• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Os Premios Martín Códax da Música "quentan motores" antes da gala de maio

Abr 07 Escrito por 
CAMBADOS> Este xoves a adega Martín Códax anunciou os 57 finalistas que neste 2017, e por primeira vez serán sometidos ao criterio dun xurado profesional, que se encargará de determinar os gañadores dos Premios Martín Códax da Música que se celebrarán o vindeiro 3 de maio en Pontevedra.
Uns 450 proxectos se presentaron este ano aos Premios Martín Códax da música pero tan só 57 pasaron a ser finalistas. Uns finalistas que se fixeron públicos este xoves na festa dos nomeados que se celebrou nas instalacións da adega cambadesa. Un xurado profesional, integrado por músicos e profesionais do sector, será o encargado de determinar o gañador en cada categoría. Grupos de Arousa como Dakidarria ou Agarophobia optan a estes galardóns Os "Premios Martín Códax da Música" inclúen os "Premios Organistrum" a os mellores festivais, salas e espazos de comunicación.
Etiquetado como Martín Códax    Premios    Música   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Rianxo rememora o seu pasado mariñeiro
    RIANXO> Foi durante a celebración do feirón, no que as principais rúas do casco antigo se encheron de postos de artesanía e gastronomía, e onde a música tamén tivo un especial protagonismo. Para os rianxeiros o xoves do feirón nas festas da Guadalupe representa un dos días máis emotivos. Neste día as rúas do casco antigo da vila viaxan ó pasado, a comezos do século XX, para recrear o que era a vida cotiá no pobo naquela época. Ataviados co peculiar traxe mariñeiro saen á rúa a disfrutar desta xornada para eles especial. Non faltan os postos de artesanía e gastronomía e tampouco a animación de rúa a cargo de diversos grupos tradicionais, e tamén improvisados gaiteiros. Os festexos continuarán mañá con diversas acividades, dirixidas na súa maioría ós nenos con infantilandia ou a festa da escuma. Será xa o último día das festas e con el un dos momentos máis agardados por todos como é a cantata da Rianxeira ás dúas da madrugada. A luz de miles de bengalas as Festas da Guadalupe despediranse ata o ano que vén.
  • A décima edición do 'Rock in Rian' vén cargada de novidades
    RIANXO> A organización do festival decidiu ampliar o número de actividades a todo o día, para aumentar a participación da xente da vila. Despois de dez anos, e xa cunha relativa maioría de idade para este tipo de eventos, o festival ‘Rock in Rian’ que se celebrará o próximo sábado no Parque de Galicia, a carón do auditorio municipal, presenta este ano importantes novidades. Sen dúbida a máis importante será ampliar o número de actividades ó longo de toda esa xornada, e non só pola noite, con diversas alternativas como poden ser roteiros culturais, un xantar popular, pasabares ou pasarrúas. Outra das novidades este ano é que o festival terá habilitado unha zona de acampada para todos aqueles festivaleiros que se acheguen ese día a vila. Festicultores, Daquidarría, Vendetta e Rebelióm do Inframundo serán os grupos principais que se subirán ese día ó escenario a partir das dez e media da noite. Dende a organización quixeron agradecer tamén a colaboración do Concello, así como tamén das empresas patrocinadoras, xa que sen a súa axuda sería inviable poder levalo a cabo. Así que xa o saben, o ‘Rock in Rian' pode ser unha boa alternativa de lecer para esta fin de semana.
  • 225 viños da D.O Rías Baixas preséntanse ás distincións Gallaecia
    Pontevedra> O Pazo de Mugartegui, en Pontevedra, acolleu esta mañá a cata para as Distincións Gallaecia. Un evento no que participaron 225 caldos da Denominación de Orixe Rías Baixas. O vicepresidente da Asociación de Sumilleres de Gallaecia destacou que os viños teñen moita calidade este ano e que sorprenden moito. O 2 de setembro coñeceremos os gañadores desta vixésima edición.
  • Entrebateas contará cun día máis de festival na súa segunda edición
    POBRA> Por segundo ano, a Pobra acollerá o festival Entre Bateas, promovido pola asociación cultural Xente ás Leiras. Desenvolverase a última fin de semana de agosto e contará cun día máis que na primeira edición.
  • Arousa Norte aposta por achegar a música de calidade a tódolos públicos
    RIANXO> Gran éxito dos vermús musicais Arousa Norte que cada domingo se desenvolven simultáneamente nos catro concellos da comarca. Trece grupos dos máis variados estilos achegan a súa música a todo tipo de públicos.
  • O Rockin' Vila chega a Vilanova o vindeiro 12 de agosto
    O festival de rock que se celebra en Vilanova de Arousa, chega este ano a súa cuarta edición. O Rocking Vila é como os bos viños, mellora cos anos e volta a vila de Valle Inclán os días 12 e 13 de agosto, para ofrecer o mellor rock en galego. A IV Edición do Rocking Vila volta a Vilanova de Arousa para encher a vila de rock do 12 ao 13 de agosto. Un evento que se celebrará de maneira simultánea coa festa gastronómica da vila de Valle Inclán, como xa se viña facendo nas súas primeiras edicións. The Locos, Medomedá ou Ruxe Ruxe son só algúns dos grupos que conforman o cartel de esta edición. Un evento que está copatrocinado polo concello de Vilanova e a Deputación de Pontevedra, e que sen dúbida ten un claro valor cultural ao promocionar a nosa lingua. Como unha das principais novidades, este ano haberá variacións en canto as localizacións. Así que xa saben, anoten na axenda que teñen unha cita en Vilanova os vindeiros 12 e 13 de agosto. As entradas teñen un custe de 10 euros, mercándoas de maneira anticipada e de 15 euros na billeteira do evento.
HomeSalnés - CaldasOs Premios Martín Códax da Música "quentan motores" antes da gala de maio Top of Page

Síguenos en facebook