• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Os socialistas defenden que a antiga Comandancia da Mariña debería albergar o novo centro de saúde da vila

Mar 24 Escrito por 
VILAGARCIA> O portavoz dos socialistas no Parlamento de Galicia, Xaquín Fernández Leiceaga, visitou esta mañá Vilagarcía de Arousa onde incidiu na necesidade de que a vila conte cun centro de saúde en condicións, e defendeu a proposta do executivo de Alberto Varela, de que o solar da antiga Comandancia da Mariña albergue o futuro novo centro de saúde.
A posibilidade de que Vilagarcía conte cun novo centro de saúde no centro da vila, é un tema moi discutido nos últimos meses. A pesar da necesidade real existente dunhas novas instalacións e das continuas queixas dos cidadáns, parece que polo de agora Vilagarcía non contará cun novo e céntrico centro de saúde, como así defende o executivo local. Aínda así, Alberto Varela admite que non desistiran na súa petición. O terreo que ocupa a antiga Comandancia da Mariña no centro da vila foi desbotado pola Xunta de Galicia ao non reunir as condicións construtivas, polo que habería que derribalo para construír un novo edificio, o que segundo o ente autonómico suporía un custe desorbitado. Uns custes segundo os socialistas moi inferiores os da compra dun solar. Leiceaga anunciou na súa visita a capital arousá, que o tema do centro de saúde será levado ao Parlamento de Galicia. O terreo da antiga Comandancia da Mariña ten unha superficie de preto dos 5.000 metros cadrados. Segundo o rexedor da vila, segundo o artigo 44 da Ley de Portos do Estado establecese a que a Autoridade Portuaria pode ceder gratuitamente un espazo en desuso con fins sociais.
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Lita Cabellut inicia a súa xira polo Salnés en Vilanova
    VILANOVA> A artista española e coñecida a nivel internacional Lita Cabellut "desembarcou" en O Salnés. Esta mañá estivo no albergue de As Sinas onde se presentou o proxecto que prepararon centros escolares e asociacións de catro concellos da comarca durante as últimas semanas con motivo da Semana pola Educación artística que impulsa a Unesco e que este ano teñen a artista catalá como homenaxeada.
  • Agís non ve coherente que Gonzalo Pita forme parte do novo goberno de Sanxenxo
    SANXENXO> Roberto Carlos Agís, ex socio de goberno de Gonzalo Pita, recoñece que non lle sorprende que Telmo Martín se converta en alcalde de Sanxenxo, pero critica que Gonzalo Pita forme parte do novo "bipartito".
  • Vilagarcía estrea liña directa de autobús dende o centro ao Hospital do Salnés
    VILAGARCÍA> Vilagarcía une o centro da vila co Hospital do Salnés cunha nova liña de autobús. O servizo empeza a funcionar mañá mesmo ás sete e media da mañá, cun autobús que sairá cada hora dende O Cavadelo. O convenio subscrito coa empresa Benito Abalo permitirá que o custo do traxecto sexa de 1.35 euros. A partires de mañá, unha liña directa de autobuses unirá o centro de Vilagarcía co Hospital do Salnés. O transporte arrincará ás 7.30 da mañá dende O Cavadelo, cun autobús cada hora ata a unha e media da tarde, un custo de 1.35 euros por traxecto. Esta liña nace do convenio asinado entre o concello, que achega 25 mil euros, e a empresa Benito Abalo. O traxecto ata o Hospital do Salnés non entra no bono Vaibús, que o goberno local negociou con Pereira. Así as cousas, a recente compra desta última por parte de Benito Abalo facilitaría avanzar no servizo. Actualmente, o concello e a empresa tamén están a xestionar ante a Xunta de Galicia a posibilidade de estender o servizo de transporte ao Hospital do Salnés ao horario de tarde.
