09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Ravella creará catro prazas de estacionamento máis para discapacitados

Abr 10 Escrito por 
VILAGARCIA> O concello de Vilagarcía conta cunha praza de estacionamento para discapacitados para cada tres usuarios deste tipo de aparcamentos. Unha situación que se acrecenta coa chegada de turistas a vila. Dende o consistorio afirman que se aumentarán unhas catro prazas máis, aínda que segundo o edil Juan Antonio Pérez Callón, o número de prazas correspondese co permitido segundo o número de habitantes.
A capital arousá conta con 130 estacionamentos como este que está a ver... trátase dunha praza de proporcións maiores do normal e situada nun lugar estratéxico da vila para facilitar as persoas con discapacidades a mobilidade pola vila. A pesar disto os cidadáns con diversidade funcional, con tarxeta homologada en Vilagarcía, son uns 360. O edil de Seguridade Cidadá de Vilagarcía, afirmaba a cámara desta casa, que o número de estas prazas se atopan dentro do establecido pola ley. A pesar de este apunte, Pérez Callón tamén recoñeceu que son prazas que están dispoñibles para todos aquelas persoas discapacitadas que se acheguen a vila, e recordou que o uso das mesmas non supón que un cidadán poida ocupala durante un período largo de tempo. Unha escaseza para que dende Ravella anuncian a creación na zona TIR dunhas novas 4 prazas deste tipo. Na rúa o incremento deste tipo de emprazamentos consegue a unanimidade das opinións. Aínda así hai de quen aproveita para expoñer unha demanda histórica dos cidadáns; máis prazas de aparcamento de carácter xeral. Dende o concello de Vilagarcía apelan a responsabilidade dos cidadáns e recordan que o uso de este tipo de estacionamentos destinadas a persoas con mobilidade reducida por outros condutores que non teñan a tarxeta homologada está tipificado e será sancionable.
Etiquetado como Concello de Vilagarcía    Mobilidade    cidadans   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Luns, 10 Abril 2017 18:21

