09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Ribadumia investirá 130.000 euros nun aparcadoiro na Igrexa de Barrantes

Mar 31 Escrito por 
RIBADUMIA> Boas novas para os fregueses da Igrexa de San Andrés de Barrantes. O concello de Ribadumia ampliará o aparcadoiro do entorno do templo; unha intervención que será posible grazas ao convenio asinado co Arcebispado de Santiago. A actuación desenvolverase nunha parcela de case 1.300 metros e contará cunha achega de máis de 130.000 euros. A Igrexa de San Andrés de Barrantes contará con case 1.300 metros máis de aparcadoiro. Un convenio asinado entre o concello e o Arcebispado de Santiago permitirá ao goberno local actuar nunha parcela de titularidade eclesiástica para mellorar este servizo. A cesión é por un período de 20 anos e non terá ningún custo para as arcas municipais. O concello de Ribadumia asumirá os gastos das actuacións, que cifran en máis de 62.000 euros que se prevén con cargo a unha liña de axudas da Axencia Galega de Infraestruturas. Nos plans do concello entra tamén a conexión de sumidorios das vivendas desa zona coa rede xeral. Neste caso, o orzamento supera os 70.000 euros, que se inclúen no Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. A intención do executivo é que as obras estean rematadas cara finais deste ano.
Etiquetado como Salnés    Ribadumia    Barrantes    arcebispado de santiago   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O "Ana" leva polos aires un treito do paseo da Lanzada, en Sanxenxo
    SANXENXO > Quedou nun susto, pero puido ter graves consecuencias. Un treito duns 30 metros do paseo marítimo da Lanzada saíu voando polo aire. Foi ás 11 da noite e cuns refachos de vento que roldaban os 130 km por hora. Con esa intensidade, a estrutura de madeira acabou atravesando a estrada, dando un xiro polo aire de 180 graos. A esa hora da noite non circulaba ningún vehículo pola PO-308, o que evitou que a incidencia rematase con danos maiores. Esta senda peonil de madeira xa sufrira danos no temporal do pasado mes de febreiro. Daquela, o vento provocara unha situación semellante, o que implicou o reforzo de boa parte do paseo. Dase a circunstancia que sobre o tramo danado onte non se actuara, polo que dende o concello pídenlle á Xunta que se faga unha actuación global. A Xunta anunciou xa unha revisión de toda a estrutura para evitar que se repita un episodio como o desta noite. No resto do concello hai que lamentar caídas de árbores e valados de obra á vía pública. Outra das incidencias destacadas no municipio foi a caída de varias planchas dunha estrutura do campo de fútbol situado ó carón do colexio de Noalla. Con todo, o centro puido funcionar hoxe con total normalidade.
  • Preséntase a sexta edición do Móstrate Salnés, unha iniciativa a prol do empoderamento das mulleres
    RIBADUMIA > Nova edición do simposio MÓSTRATE SALNÉS, unha iniciativa que pretende trasladar ás mulleres que queiran lanzar un proxecto casos concretos doutras mulleres exitosas. A cita está programada para o vindeiro xoves en Ribadumia. O simposio achegará unha serie de experiencias exitosas de empoderamento feminino a aquelas mulleres que estean pendanso en emprender. A través de seis casos concretos, as persoas que participen poderán coñece-las claves para construí-lo seu proxecto cuns cimentos fortes, tentando salvar tamén os atrancos que poden ir aparecendo polo camiño. Segundo explican dende a mancomunidade do Salnés, organizadora do evento, o Simposio serve tamén para tecer lazos entre emprendedoras, creando sinerxías entre proxectos. E todo para que as mulleres atopen noutros casos un apoio que lles permita da-lo paso e aventurarse nunha nova andaina empresarial. Como simposios anteriores, nesta sexta edición terán un protagonismo especial as mulleres da zona. Desta volta serán dúas veciñas de Ribadumia as que conten a súa experiencia, unha coomo creadora de tocados e outra como obradora de botellas de viño, entendidas como pezas de arte. Elas estarán acompañadas doutra emprendedora de Vilagarcía. A xornada complétase coa visita dunha muller de Castelló que creou unha empresa de mandís vintage e tamén dunha xornalista tinerfeña, que afondará na súa actividade especilizada na comunicación gastronómica. Ademais, a xornada contará cunha experiencia internacional: unha manager musical da Arxentina, que explicará a súa faceta laboral por todo o planeta. A cita, o vindeiro xoves, a partir das cinco da tarde no Auditorio de Ribadumia.
