09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Poio estrea nova frota de vehículos grazas ó Plan Concellos da Deputación

Abr 06 Escrito por 
POIO> O deputado provincial David Regades visitou esta mañá a localidade pontevedresa de Poio para facer entrega ó alcalde de catro novos vehículos para o municipio. A cesión forma parte da inversión do Plan Concellos da entidade provincial nesta vila. Unha importante renovación para a flota municipal de Poio que sen dúbida era necesaria debido ó estado no que se atopaban xa os antigos coches do concello. Foi o que destacou o deputado provincial David Regades, esta mañá en Poio, durante a entrega de chaves ó alcalde que tivo lugar ás portas do concello. Esta dotación contou cunha inversión de preto de 630.000 euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Cinco vehículos que dotarán ós veciños de Poio de mellores servizos en distintos ámbitos. O deputado provincial quixo destacara que en total neste 2017 a entidade aportou ó municipio de Poio 1 millón oito mil euros enmarcados dentro deste Plan Concellos. David Regades aproveitou a visita para coñecer de primeira man o resultado das obras realizadas na Rúa San Xoan, que contou cun investimento de 81.000 euros que saíron deste mesmo plan provincial. Nesta rúa de Poio as obras, que veñen de rematar tras un período de dous meses, melloraron ademais da accesibilidade, o saneamento, as conexións domiciliarias, ou a reposición do firme da estrada.
Etiquetado como Salnés    Poio    Vehículos    Deputación Pontevedra    david regades    Obras    plan concellos    frota municipal   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Xoves, 06 Abril 2017 18:50

