09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Luminarias novas en Ribadumia que axudan a diminuír o consumo

Abr 03 Escrito por 
RIBADUMIA> Ribadumia conta cunha nova instalación de alumeado público no zona de A Torre e a rúa Mosqueiro. Un cambio que permite ao concello un aforro no consumo eléctrico superior ao 50 % de media entre as dúas zonas, e que foi posible a través da orde de compensación ambiental de Vicepresidencia da Xunta de Galicia en colaboración co concello do municipio.
Máis de 50 luminarias led como esta están repartidas entre a zona de A Torre e a rúa Mosqueiro en Ribadumia, ademais de un cadro de protección e 410 metros lineais de condutores de terra en reforzo dos xa existentes. Unha mellora que reportará un aforro no consumo eléctrico municipal. Os traballos tiveron un orzamento duns 40.000 euros, dos cales 32.000 procederon da orde de subvención para Infraestruturas de Uso Público da Consellería da Presidencia. O 20% restante foi asumido polo concello de Ribadumia. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís visitou a zona acompañado pola corporación municipal e a xefa territorial de Presidencia, Marta Mariño. Ademais tamén estivo presente a representante do PP na vila, Salomé Peña.
Etiquetado como Ribadumia    Xunta de Galicia    Melloras    investimentos   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Luns, 03 Abril 2017 18:45