  • Vilaxoán bautiza a súa nova traíña, a "Virxe do Carme"
    VILAGARCÍA> O Club de Remo Vilaxoán conta dende o pasado venres cunha nova traíña. Durante un concorrido acto, os padexeiros botaron a nova embarcación, bautizada como Virxe do Carme. O Club de Remo Vilaxoán converteu a botadura da súa nova traíña nunha festa para todos os veciños. A embarcación leva por nome o da patroa do pobo, Virxe do Carme, e supuxo un investimento próximo aos 36.000 euros. Dende que Rogelio Tarrío tomou a presidencia do club hai tres anos, potenciar a base é un dos seux obxectivos. Unha meta que están a conseguir, como se demostrou no Campionato de España de bateis celebrado hai un mes. Todos os asistentes, veciños e autoridades, só tiveron loubanzas para o traballo dun club que Vilaxoán sente como propio. Tamén para os valores que representa o deporte do remo: sacrificio, constancia, compañeirismo, perseveracia e competitividade limpa. O acto rematou co bautismo de mar de "Virxe do Carme", que se introduciu nas augas da praia de O Preguntoiro acompañada polo Salve Mariñeiro e o Tres cousas ten Vilaxoán, interpretadas pola Coral de Vilaxoán.
  • Diminúen os usuarios pero aumentan os gastos de Cáritas no 2016
    VILAGARCÍA> Cáritas Interparroquial de Arousa presentou hoxe a Memoria 2016 da súa actividade. Un ano no que a organización arousá observou que houbo un descenso dos seus usuarios, aínda que o gasto continuou a ser o mesmo que o de anos anteriores. A Memoria 2016 de Cáritas Interparroquial de Arousa, foi presentada esta mañá no comedor social que a entidade ten en Vilagarcía. Os datos falan é Cáritas de Arousa axudou durante todo o 2016 entre todos os seus programas de axuda a máis de 900 persoas, cun presuposto que superou os 380.000 euros. Unha axuda necesaria, pero como afirmaba Don Manuel Castro Agudín en rolda de prensa, non a única que queren ofrecer dende esta entidade. Continuando coas cifras dende Cáritas realizáronse durante todo o ano unhas 22.500 intervencións en axudas de alimentación. A atención primaria e os servizos básicos, son piares de esta organización, que tal e como recoñeceu o seu presidente neste exercicio do 2016 investiu todos os cartos que recibiu sen deixar a deber. Na rolda de prensa de hoxe ademais incidiuse nas diferentes liñas de colaboración que ofrecen dende Cáritas para facer posible que continúen coa súa labor. Ao longo deste 2016 ampliáronse os programas de axuda e multiplicáronse as iniciativas voluntarias que propiciaron para facer de Cáritas unha referencia en Arousa da solidariedade e a loita contra a inxustiza social.
  • Devoción e animación para as Festas de Santa Rita 2017
    VILAGARCÍA> Esta fin de semana Vilagarcía está de festa. A vila prepárase para celebrar as Festas de Santa Rita, as máis populares do municipio con permiso das de San Roque do mes de agosto. Música, deporte, cultura e moitas máis actividades dan forma ao programa, que ten no concerto da cantante Sés o sábado día 20 o seu prato forte. As Festas de Santa Rita animarán esta fin de semana as rúas de Vilagarcía. Unha romaría popular e urbana que, como recolle o programa, mestura gastronomía, devoción, tradición e animación. Xa o vernes a animación comezará coa Feira Celta, que durante toda a fin de semana encherá o parque da Xunqueira de obradoiros, música e maxia. Precisamente a música será unha das grandes protagonistas. As orquestras Aché, Capitol e Cinema animarán as noites do vernes, domingo e luns. O venres tamén actuarán Pacho Flores e Jesús "Pingüino" González, mentres que o sábado será a quenda do prato forte do programa: o concerto de Sés na Xunqueira. Repite no programa o segundo Encontro Folclórico Santa Rita, da man de O Souto de Rubiáns. Tampouco faltará o deporte: o sábado co Torneo Santa Rita de Fútbol Infantil o décimo quinto campionato de semi rápidas de xadrez Santa Rita e o Trofeo Ponte a Patinar e o domingo coa Macroexhibición de Taekwondo, organizada polo Club Olimpic. O luns ás 8 da tarde sairá a procesión dende o Convento de Vista Alegre. Ademais, haberá todos os días pasarrúas, actividades para os máis cativos e atraccións de feira. Todo para celebrar unhas festas que este ano chegan cun lema contundente: Ti pide, que a quitar... sempre hai tempo!
HomeSalnés - CaldasOs socialistas defenden que a antiga Comandancia da Mariña debería albergar o novo centro de saúde da vila Top of Page

Síguenos en facebook