• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Vilagarcía realiza unha demostración de compostaxe para tranquilizar ós veciños

Abr 07 Escrito por 
VILAGARCÍA> Esta mañá o concelleiro de Medio Ambiente de Vilagarcía e unha mestra composteira fixeron unha demostración sobre este sistema xestión do lixo nos colectores de Piñeiriño. Lino Mouriño aproveitou para lanzar unha mensaxe tranquilizadora ós veciños do barrio da Coca. Que tódolos veciños da Coca, en Vilagarcía, teñan claro que non se vai instalar o composteiro no seu barrio, se eles non queren. Foi a mensaxe que o concelleiro de Medio Ambiente quixo enviar esta mañá trala polémica xurdida arredor da implantación de colectores de compostaxe nesta zona. Lino Mouriño quixo fixo este anuncio esta mañá, durante a demostración de cómo funciona este tipo de sistema de xestión do lixo, precisamente, nos colectores doutra zona do concello, os do Piñeiriño. Para que tanto veciños como a prensa, fóramos testemuña de cómo é proceso, limpo e sen olores molestos, a demostración correo a cargo dunha profesional mestra composteira. Esta profesional da compostaxe asegura que moitas das crítícas que veñen por parte dos veciños chegan por falta de información. Ela asegura tamén á veciñanza que non deben preocuparse pola presenza deste tipo de colectores preto das súas vivendas. A mestra aconsella ós veciños que se informen e aproveiten esta oportunidade de xestionar os residuos dunha forma máis responsable.
Etiquetado como Salnés    Vilagarcía    compostaxe    pineirino    mestra composteira    coca    Polémica    demostracion    colectores   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Tonucci analiza o proxecto educativo do CEIP Viñagrande
    VILANOVA> Tras presentar a exposición en Pontevedra, o pedagogo italiano iniciou o seu periplo pola comarca de O Salnés. Francesco Tonucci visitou o colexio vilanovés Viñagrande de San Miguel de Deiro, un centro no que non ocultaron a súa admiración polo traballo deste experto. De feito xa aplican algunhas das súas ideas. O colexio Viñagrande de San Miguel de Deiro presumiu esta mañá de proxecto educativo. O centro estreou este ano novas propostas baseadas, en gran medida, nos postulados do pedagogo Francesco Tonucci. Hoxe, o italiano visitou a escola vilanovesa. Incorporar o exercicio físico nas primeiras horas lectivas, mesturar nenos de diferentes idades e crear contextos de aprendizaxe diferentes, son algunhas das propostas coas que traballan en Viñagrande. Para o pedagogo italiano, o profesorado do centro vilanovés vai polo bo camiño na aplicación destes novos xeitos de aprendizaxe. Cambios que deben dirixirse, sobre todo, aos alumnos máis débiles. A realización de programas de televisión ou de radio e a creación de revistas para facer público os traballos dos cativos, ou a aposta pola biblioteca como centro de expresión plásticas e doutras linguaxes, son algunhas das propostas de Tonucci que xa se aplican no día a día de Viñagrande.
  • Pita, descontento coa xestión da Deputación da reforma de Luis Rocafort
    SANXENXO> O concello de Sanxenxo, descontento coa xestión da Deputación de Pontevedra das obras da rúa Luis Rocafort. Esta mañá, o alcalde denunciaba que non recibira resposta á súa petición de facer 20 prazas de aparcadoiro en batería; unha solicitude que, ademais, trasladara a plataforma veciñal que se opoñía ao proxecto provincial. Gonzalo Pita insistiu en que el estará do lado dos veciños. Rompeuse a boa sintonía entre o concello de Sanxenxo e a Deputación de Pontevedra na reforma da avenida Luis Rocafort. Hai varias semanas, o alcalde trasladou ao organismo provincial a petición de facer 20 prazas de aparcadoiros en batería; solicitude que non tivo resposta. A proposta suporía a redución da beirarrúa de 6 a 4 metros no treito que transcorre entre o centro de saúde e o centro de Telefónica. Deste xeito, tamén se atendería á petición da plataforma veciñal que pedía máis aparcadoiros na zona, chegando ás 120 prazas. Tamén preocupa a dificultade que vehículos grandes, como autobuses, poden ter para entrar na rúa dende o paseo de Silgar. Por iso Pita pediu incorporar estes cambios, asegurou que o goberno local non vai consentir a paralización das obras, e recordou que as arcas municipais achegan o 30% do financiamento. Esta non é a única xestión da Deputación que non gusta ao goberno local. Tamén critican que case dous anos despois de facerse co executivo provincial, non haxa novas sobre o futuro da estrada de Dorrón. Por todo, o rexedor considera esgotada a vía diplomática. Pola súa banda, dende a Deputación de Pontevedra non quixeron facer declaracións.
