dos portos galegos sobre os que actuará este plan, aos que se suman oito portugueses. A intención é atraer visitantes nacionais e, sobre todo, internacionais, facendo especial fincapé na promoción en Francia, Alemaña, Países Escandinavos e Norte América. Ofrecendo un produto completo e atractivo. Ademais deste proxecto, nas rías galegas xa funcionan os minicruceiros, os dez ferries previstos para o mes de setembro e as excursións en veleiro. Todo dando forma a unha oferta náutica que agarda estar a pleno rendemento o vindeiro ano.
  • A Deputación e o concello de O Grove suman forzas para a Festa do Marisco
    O GROVE> O Concello do Grove e a Deputación de Pontevedra asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre as dúas institucións para a celebración da Festa do Marisco do municipio meco. Para esta edición número 54, que terá lugar do 5 ó 15 de outubro, a entidade que preside Carmela Silva cubrirá con 6.000 euros diversas das actividades do programa festivo. A política convirte o desexo das cidadáns en realidade. Foi a cita coa que comezou a súa comparecencia a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, durante a sinatura do convenio de colaboración co concello do Grove para impulsar económicamente a Festa do marisco do Grove. Dez días durará a edición 54 desta festa. UNha cita, que tal e como destacou esta mañá durante a sinatura do convenio co concello, a presidenta da Deputación de Pontevedra, é a festa do marisco de Pontevedra, de Galicia e de toda España. Unha Festa de Interese turístico Nacional, que segundo Silva, debería obter xa o nomeamento de Internacional. Este ano a Festa do Marisco celebraráse do 5 ó 15 de outubro, e as diversas actividades culturais que envolverán a cita gastronómica, contarán cunha aportación económica de 6.000 euros por parte da Deputación, Algo que esta mañá agradeceron desde o concello. Acompañados tamén polo Deputado provincial de Turismo, Santos Héctor, e a concelleira de Turismo do Grove. Emma Torres, o alcalde e a presidenta asinaron o convenio dunha festa, na que tal e como acontece cada ano, se incopora un novo produto á exaltación, e neste 2017 o elixido é o choco.
  • O centro de saúde pechará oito tardes en setembro
    CAMBADOS> O concello de Cambados denuncia un novo recorte en materia sanitaria no municipio. Durante o mes de setembro, o centro de saúde pechará oito tardes. Dende a concellería de Sanidade, apuntan á falta de substitucións do persoal como motivo, e denuncian a intención privatizadora da Xunta de Galicia. No mes de setembro, os cambadeses verán reducido o horario do seu centro de saúde. Segundo anunciou o SERGAS, o ambulatorio pechará oito tardes; decisión que, segundo apuntan dende o concello, dificulta o acceso á sanidade de moitos veciños. Cordal non ocultou o seu malestar. Para el, esta medida é froito do afán privatizador da Xunta de Galicia respecto da sanidade pública, e un recorte máis nos servizos que padecen en Cambados. Tampouco gusta que dende o goberno autonómico non se notificara ao concello esta medida. Unha mostra máis, asegura, da falta de diálogo do executivo de Alberto Núñez Feijóo. Dende o concello cambadés xa amosaron en varias ocasións a súa oposición á política sanitaria da Xunta. A máis recente, a moción que apoiaron a semana pasada solicitando a retirada do anteproxecto de Lei de Saúde, que convertirá a área sanitaria de O Salnés nun distrito da de Pontevedra.
  • Portos comeza a 4ª fase de limpeza de dársenas
    Pontevedra> Dende Portos de Galicia presentaron esta mañá a 4ª fase do plan de limpeza de dársenas. Un plan que se executará en 5 zonas da provincia entre os que se atopa o porto de Vilanova de Arousa e o de Meloxo, no Grove. Os traballos comezarán o 18 deste mes.
HomeSalnés - CaldasNovos espazos dinamizaran a actividade comercial da Praza de Abastos de O Grove Top of Page

Síguenos en facebook