• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Vilanova e a Pobra do Caramiñal crean a primeira guía valleinclaniana

Mar 28 Escrito por 
VILANOVA> A casa do Cuadrante, en Vilanova de Arousa, acolleu este martes a presentación da primeira guía conxunta das Casas Museo de Valle Inclán que se atopan nos municipios de Vilanova e a Pobra do Caramiñal.
A Guía Vallinclaniana é un proxecto que xorde a raíz do 150 aniversario deste xenio das letras galegas para ilustrar as visitas dos forasteiros que chegan a Pobra do Caramiñal ou Vilanova de Arousa e visitan o Museo Valle Inclán ou a Casa Museo, buscando un pouco máis de información sobre este personaxe. Esta guía non vai a ser a única actividade que se realice con Valle Inclán como protagonista, así o afirmou o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo na súa intervención. A Casa Museo de Valle Inclán en Vilanova foi a localización elixida para presentar esta nova guía, na que estiveron presentes o a lcalde de Vilanova, o Secretario Xeral de Cultura e o director do Museo Valle Inclán da Pobra do Caramiñal. Este último, Antonio González, quixo deixar clara a importancia da guía debido a actualización da información que se recolleu na mesma. A guía estará dispoñible en tres idiomas o galego, o castelán e o inglés. Haberá unha tirada duns 15.000 exemplares e poderá obterse visitando a Casa Museo de Valle Inclán en Vilanova de Arousa ou visitando o Museo do escritor en A Pobra do Caramiñal.
Etiquetado como concello de vilanova    Valle Inclán    Turismo    Museo ValleInclán    casa museo   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O Carlos I Silgar distinguido como de garantía en turismo deportivo
    SANXENXO> O hotel Carlos I de Silgar recibiu o distintivo Sporttoury de mans da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Unha distinción que o acredita como un establecemento con garantías en turismo deportivo.
  • Arousa Norte acudirá á Feira de Turismo Internacional de Xapón
    BOIRO> Outras das citas incluídas na programación da mancomunidade será aGrand Pavois de La Rochelle. Así o acordaron esta mañá en pleno os representantes dos catro concellos que integran a Mancomunidade. Un dos asuntos abordados na sesión foi precisamente aprobar a programación da entidade para os vindeiros meses. Por segundo ano consecutivo arousa Norte volverá a estar presente na Feira de Turismo Internacional de Xapón, JATA 2017, que se desenvolverá do 21 ó 24 deste mes de setembro. Alí os técnicos de Arousa Norte que se despracen ó país nipón manterán intensas reunións de traballo con touroperadores e axentes especializados no ámbito turístico interesados na oferta de ocio, paisaxística e de natureza desta comarca. Ademais, durante este mes de setembro, a Mancomunidade tamén participará en La Rochelle na feira náutica Grand Pavois. Precisamente, neste encontro no que se dan cita navegantes e amantes da náutica de toda Europa, Arousa Norte informará sobre o seu roteiro náutico e tamén presentará un novo material con información especifica sobre as características e servizos dos cinco portos náuticos emprazados nos catro concellos que integran a Mancomunidade. Na sesión tamén se acordou iniciar os traballos para o desbroce e acondicionamento do novo sendeiro polo litoral de Arousa Norte que percorrerá a fachada atlántica dos catro concellos e fíxose unha valoración do número de visitantes que se achegaron ata a comarca nesta datas. Á espera dos datos definitivos que acheguen as oficinas de turismo dos catro concellos, todo parece indicar que as estatísticas foron satisfactorias e se rexistrou un notable incremento de consultas turísticas en Arousa Norte durante este verán. Tamén valoraron moi positivamente eventos coma os Vermús Musicais ou o Circuíto de Carreiras Populares 4 Carreiras e 1 Meta que serviron de elementos de atracción e de ocio para os visitantes que optaron por esta zona.
  • O turismo marítimo medra un 12% no mes de xullo
    Pontevedra>O presidente de Portos de Galicia fixo esta mañá balance das embarcacións que pasaron polas Rías Baixas no mes de xullo. Durán anunciou un aumento do 12 por cento nas Rías Baixas en relación ao pasado 2016. No ámbito de toda a provincia foron en torno a 1000 as embarcacións que pasaron por Pontevedra.
  • A Concentración de Motos de Sanxenxo terá lugar do 8 ao 10 de setembro
    SANXENXO> Este venres presentouse a XXXIII Edición da Concentración de Motos Internacional de Sanxenxo. Que se celebrará o segundo fin de semana de setembro, e que segundo sinalou o alcalde, reportará aos establecementos da vila máis de un millón de euros.
  • A Deputación aposta polo turismo ornitolóxico
    Pontevedra> A Deputación de Pontevedra lanza unha campaña de promoción do turismo ornitolóxico nas Rías Baixas e interior da provincia. Unha iniciativa que busca dar a coñecer espazos especializados cos que conta a nosa provincia e tamén sensibilizar á veciñanza sobre a necesidade de protexer este tipo de espazos. A presidenta da Deputación acompañada polo responsable en Galicia da Socidade Galega de Ornitoloxía, presentou esta mañá unha nova campaña de promoción do turismo ornitolóxico na provincia. Unha iniciativa que busca un dobre obxectivo. Unha campaña que se completa cun documental que se emitirá a finais deste ano en TVE, coas Rías Baixas e enclaves naturais do interior da provincia como protagonistas. Tales como o complexo intermareal Umia O Grove, o parque Nacional das Illas Atlánticas ou as marismas de Alba. Unha campaña moi importante que busca potenciar todo o que temos nas nosas terras. A presidenta da Deputación destacou a relevancia deste tipo de turismo que cada vez ten máis seguimento e supón unha alternativa de alta calidade, sostible e respectuosa co medio ambiente.
  • "¿Conversamos con un viño?" unha nova iniciativa coa que pasar un bo rato
    SANXENXO> "Conversamos un viño" así se chama unha nova experiencia gastronómica, ca que se pretende transmitir o bo da gastronomía galega a través dos cinco sentidos. Unhas experiencias gourmet deseñadas a medida para cada grupo de persoas que desexen un plan diferente nun entorno privilexiado. Pero se queren saber máis, non teñen máis que esperar a que llelo amosemos, porque nesta ocasión tocoulle a quenda as augas sanxenxinas...
HomeSalnés - CaldasVilanova e a Pobra do Caramiñal crean a primeira guía valleinclaniana Top of Page

Síguenos en facebook