• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Sanxenxo acolle unha Xornada sobre Lexislación Turística

Mar 30 Escrito por 
SANXENXO> Esta mañá celebrouse en Sanxenxo unha Xornada sobre Lexislación Turística, organizada polo Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo. Na mesma participaron o alcalde de Sanxenxo ou a Directora Xeral de Turismo de Galicia, entre outros. O salón de actos do Auditorio Emilia Pardo Bazán, en Sanxenxo, acolleu este xoves a Xornada sobre Lexislación Turística. Unha iniciativa moi produtiva para os profesionais do sector, que puideron actualizarse en canto a achegas autonómicas e diferentes regulamentos relacionados co sector. A xornada estivo dividida en dúas partes. a primeira estivo dedicada ao Turespazo e a segunda a lexislación turística. Ademais falouse tamén da nova incorporación dun sistema de valoración por puntos para os hoteis e pensións e a incorporación do termo "superior" en todas as categorías. Unha xornada na que os membros do sector da hostalería puideron asistir de balde, e poñerse ao día das novidades que nos vindeiros meses afectaran o mesmo.
Etiquetado como Sanxenxo    Turismo    Xunta de Galicia    consorcio   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Xoves, 30 Marzo 2017 19:45

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O Carlos I Silgar distinguido como de garantía en turismo deportivo
    SANXENXO> O hotel Carlos I de Silgar recibiu o distintivo Sporttoury de mans da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Unha distinción que o acredita como un establecemento con garantías en turismo deportivo.
  • Telmo Martín fai balance do verán en Sanxenxo
    SANXENXO> Despois de tres meses, e un verán que está a piques de rematar, Telmo Martín fai un balance positivo do verán na vila. O rexedor afirma que foron meses de pouco durmir e moito traballo para garantir un verán sen incidencias de ningún tipo.
  • Deputados provinciais solicitan a creación dunha Mesa Provincial de Turismo
    SANXENXO> Deputados provinciais do Partido Popular elixiron Sanxenxo para a anunciar aos medios a moción que presentaran de cara ao vindeiro pleno relacionada co turismo.
  • Arousa Norte acudirá á Feira de Turismo Internacional de Xapón
    BOIRO> Outras das citas incluídas na programación da mancomunidade será aGrand Pavois de La Rochelle. Así o acordaron esta mañá en pleno os representantes dos catro concellos que integran a Mancomunidade. Un dos asuntos abordados na sesión foi precisamente aprobar a programación da entidade para os vindeiros meses. Por segundo ano consecutivo arousa Norte volverá a estar presente na Feira de Turismo Internacional de Xapón, JATA 2017, que se desenvolverá do 21 ó 24 deste mes de setembro. Alí os técnicos de Arousa Norte que se despracen ó país nipón manterán intensas reunións de traballo con touroperadores e axentes especializados no ámbito turístico interesados na oferta de ocio, paisaxística e de natureza desta comarca. Ademais, durante este mes de setembro, a Mancomunidade tamén participará en La Rochelle na feira náutica Grand Pavois. Precisamente, neste encontro no que se dan cita navegantes e amantes da náutica de toda Europa, Arousa Norte informará sobre o seu roteiro náutico e tamén presentará un novo material con información especifica sobre as características e servizos dos cinco portos náuticos emprazados nos catro concellos que integran a Mancomunidade. Na sesión tamén se acordou iniciar os traballos para o desbroce e acondicionamento do novo sendeiro polo litoral de Arousa Norte que percorrerá a fachada atlántica dos catro concellos e fíxose unha valoración do número de visitantes que se achegaron ata a comarca nesta datas. Á espera dos datos definitivos que acheguen as oficinas de turismo dos catro concellos, todo parece indicar que as estatísticas foron satisfactorias e se rexistrou un notable incremento de consultas turísticas en Arousa Norte durante este verán. Tamén valoraron moi positivamente eventos coma os Vermús Musicais ou o Circuíto de Carreiras Populares 4 Carreiras e 1 Meta que serviron de elementos de atracción e de ocio para os visitantes que optaron por esta zona.
  • A Xunta aposta polo emprendemento no sector forestal
    PONTEVEDRA> A Xunta colabora coa Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo, Vilagarcía e a Zona Franca para impulsar o emprendemento no sector forestal. O conselleiros de Economía, Francisco Conde estivo, este venres, en Pontevedra, onde sinalou a importancia do sector forestal na comunidade. O sector forestal na nosa comunidade é un dos máis importantes. Conscientes de esta realidade dende a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo, Vilagarcía, Zona Franca e coa colaboración da Xunta, van a afondar na posta en valor do emprendemento no sector.
  • Aposta decidida pola náutica na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
    PONTEVEDRA> A aposta por potenciar Galicia como destino náutico é decidida. Esta mañá en Pontevedra presentouse o proxecto Ecodestin, que busca potenciar este sector na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. A iniciativa, financiada con fondos europeos, conta con dous millóns de orzamento, e levarase en principio a dezasete portos galegos. Potenciar Galicia como destino náutico único e educativo é o obxectivo do Proxecto Ecodestin. A iniciativa busca integrar o patrimonio na oferta náutica da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O plan conta cun investimento de máis de 2 millóns de euros, e desenvolverase dende o 2017 ao 2019. Combarro, Sanxenxo, Cabo da Cruz, Vilagarcía de Arousa ou Cambados son algúns dos portos galegos sobre os que actuará este plan, aos que se suman oito portugueses. A intención é atraer visitantes nacionais e, sobre todo, internacionais, facendo especial fincapé na promoción en Francia, Alemaña, Países Escandinavos e Norte América. Ofrecendo un produto completo e atractivo. Ademais deste proxecto, nas rías galegas xa funcionan os minicruceiros, os dez ferries previstos para o mes de setembro e as excursións en veleiro. Todo dando forma a unha oferta náutica que agarda estar a pleno rendemento o vindeiro ano.
HomeSalnés - CaldasSanxenxo acolle unha Xornada sobre Lexislación Turística Top of Page

Síguenos en facebook