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O "Ana" leva polos aires un treito do paseo da Lanzada, en Sanxenxo
    SANXENXO > Quedou nun susto, pero puido ter graves consecuencias. Un treito duns 30 metros do paseo marítimo da Lanzada saíu voando polo aire. Foi ás 11 da noite e cuns refachos de vento que roldaban os 130 km por hora. Con esa intensidade, a estrutura de madeira acabou atravesando a estrada, dando un xiro polo aire de 180 graos. A esa hora da noite non circulaba ningún vehículo pola PO-308, o que evitou que a incidencia rematase con danos maiores. Esta senda peonil de madeira xa sufrira danos no temporal do pasado mes de febreiro. Daquela, o vento provocara unha situación semellante, o que implicou o reforzo de boa parte do paseo. Dase a circunstancia que sobre o tramo danado onte non se actuara, polo que dende o concello pídenlle á Xunta que se faga unha actuación global. A Xunta anunciou xa unha revisión de toda a estrutura para evitar que se repita un episodio como o desta noite. No resto do concello hai que lamentar caídas de árbores e valados de obra á vía pública. Outra das incidencias destacadas no municipio foi a caída de varias planchas dunha estrutura do campo de fútbol situado ó carón do colexio de Noalla. Con todo, o centro puido funcionar hoxe con total normalidade.
  • Preséntase a sexta edición do Móstrate Salnés, unha iniciativa a prol do empoderamento das mulleres
    RIBADUMIA > Nova edición do simposio MÓSTRATE SALNÉS, unha iniciativa que pretende trasladar ás mulleres que queiran lanzar un proxecto casos concretos doutras mulleres exitosas. A cita está programada para o vindeiro xoves en Ribadumia. O simposio achegará unha serie de experiencias exitosas de empoderamento feminino a aquelas mulleres que estean pendanso en emprender. A través de seis casos concretos, as persoas que participen poderán coñece-las claves para construí-lo seu proxecto cuns cimentos fortes, tentando salvar tamén os atrancos que poden ir aparecendo polo camiño. Segundo explican dende a mancomunidade do Salnés, organizadora do evento, o Simposio serve tamén para tecer lazos entre emprendedoras, creando sinerxías entre proxectos. E todo para que as mulleres atopen noutros casos un apoio que lles permita da-lo paso e aventurarse nunha nova andaina empresarial. Como simposios anteriores, nesta sexta edición terán un protagonismo especial as mulleres da zona. Desta volta serán dúas veciñas de Ribadumia as que conten a súa experiencia, unha coomo creadora de tocados e outra como obradora de botellas de viño, entendidas como pezas de arte. Elas estarán acompañadas doutra emprendedora de Vilagarcía. A xornada complétase coa visita dunha muller de Castelló que creou unha empresa de mandís vintage e tamén dunha xornalista tinerfeña, que afondará na súa actividade especilizada na comunicación gastronómica. Ademais, a xornada contará cunha experiencia internacional: unha manager musical da Arxentina, que explicará a súa faceta laboral por todo o planeta. A cita, o vindeiro xoves, a partir das cinco da tarde no Auditorio de Ribadumia.
  • O PP reclama unha estratexia de difusión turística para o Bosque de Colón, en Poio
    POIO > O PP de Poio denuncia a “falta de interese” do goberno local para dinamiza-lo coñecido como Bosque de Colón, un espazo natural que celebra o seu 25 aniversario. Os populares cren que o parque, cunha curiosa plantación de 500 secuoias, podería ser outro polo de atracción para o turismo da vila. Hai agora 25 anos nacía o Bosque de Colón, un pintoresco espazo natural con vistas á ría de Pontevedra que conmemoraba o 500 aniversario do descubrimento de América. Dende alí, precisamente chegaron a Poio as 500 secuoias vermellas californianas plantadas neste monte. Foi un agasallo do goberno dos Estados Unidos, aprobado polo Congreso e o Senado daquel país, para conmemorar a chegada de Colón ó continente americano. Un cuarto de século despois, o aniversario deste parque pasou desapercibido. Así o denuncia, polo menos, o PP da localidade. Os populares lamentan que os actos conmemorativos durante os últimos meses foron moi discretos. Cren que o goberno local debería ter impulsado algún tipo de iniciativa para dar a coñece-lo Bosque e incentiva-lo turismo non só de Poio, senón que tamén de todas as Rías Baixas. Reclaman tamén unha estratexia de difusión da zona, como un bo complemento para os grandes polos de atracción de visitantes, como Combarro ou Raxó. O 2017 en Poio está a ser o ano do bosque de Colón, despois de que o PP levase a pleno a moción ata en tres ocasións.
  • Recuperan a área de lecer de Outeiro, en Meaño
    MEAÑO > Remataron os traballos de recuperación da área de lecer de Outeiro, no concello de Meaño. Entre as melloras levadas a cabo, salienta a construción dun novo “campo da festa”, unha vella reivindicación dos veciños da zona. A área recreativa de Outeiro, na parroquia de Cobas, estrea nova imaxe. A zona foi obxecto de melloras, a través dun proxecto que buscaba humaniza-lo espazo, para dotalo dunha maior afluencia de veciños. Seica nos últimos anos o espazo foi perdendo interese, a pesar de que alí tamén se atopa a casa da cultura. Entre os traballos levados a cabo salienta a demolición da caseta da auga veciñal, a creación dunha plataforma de formigón, que acollerá a partir de agora os festexos da zona. Tamén se instalou un espazo de xogos infantís, o segundo destas características en toda a parroquia. O proxecto consumouse coa creación de zonas de xardín, sendeiros e a instalación de mobiliario. Dende a Xunta poñen en valor intervencións como esta porque –segundo indican- permiten mellora-la calidade de vida dos veciños de zonas rurais como esta. A intervención nesta área de lecer, de algo menos dunha hectárea, tivo un custo de 60.000 euros, dos que a Xunta achegou uns 40.000.
  • Sobe lixeiramente o paro na provincia de Pontevedra
    VILAGARCÍA > Novembro pecha cunha suba xeralizada do paro. Na provincia de Pontevedra o número de demandantes de emprego incrementouse neste mes nalgo máis de 170 persoas. Ante estes datos, na rúa, a xente agarda que a campaña de Nadal permita recuperar lixeiramente o emprego, nunha campaña marcada pola temporalidade dos contratos. O mes de novembro pecha con datos negativos para o desemprego. Na provincia de Pontevedra o número de persoas que buscan traballo e non o atopan sitúase nos 74.475: son 174 persoas máis que un mes antes, ou o que é o mesmo: un 0,47% máis que no mes de outubro. Visto doutro xeito, os datos coñecidos hoxe son positivos, pero en relación co mes de novembro do ano 2016. Nesta comparativa interanual, o paro descendeu na provincia de Pontevedra algo mais dun 8%. Sexa como for, a ría de Arousa segue a estar entre as zonas máis prexudicadas. Dende o mes de setembro sumáronse ás listas do paro no Barbanza 567 persoas e no Salnés 1.792 parados en só tres meses. Na rúa, este lixeiro ascenso do desemprego con respecto ó mes de outubro non sorprende. A maioría dos enquisados tamén agoiran un incremento da contratación de cara ó Nadal, unha época de moito consumo, caracterizada tamén pola temporalidade dos contratos.
  • Somos asistirá á reunión de mañá e apela ao diálogo
    CAMBADOS> Somos Cambados si asistirá á reunión convocada para mañá para revisar o pacto de goberno. Tralo anuncio do edil de Cambados Pode de que non vai participar no encontro, a formación de Somos volveu facer un chamamento ao diálogo. Pediron lealdade ao acordo, e apostan pola continuidade do cuatripartito. Somos Cambados participará mañá na reunión que continuará a revisión do pacto de goberno. A formación volveu facer un chamamento ao diálogo. Se a situación non muda, quen non asistirá será o edil de Cambados Pode. Unha ausencia que non entenden dende Somos que, aseguran, non tomarán ningunha decisión á marxe dos compañeiros de goberno. Segundo José Ramón Abal, a falta de garantías para evitar un uso que considera partidista da portavocía do goberno, que exerce Xurxo Charlín, é un dos principais problemas do funcionamento do cuatripartito. Unha cuestión menor para Somos Cambados. Por iso dende Somos ven nesta nova crise intentos de desestabilizar o goberno cambadés. Cordal tamén fixo un chamamento aos seus socios para que continúen apostando polo goberno de cambio co que se comprometeron no 2015.
HomeSalnés - CaldasPoio estrea nova frota de vehículos grazas ó Plan Concellos da Deputación Top of Page

Síguenos en facebook