  • Sobe lixeiramente o paro na provincia de Pontevedra
    VILAGARCÍA > Novembro pecha cunha suba xeralizada do paro. Na provincia de Pontevedra o número de demandantes de emprego incrementouse neste mes nalgo máis de 170 persoas. Ante estes datos, na rúa, a xente agarda que a campaña de Nadal permita recuperar lixeiramente o emprego, nunha campaña marcada pola temporalidade dos contratos. O mes de novembro pecha con datos negativos para o desemprego. Na provincia de Pontevedra o número de persoas que buscan traballo e non o atopan sitúase nos 74.475: son 174 persoas máis que un mes antes, ou o que é o mesmo: un 0,47% máis que no mes de outubro. Visto doutro xeito, os datos coñecidos hoxe son positivos, pero en relación co mes de novembro do ano 2016. Nesta comparativa interanual, o paro descendeu na provincia de Pontevedra algo mais dun 8%. Sexa como for, a ría de Arousa segue a estar entre as zonas máis prexudicadas. Dende o mes de setembro sumáronse ás listas do paro no Barbanza 567 persoas e no Salnés 1.792 parados en só tres meses. Na rúa, este lixeiro ascenso do desemprego con respecto ó mes de outubro non sorprende. A maioría dos enquisados tamén agoiran un incremento da contratación de cara ó Nadal, unha época de moito consumo, caracterizada tamén pola temporalidade dos contratos.
  • Somos asistirá á reunión de mañá e apela ao diálogo
    CAMBADOS> Somos Cambados si asistirá á reunión convocada para mañá para revisar o pacto de goberno. Tralo anuncio do edil de Cambados Pode de que non vai participar no encontro, a formación de Somos volveu facer un chamamento ao diálogo. Pediron lealdade ao acordo, e apostan pola continuidade do cuatripartito. Somos Cambados participará mañá na reunión que continuará a revisión do pacto de goberno. A formación volveu facer un chamamento ao diálogo. Se a situación non muda, quen non asistirá será o edil de Cambados Pode. Unha ausencia que non entenden dende Somos que, aseguran, non tomarán ningunha decisión á marxe dos compañeiros de goberno. Segundo José Ramón Abal, a falta de garantías para evitar un uso que considera partidista da portavocía do goberno, que exerce Xurxo Charlín, é un dos principais problemas do funcionamento do cuatripartito. Unha cuestión menor para Somos Cambados. Por iso dende Somos ven nesta nova crise intentos de desestabilizar o goberno cambadés. Cordal tamén fixo un chamamento aos seus socios para que continúen apostando polo goberno de cambio co que se comprometeron no 2015.
  • A familia de Yanin Búa prepara o seu segundo memorial solidario
    CALDAS> Caldas repite homenaxe solidaria a unha das súas veciñas. O concello vén de colaborar coa familia de Yanin Búa para poñer en marcha por segundo ano o seu memorial, que buscan converter nun recordo e nun acto para recadar fondos que permitan loitar contra a enfermidade. De feito, todo o recadado destinarase á Asociación Española Contra o Cancro de Pontevedra. A familia de Yanin Búa mantén a aposta de converter a súa memoria nunha loita contra a enfermidade. Este ano repetirán o memorial que celebraron o ano pasado por primeira vez, converténdoo nunha cita cunha ampla programación para atraer a todos os caldenses. A marcha solidaria pola ruta da Fábrica da Luz será unha das actividades estrela. A inscrición ten un custo de dous euros, e a día de hoxe xa hai máis de 100 persoas inscritas. A organización tamén vende camisetas por seis euros. Todo o recadado destinarase á Asociación Española contra o Cancro de Pontevedra. Na actualidade xa roldan as 400 camisetas vendidas. Agardan que a cita deste ano supere a excelente acollida que xa tivo o memorial do ano pasado, co obxectivo de que a loita da caldense Yanin Búa non caia no esquecemento e axude a outras moitas persoas neste camiño.
  • A reforma de Luis Rocafort, lista para o 22 de decembro
    SANXENXO> As polémicas obras da avenida Luis Rocafort, en Sanxenxo, enfilan o seu treito final. A Deputación agarda que os traballos de humanización poidan inaugurarse o 22 de decembro, trala instalación das árbores nas beirarrúas e o mobiliario urbano. O 22 de decembro é a data fixada pola Deputación de Pontevedra para a inauguración da avenida Luis Rocafort, en Sanxenxo. Telmo Martín amosábase satisfeito cos resultados da obra, que humanizan unha importante vía de acceso e saída á vila. Ao proxecto inicial, súmase agora o acondicionamento dunha parcela de 200 metros cadrados que xa é titularidade municipal. A actuación permitirá a continuidade da beirarrúas nese treito. Os operarios tamén traballan no remate da pavimentación da avenida e a colocación de árbores e mobiliario urbano, para finalizar unha obra de gran importancia para o goberno provincial. Durante a súa visita, Uxío Benítez e Telmo Martín afastáronse da polémica que rodeou hai uns meses estes traballos. O desencontro remataba coa rotura do tripartito que gobernaba o concello e que encabezaba Gonzalo Pita, que entregaría a alcaldía ao popular Telmo Martín.
HomeSalnés - CaldasRibadumia investirá 130.000 euros nun aparcadoiro na Igrexa de Barrantes Top of Page

Síguenos en facebook