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Preséntase a sexta edición do Móstrate Salnés, unha iniciativa a prol do empoderamento das mulleres
    RIBADUMIA > Nova edición do simposio MÓSTRATE SALNÉS, unha iniciativa que pretende trasladar ás mulleres que queiran lanzar un proxecto casos concretos doutras mulleres exitosas. A cita está programada para o vindeiro xoves en Ribadumia. O simposio achegará unha serie de experiencias exitosas de empoderamento feminino a aquelas mulleres que estean pendanso en emprender. A través de seis casos concretos, as persoas que participen poderán coñece-las claves para construí-lo seu proxecto cuns cimentos fortes, tentando salvar tamén os atrancos que poden ir aparecendo polo camiño. Segundo explican dende a mancomunidade do Salnés, organizadora do evento, o Simposio serve tamén para tecer lazos entre emprendedoras, creando sinerxías entre proxectos. E todo para que as mulleres atopen noutros casos un apoio que lles permita da-lo paso e aventurarse nunha nova andaina empresarial. Como simposios anteriores, nesta sexta edición terán un protagonismo especial as mulleres da zona. Desta volta serán dúas veciñas de Ribadumia as que conten a súa experiencia, unha coomo creadora de tocados e outra como obradora de botellas de viño, entendidas como pezas de arte. Elas estarán acompañadas doutra emprendedora de Vilagarcía. A xornada complétase coa visita dunha muller de Castelló que creou unha empresa de mandís vintage e tamén dunha xornalista tinerfeña, que afondará na súa actividade especilizada na comunicación gastronómica. Ademais, a xornada contará cunha experiencia internacional: unha manager musical da Arxentina, que explicará a súa faceta laboral por todo o planeta. A cita, o vindeiro xoves, a partir das cinco da tarde no Auditorio de Ribadumia.
  • O Intecmar celebra o seu 25 aniversario con xornadas de portas abertas
    VILAGARCÍA > O Intecmar conmemora o seu 25 aniversario. Para celebralo, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño abre as súas portas a todo aquel que o desexe, coa intención de dar a coñecer a súa labor, centrada no control da calidade do medio mariño. Hoxe celebrouse a primeira dunha serie de visitas guiadas. Era o ano 1992 cando a Xunta poñía en marcha en Vilaxoán o INTECMAR, un organismo centrado na protección e mellora da calidade do medio mariño e no fomento da produción de moluscos baixo os limiares de máxima calidade. Daquela chamábase Centro para o Control da Calidade do Medio Mariño e a súa capacidade de resposta era limitada. 25 anos despois, e convertido xa nunha referencia mundial no sector, o INTECMAR decidiu abri-las súas portas para dar a coñecer os seus múltiples campos de actuación. O Instituto organizou catro xornadas de portas abertas, de calquera tipo de perfil. Hoxe celebrouse a primeira desas citas, cunha conferencia impartida polos propios expertos do centro na que se deron a coñecer os diversos quefaceres do Instituto en materia de seguridade alimentaria, sanidade animal e contaminación. A xornada completouse cun percorrido polas instalacións, permitindo afondar nas súas funcións e na historia do centro. No mes de xaneiro desenvolveranse as outras tres xornadas guiadas, para as que xa non quedan prazas. Ante a boa acollida da iniciativa, dende o Intecmar valoran xa a posibilidade de lanzar novas datas para o mes de febreiro.
  • O Intecmar cumpre 25 anos coa vista posta no Laboratorio de Referencia para o Control de Bivalvos
    VILAGARCÍA> O Instituto Tecnolóxico para o control do Medio Mariño de Galicia celebrou esta mañá os seus 25 anos de historia. No acto institucional que acolleron as instalacións do peirao de Vilaxoán, as autoridades ensalzaron o papel deste centro, que traballa na súa candidatura para acoller o Laboratorio Comunitario de Referencia para o Control de Bivalvos. Así o defendeu, entre outros, o presidente da Xunta. Numerosas autoridades desfilaron polo Intecmar para celebrar o seu 25 cumpreanos. Neste tempo, o centro de Vilaxoán tense convertido nunha referencia a nivel europeo, como centro punteiro no control do medio mariño. Os asistentes recordaron os comezos do Intecmar, e o seu traballo a prol de garantir a calidade do produto que se obtén do mar galego. Foi un acto cargado de orgullo, que deixou tamén momentos para a emotividade. Trala súa exitosa traxectoria, o Intecmar ten agora un novo reto por diante: materializar a súa candidatura para acoller o Laboratorio Comunitario de Referencia para o Control de Bivalvos. Segundo o presidente da Xunta, o centro de Vilaxoán é idóneo para converterse nesta sé. Con este obxectivo sobre a mesa, Alberto Núñez Feijóo fixo fincapé na necesidade de que o Intecmar se manteña como un dos mellores centros destas características do mundo.
  • Peña responsabiliza á falta de xestión do tripartito do pago á Igrexa
    RIBADUMIA> O Partido Popular de Ribadumia responde á polémica aberta estes días en relación co tanatorio. A exalcaldesa Salomé Peña nega que o concello teña que indemnizar ao Arcebispado. Explica que os 50.000 euros a pagar responden ao incumprimento do convenio asinado no 2010 polo que o concello cedía á Igrexa unha parcela a cambio da ocupada polo tanatorio. Segundo Peña, o actual goberno non fixo ningunha xestión para renovar o convenio unha vez vencido o prazo, e evitar así o pagamento. Salomé Peña recoñece que o convenio asinado coa Igrexa no 2010 para conseguir os terreos para o tanatorio recollía dúas posibilidades: ben o concello cedía outra parcela de 2.000 metros cadrados ao Arcebispado na Carballeira de Barrantes, ben pagaban o prezo da parcela. A cesión non se materializou aínda polos retrasos na urbanización do terreo da Carballeira. Por iso, para o Partido Popular de Ribadumia, que o concello teña que aboar 50.000 euros ao Arcebispado polo terreo que ocupa o tanatorio é froito da mala xestión do executivo, por non buscar unha prórroga deste convenio que, ademais, asegura que coñecían, xa que foi aprobado en pleno. Ademais de defender a súa xestión no referente ao tanatorio, os populares tamén o fixeron co proxecto das Pousadas do Salnés. O edil Luis Serantes respondeu ás críticas da presidenta provincial, que cualificaba o plan de escandaloso e cheo de irregulariedades. Dende a formación reclamaron a concello de Ribadumia e Deputación que axilicen os trámites para a posta en funcionamento da Pousada do municipio, a única do proxecto que permanece pechada.
  • Silva e Lores piden máis exactitude na comarcalización que anuncian dende a Xunta
    Pontevedra> A Presidenta da Deputación e alcalde de Pontevedra falaron esta mañá, unha vez máis, sobre a comarcalización dos parque de bombeiros en Galicia. A presidenta volveu a repetir que non ía a falar de investimentos nesta materia ata que teña diante o proxecto que a Xunta quere levar a cabo. O alcalde, pola súa banda, dixo que están abertos a este proceso sempre e cando non vaia en detrimento do servizo que se presta na cidade nin supoña cartos para o concello.
  • Rueda pide colaboración das Deputacións e dos concellos para a comarcalización do parque de bombeiros
    Pontevedra> A comarcalización dos bombeiros de Pontevedra volve a estar sobre a mesa. Esta mañá mantiveron unha reunión en Santiago o vicepresidente da Xunta, representantes das catro deputacións e o presidente da FEGAMP. O obxectivo, que os parques das sete grandes cidades galegas cubran tamén emerxencias nos concellos da súa área de influencia.
HomeSalnés - CaldasLuminarias novas en Ribadumia que axudan a diminuír o consumo Top of Page

Síguenos en facebook