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Ravella destina 420.000 euros á humanización da Praza da Independencia
    VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía xa ten o proxecto de reforma para a Praza da Independencia. Con esta actuación, o goberno local dá un paso máis no seu modelo urbano, marcado polas zonas peonís e a mellora da accesibilidade. A actuación financiarase no marco do proxecto Vilagarcía Avanza, que contará con fondos europeos. Está orzamento en 420.000 euros. Vilagarcía camiña cara un modelo de cidade máis accesible e humanizado. Coas obras de peonalización da Praza de Galicia a piques de ser adxudicadas, o concello presentou esta mañá a intervención na Praza da Independencia. Unha parte da actuación dirixirase a peonalizar dúas das tres rúas que rodean a praza. Nesta zona empregaranse dous tipos de formigón, material duradeiro e que precisa e pouco mantemento. A praza en si non experimentará grandes cambios. O máis importante será a eliminación do vaso da fonte, facéndoa máis accesible. A intención é reutilizar a peza noutra zona deste espazo. A substitución de todas as redes de abastecemento, saneamento e telecomunciación, e a creación de superficies de captación de auga para reducir posibles asolagamentos, son outros puntos da intervención, que conta cun orzamento de 420.000 euros financiados cos fondos europeos do Plan Vilagarcía Avanza.
  • Cambados inviste 135.000 euros en seguridade viaria
    CAMBADOS> Cambados destinaraá 135.000 euros do Plan Concellos a mellorar a seguridade viaria do concello, coa ampliación de camiños e a mellora da sinalización. Os datos ofreceunos esta mañá o edil de Obras, Xosé Ramón Abal, nun dos puntos conflitivos do concello no que veñen de actuar. Esta curva é unha zona crítica en canto ó numero de accidentes. Está en Corvillón, Cambados, e nos últimos meses producíronse aquí varios accidentes. Do máis grave, resultou ferido un motorista que aínda está pendente de saber se perde unha das súas pernas. Por iso, o concello de Cambados levou a cabo unha actuación urxente e provisional para mellorar a seguridade, cun investimento de 2.500 euros. É unha das actuacións que se levaron a cabo dentro dos orzamentos do plan concellos 2017 para mellorar a seguridade viaria. Dos máis de 500.000 euros do plan, uns 135.000 se dedicarán a este fin, mellorando a sinalización ou ampliando camiños. Como xa se está a facer noutros puntos do concello. Tamén se ampliarán as beirarrúas do entorno da igrexa parroquial de Cambados. En canto a esta actuación urxente do Corvillón hai que dicir que é provisional, e desde o concello farán xestións con Augas de Galicia para que a entidade poña unha solución definitiva para a seguridade desta zona.
  • A Xunta require nova documentación a Ravella para tramitar o PXOM
    VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía asegura que o PXOM avanza na súa tramitación. Dende Ravella negan que a Xunta rexeitara o borrador, e explican que o goberno autonómico unicamente solicitou nova documentación. Uns papeis que aínda non puideron remitirse, debido ás dificultades derivadas da situación que atravesa a empresa encargada de redactar o plan. O goberno de Vilagarcía nega que a Xunta rexeitara o borrador do PXOM. Si recoñecen que o executivo autonómico fixo un requirimento de nova documentación. Un trámite que, aseguran, é habitual. A edil de Urbanismo defende o traballo realizado polo actual executivo. Non así a xestión de Tomás Fole, á que responsabiliza da tardanza do plan. Agora, dende Ravella están en conversas coa empresa encargada da redacción do PXOM, que hai uns meses foi comprada por un grupo chinés. Unhas dificultades internas que se reflicten na tramitación do plan. O que si aseguran é que este retraso na entrega da documentación requirida non vai afectar á aprobación, ou non, do borrador proposto como PXOM de Vilagarcía. Segundo explicou Paola María, hai preto doutros 16 concellos galegos que están a padecer estes retrasos, provocados polas dificultades internas da empresa encargada da redacción.
  • A glorieta de Príncipe Felipe e Rolda Leste comezarán a inicios do 2018
    Pontevedra> O servizo de Mobilidade provincial aprobará na Xunta de Goberno de mañá 6 convenios e proxectos de mellora de estradas provincias de Pontevedra, Marín, Barro, O Grove e Tui. O orzamento total das actuacións supera os 5,6 millóns de euros en obras que poderán iniciarse a comezos do 2018.
  • Máis de 30 desempregados formaranse nos novos obradoiros de Vilagarcía
    VILAGARCÍA> Trinta e cinco desempregados de Vilagarcía arrincaron esta mañá a súa formación. Xunta e concello inauguraron dous dos novos obradoiros de emprego que lle foron concedidos á localidade. Os dous programas contan cun orzamento de 420 mil euros. Concello de Vilagarcía e Xunta de Galicia formarán a 35 desempregados do municipio para mellorar as súas posibilidades de atopar un posto de traballo. Esta mañá arrincaron os novos obradoiros de emprego. O primeiro dos obradoiros favorecerá a 20 desempregados, que se formarán en Fontanería e Carpintería. Durará 9 meses, e contará cun investimento de case 280.000 euros. Durante a súa formación, os alumnos traballarán en diferentes puntos de Vilagarcía, para revalorizar espazos públicos. Operacións auxiliares de actividades e funcionamento de instalacións deportivas, e socorrismo en espazos acuáticos, serán as materias nas que se van a formar 15 alumnos menores de 30 anos no marco do obradoiro Labora Xove 2017. Neste caso, conta cun investimento de 140.000 euros.
  • Chegan a Vilagarcía os "Concertos 2017/2018"
    VILAGARCÍA> Chegan os "Concertos 2017/2018" a Vilagarcía. Esta iniciativa organizada pola Sociedade Filarmónica de Vilagarcía, xurdiu o ano pasado con unha moi boa acollida. Os 7 eventos musicais programados celebraranse dende este mesmo mes de outubro ata o mes de xuño.
HomeSalnés - CaldasRavella creará catro prazas de estacionamento máis para discapacitados Top of Page

Síguenos en facebook