  • Ravella corta a conexión aos servizos municipais do circo por carecer de licenza
    VILAGARCIA> O circo "Vienna Roller" parece que finalmente non ofrecerá o seu espectáculo tal e como tiña previsto para este xoves. O concello de Vilagarcía ordenou o corte da conexión aos servizos municipais por carecer de licenza municipal de actividade.
  • O PP desaproba 'con rotundidade' a retirada da estatua de Fraga
    CAMBADOS> Tres días despois da retirada da estatua de Manuel Fraga dos xardíns de Torrado, a decisión do goberno cambadés continúa a colear. Como era de agardar, a medida non gustou ao Partido Popular. Dende a formación defenderon a figura do expresidente da Xunta, destacando o seu apoio ao sector vitivinícola. Hai tres días que a estatua de Manuel Fraga non ocupa o lugar dos xardíns de Torrado no que fora instalada no 2012. Como era de agardar, a decisión do goberno de Cambados non gustou ao Partido Popular da vila. Para os populares, a intención dos viticultores non era destacar a faceta política de Manuel Fraga, senon o seu papel como defensor do sector vitivinícola da zona. Por iso, aseguran que botar man da Lei da Memoria Histórica para xustificar a retirada da escultura é un "sen sentido". Dende a formación aseguran que están a recoller o malestar de moitos veciños de Cambados e, segundo explicou Luis Aragunde, van estudar as posibles medidas a tomar.
  • Medio milleiro de sinaturas para mellorar o Parque da Coca
    VILAGARCÍA> Os veciños da Coca, en Vilagarcía, esixen melloras para o parque. A plataforma conseguiu recoller preto de 500 sinaturas contra o composteiro que o concello pretende instalar nesa zona. Unha oportunidade que aproveitaron para denunciar o abandono do entorno. Con case medio milleiro de sinaturas, os veciños do Parque da Coca oficializaron a súa oposición ao composteiro que o concello quere instalar na zona. Non gusta a ubicación, pero tampouco lles convence a xestión do concello. Critican que o goberno local non falou cos veciños para escoller a ubicación dos composteiros. As sinaturas xa están no concello dende o pasado venres, cando as presentaron por rexistro. Ademais, os veciños aproveitaron a oportunidade para reclamar máis melloras no Parque da Coca; un entorno rico pero que ven abandonado pola administración local. A limpeza de maleza nalgunhas das parcelas do entorno e a restauración dos muíños para uso público como valor etnográfico da Vilagarcía rural, son outras das peticións que recolleron os veciños no documento presentado no concello. Peticións que, a día de hoxe, seguen sen resposta.
  • O Consello Regulador da D.O. Rías Baixas prepara as eleccións
    PONTEVEDRA> O consello regulador da denominación de orixe rías Baixas inicia os preparativos para as eleccións dos novos vocais do seu pleno. Os comicios celebraranse o domingo 9 de xullo, trala convocatoria publicada pola Consellería do Medio Rural no Diario Oficial de Galicia. Os censos exporanse a partires do 3 de maio nas oficinas agrarias comarcais, concellos, sé do consello regulador e servizos centrais e xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural, para que os interesados poidan presentar alegacións ata o 12 de maio. Dende o 2 de xuño exporanse os censos definitivos. Do 22 de maio ao 2 de xuño poderán presentarse candidaturas. Finalizados estes prazos, o 29 iniciarase a campaña electoral, que se prolongará ata o 7 de xullo. Tralas votacións do día 9, o 11 a xunta electoral proclamará os vocais electos e, a partires do 17 de xullo, a consellería de medio rural terá que convocar aos novos vocais electos para tomar posesión da súa acta e escoller por maioría ás persoas que vaian ocupar os cargos de presidente e vicepresidente. Nas eleccións, as segundas que se organizan dende este Consello Regulador, estarán implicadas 183 adegas e 5.500 viticultores.
HomeSalnés - CaldasVilagarcía realiza unha demostración de compostaxe para tranquilizar ós veciños Top of Page

Síguenos en facebook