• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O VIII Obradoiro de Hostalería de O Salnés pecha a súa primeira edición en Sanxenxo

Mar 21 Escrito por 
O VIII Obradoiro de Emprego de Hostalería de O Salnés votou este martes o peche. Os alumnos desta actividade organizada pola Mancomunidade de O Salnés recibiron un diploma acreditativo da formación adquirida nun acto ao que asistiu o Conselleiro de Economía, Francisco Conde, e que foi presidido polo alcalde de Sanxenxo e tamén responsable da área de turismo da Mancomunidade de O Salnés, Gonzalo Pita.
A formación no eido da hostalería é unha aposta segura para conseguir un sector de calidade nunha comarca, na que na actualidade o 30% da ocupación laboral está representada polo sector hostaleiro. Unha situación da que son coñecedores dende a Mancomunidade de o Salnés, e pola que este martes se clausurou a VIII Edición do Obradoiro de Emprego de Hostalería de O Salnés. Un acto no que uns 20 alumnos recibiron a súa acreditación, despois de formarse en cociña e sala durante seis meses e percibir o salario mínimo interprofesional. Unhas habilidades, as acadadas por estes alumnos, moi apreciadas polo sector da zona, o que permite unha colocación laboral de case o 100% da promoción. Ao acto que se celebrou na sede do propio obradoiro no Porto Deportivo de Sanxenxo asistiron numerosos rostros da política comarcal, do sector, da Mancomunidade de O Salnés, o delegado da Xunta na provincia de Pontevedra e Conselleiro de Industria. Este último confirmou que a próxima edición do obradoiro pasará a durar 9 meses, e recolleu a petición que o alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, lle fixo, sobre a posibilidade de ampliar o número de prazas.
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A Illa lanza un vídeo promocional para amosar os "tesouros" do seu municipio
    A ILLA> A Illa de Arousa non só ofrece turismo de sol e praia. Este fermoso enclave de O Salnés quere potenciar os seus paisaxes, a súa gastronomía, e moitos aspectos máis, que a converten nun estupendo destino para visitar en calquera época do ano.
  • A Mancomunidade do Salnés leva a Cidade Europea do Viño ata Alemaña
    CAMBADOS> A esta hora xa está en Alemaña unha comitiva da Mancomunidade do Salnés e do concello de Cambados, para presentar xuntos durante estes días á capital do Albariño como Cidade Europea do Viño. Esta promoción internacional terá como escenario a Kieler Woche, o evento náutico máis relevante do norte de Europa. Antes de partir, contábannos a relevancia da viaxe. Desde hai anos a Mancomunidade do Salnés visita ó importante colectivo de emigrantes da comarca que hai na localidade alemaña de Kiel, e este ano, con máis motivos aínda, fará o mesmo. Desta volta, cun dobre obxectivo, xa que se presentará Cambados como Cidade Europea do Viño ante os millóns de persoas que asisten á Kieler Woche. Unha das festas náuticas máis grandes do mundo. Unha mostra máis do apoio que presta a Mnacomunidade ó concello cambadés, desde o primeiro momento que se soubo do nomeamento da vila como Cidade Europea do Viño. Algo que quixo volver a agradecer durante a presentación da viaxe, o tenente de alcalde Xosé Ramón Abal, que destacou tamén a relevancia desta promoción internacional para Cambados . Antes de partir rumbo a Alemaña, onde estarán ata o sábado, Abal lembrou, para todos aqueles interesados en gozar deste novo servizo do Enobus, que inclúe visitas a bodegas e experiencias enoturísticas, que desde hoxe poden mercarse os tickets nas oficinas de turismo de toda a comarca.
  • A seguridade en Sanxenxo, prioridade para o alcalde e a Subdelegada
    SANXENXO> A xunta local de seguridade reuniuse esta mañá en Sanxenxo. Subdelegada do goberno, alcalde da vila e representantes da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local mantiveron un encontro para analizar a situación e as necesidades do municipio de cara o verán. Non en van, Sanxenxo multiplica por seis a súa poboación no verán, converténdose nun punto de atención prioritaria. A seguridade é unha prioridade para Sanxenxo. Tras vinte días na alcaldía, Telmo Martín convocou esta mañá a Xunta Local de Seguridade. Un encontro ao que asistiron a subdelegada do goberno, o alcalde da vila e representantes da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local. No verán a vila multiplica por seis a súa poboación, un feito que a converte nun foco de atención para a Subdelegación do Goberno que, de ser necesario, non desbota incrementar os efectivos na zona. A Garda Civil traballa de xeito coordinado coa Policía Local, que a día de hoxe conta con 49 efectivos que garantirán a seguridade dos visitantes. Principalmente, en dous eidos: regular o tráfico e a movida nocturna. Esta reunión prodúcese despois de que Martín mantivera onte encontros cos propietarios de todos os locais do porto deportivo, para intercambiar opinións sobre os problemas de seguridade que se teñen producido nos últimos tempos. Ambas partes coinciden en que a movida forma parte da oferta do destino, polo que ven necesario garantir que sexa de calidade e en orde.
  • A Mancomunidade do Salnés estrea as súas novas instalacións
    CAMBADOS> Despois de 15 anos nunhas oficinas provisionais a Mancomunidade de O Salnés xa ten as súas propias. Unhas instalacións completamente renovadas que se sitúan en Exposalnés, e que esta mañá foron as protagonistas do acto de inauguración ao que acudiron numerosos rostros políticos e sociais da contorna…
  • Lita Cabellut inicia a súa xira polo Salnés en Vilanova
    VILANOVA> A artista española e coñecida a nivel internacional Lita Cabellut "desembarcou" en O Salnés. Esta mañá estivo no albergue de As Sinas onde se presentou o proxecto que prepararon centros escolares e asociacións de catro concellos da comarca durante as últimas semanas con motivo da Semana pola Educación artística que impulsa a Unesco e que este ano teñen a artista catalá como homenaxeada.
  • Carmela Silva aposta por un servizo unificado de información ao turismo
    Pontevedra> A Xunta de Goberno da Deputación aprobará mañá a adxudicación, á empresa Valora Consultores, da redacción do Plan Estratéxico de turismo. Unha rolda, a desta mañá, onde a presidenta criticou as declaracións de Nava Castro, en relación a unificación das oficinas de turismo, e lembroulle que, dende a administración galega non fixeron os deberes neste eido.
HomeSalnés - CaldasO VIII Obradoiro de Hostalería de O Salnés pecha a súa primeira edición en Sanxenxo Top of Page

Síguenos en facebook