• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

En Marea levará ao Parlamento as deficiencias de seguridade na PO 308

Abr 11 Escrito por 
SANXENXO> A deputada de En Marea no Congreso, Ángela Rodríguez, e o deputado no Parlamento, Marcos Cal, mantiveron este martes unha xuntanza coa Plataforma PO 308 para tratar os diferentes problemas de seguridade que ten esta vía, que vai dende Pontevedra ata o Grove.
A falta de seguridade na PO 308 marcou de por vida a de Azucena Rodas. Esta moza, veciña de Raxó, libra a súa batalla particular dende que no 2014 un vehículo atropelase a súa nai causando a súa morte. Esta poiense teno claro, necesítase máis seguridade nesta vía. Unha demanda que chega despois do dramático atropelo de dous ciclistas este domingo, no que un deles faleceu. Estas circunstancias motivaron o encontro que este martes tivo lugar en Sanxenxo, e no que participou a deputada no Congreso por En Marea, Ángela Rodríguez, quen afirmou que se necesita unha vía opcional a PO 308. Ademais tamén estivo presente o deputado autonómico Marcos Cal e representantes da asociación Pedaladas de Pontevedra, dende onde tamén se solicitan melloras nesta autoestrada, relacionadas coa seguridade. Unha xuntanza na que ademais se tratou a posibilidade de que a problemática de esta autoestrada sexa levada ao Parlamento Galego.
Etiquetado como en marea    Sanxenxo    Seguridade viaria    Parlamento Galego   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Ethel Vázquez visitou o primeiro treito da senda peonil que unirá a Lanzada con Portonovo
    A Xunta pon en servizo o primeiro treito da senda peonil e ciclista que unirá A Lanzada con Portonovo, e que conta cun orzamento total de 6 millóns e medio de euros. Esta mañá a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, supervisou acompañada do delegado territorial e do alcalde de Sanxenxo, o resultado das obras. Son preto de 3 quilómetros de senda especialmente habilitada para peóns e cilcistas, cun tramo de 1,3 quilómetros que discorrerá sobre unha tarima de madeira. Unhas obras que esta mañá visitou a conselleira de INfrastructuras, Ethel Vázquez ,acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín. A primeira fase destes demandados traballos mellorará a seguridade viaria na estrada PO-308, desde a Lanzada ata Soutullo, en Noalla, que vén de ser rematada. Esta primeira fase, que foi executada nun prazo de 15 meses tivo contou cun investimento de 3,3 millóns de euros. A Xunta xa ten avanzados os trámites do segundo traxecto, que irá desde Soutullo ata o outro extremo da recta de Major, que estará listo para o verán do 2018. Uns traballos que tanto como desde o concello, como desde a Plataforma veciñal PO-308 destacaron como fundamentais para esta zona de Sanxenxo. Habería un terceiro traxecto máis, o que vai desde Major ata Portonovo, unha actuación na que están ultimando o proxecto construtivo. Este ano acometerán a contratación das obras posto que xa se conta co presuposto necesario para este terceiro tramo. En total, A Xunta investirá máis de 6 millóns de euros entre os 3 tramos desta senda peonil Portonovo-A Lanzada, que vén a mellorar a seguridade viaria e contribuír ó desenvolvemento turístico.
  • Sanxenxo inaugura Redecinema coa proxección de "Maimiño"
    SANXENXO> A Secretaría Xeral de Política Lingüística e o concello de Sanxenxo, adherido á rede de Dinaminación lingüística, presentaron esta mañá na localidade do Salnés, unha nova edición do programa de cinema de verán Redecinema, que busca promover a creatividade e os produtos culturais na nosa lingua. Aumentar a oferta de produtos de cultura e de ocio en galego, e impulsar a creatividade con base na nosa lingua. Son os obxectivos que persegue Redecinema, o programa que organiza a Consellería de Cultura, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e que esta mañá se presentou en Sanxenxo, un dos concello membros da Rede de Dinamización Lingüística . Maimiño será a película que inaugurará Redecinema, será este sábado día 22 ás dez e media da noite na Praza dos Barcos de Sanxenxo. Pero esta película, ademais doutras dúas galegas, a praia dos afogados, e 9 ondas, seguirán de ruta todo o verán, tal e como destacou o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García. García subliñou tamén a importancia de poñer en valor o sector audiovisual galego con este programa. Redecinema leva percorrendo a través de diferentes filmes os concellos da Rede de Dinamización Lingüística. Un total de 16 localidades acollerán este ano as proxeccións das tres películas en formato de cinema de verán. Entre elas outros concellos das Rías Baixas, como Boiro, Noia ou Marín.
  • Os Cruceiros Costeiros de Galicia amplían a súa oferta
    SANXENXO> Este mércores presentáronse en Sanxenxo as novas ofertas dos "Minicruceiros costeiros polas Rías de Galicia" para esta campaña 2017-2018. Un acto ao que asistiron numerosas personalidades políticas e empresariais.
  • En Marea denuncia as deficiencias do Centro de Saúde de Baltar
    SANXENXO> Os deputados de En Marea Eva Solla e Marcos Cal, visitaron esta mañá o Centro de Sáude de Baltar, en Portonovo, para coñecer de primeira man a deficiencias que os veciños de Sanxenxo están a denunciar desde hai tempo. Solla comprometeuse a levar ó parlamento galego tanto a falta de persoal do centro como a necesidade dunha ambulancia medicalizada durante todo o ano. Os deputados de En Marea, Eva Solla e Marcos Cal, visitaron esta mañá o centro de saúde de Baltar, na localidade sanxenxina de Portonovo, para coñecer de primeira man unha problemática que lle teñen transmitido tanto asociacións veciñais como desde as ANPAS dos colexios da zona: as carencias deste centro sanitario. O pasado un de xuño incorporábase ó centro un pediatra, que se unía ó outro que había, para cubrir unha baixa que estivo vacante durante meses. Estes dous pediatras están no turno de mañá, pero os veciños de Sanxenxo consideran que é necesario un pediatra para o turno de tarde, sobre todo nestas datas nas que a poboación multiplícase no concello. Con respecto á ambulancia medicalizada, hai dúas semanas se inaugurou este servizo para a área do Salnés, que leva dous anos cubrindo a época estival. Desde En Marea solicitaron a presenza desta ambulancia na zona durante todo o ano. Aínda que agora remata o periodo de sesións no parlamento galego, Solla asegurou que na comisión desta semana levarán este tema, e desde En Marea reclamarán tanto a ambulancia como a escaseza de persoal. Os veciños criticaron tamén que o aparallo de raios X do centro de saúde estivo avariado , e os pacientes tiveron que ser derivados ó hospital de Pontevedra.
  • Carmela Silva sinte vergoña polo non do PPdeG a Lei de Identidade de Xénero
    Pontevedra> A presidenta da Deputación de Pontevedra, considera unha vergoña que o PPdeG non aprobe a lei de identidade de xénero que mañá se debaterá no Parlamento galego. Unhas declaracións que realizou esta mañá na presentación do documental Sorrisos transformadores sobre as persoas transexuais.
  • Ciudadanos demanda medidas de seguridade na estrada de Abanqueiro ó Saltiño
    BOIRO> Ciudadanos Boiro denuncia o mal estado do vial que comunica os núcleos de Berres e O Saltiño. O seu voceiro, Javier Chouza, solicita que se dote de beirarrúas a esta estrada, cada vez máis transitada.
HomeSalnés - CaldasEn Marea levará ao Parlamento as deficiencias de seguridade na PO 308 Top of Page

Síguenos en facebook