• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A confraría de Carril non aboará aos Parquistas o 2% de ventas en lonxa

Abr 12 Escrito por 
VILAGARCIA> A confraría de Carril non aboará aos Parquistas o 2% de ventas en lonxa ata que se constitúan os órganos de goberno. Unha decisión que foi comunicada ao colectivo e que parece ser que non foi moi ben asumida polo presidente da mesma, e ex patrón maior de Carril, José Luis Villanueva.
Os Parquistas de Carril non percibirán o 2% de vendas en lonxa dos seus asociados, a lo menos polo de agora. Unha situación que tal e como sinalan diferentes medios locais non foi moi ben asumida polo presidente da agrupación, José Luis Villanueva. A presidenta da xestora que está aos mandos da Confraría de Carril, María Jesús González afirmou a cámara de esta casa que non se trata de unha retirada, senón dun embargo ata que se aclaren certos aspectos do convenio asinado que non están claros. Villanueva recoñece noutros medios locais que esta medida responde a un "intento de poñerlle a zancadilla" e recorda que tódalas agrupacións que conviven na confraría perciben ese 2% das vendas dos seus socios en lonxa. González recorda que o perciben todas aquelas que están englobadas no "seo da confraría non das que están fora". Cabe sinalar que ao fin da edición de esta información resultou imposible contactar co ex patrón de Carril e actual presidente da Agrupación de Parquistas para coñecer a súa opinión sobre o tema. Pola súa parte María Jesús González asegura, en canto as declaracións de Villanueva de levar o tema os tribunais, que espera tranquila esa denuncia, xa que de ese xeito destaparíanse de xeito público moitos temas que teñen que ver coa xestión da confraría carrilexa.
Etiquetado como conflicto    Confraria de Carril    Parquistas de Carril    vendas    lonxa Carril   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Gonzalo Pita non está de acordo con que a Xunta de Compensación de Nantes pida unha indemnización
    SANXENXO> O polígono de Nantes continúa a dar que falar. A semana pasada era o Consellor Rector o que expresaba a súa intención de pedir unha indemnización, este xoves, Gonzalo Pita e o seu executivo comparecían para admitir que o polígono ten posibilidades de desenrolo polo que non cabe a posibilidade de pedir unha indemnización.
  • A confraría de Carril envía á Consellería do Mar as trece dimisións
    VILAGARCÍA> O patrón maior de Carril anunciaba que hoxe enviarían á Consellería do Mar as trece dimisións dos membros da Xunta Xeral do pósito. O goberno autonómico terá un prazo de quince días para nomear unha xestora que prepare as eleccións. Na súa comparecencia, José Luis Villanueva advertía da parálise na que quedará a confraría, poñendo en perigo importantes proxectos. A crise na confraría de Carril desatábase a semana pasada. Seis directivas de marisqueo a pé foron as primeiras que presentaron a súa dimisión. Alegaron falta de entendemento co patrón. O principal motivo de disputa foi, segundo José Luis Villanueva, a negativa a investir na creación dun camiño á Fangueira. A pesares dos intentos, Villanueva non foi quen de facelas recapacitar. Pronto a estas dimisións sumáronse outras sete de membros da Xunta Xeral. Todas elas ían trasladarse xa á Consellería do Mar, que conta cun prazo de quince días para nomear unha xestora. Segundo Villanueva, esta situación vai provocar unha importante parálise nos proxectos da confraría. Así as cousas, xa pensa en volver presentarse nos vindeiros comicios para retomar o traballo. A compra de semente, un proxecto de vixilancia para a confraría ou estreitar a colaboración coa Agrupación de Parquistas son algúns dos proxectos que, segundo Villanueva, quedarán paralizados á espera de definir o futuro do pósito.
  • Arranca a campaña comercial de Nadal de Noia Histórica
    NOIA> Na campaña, baixo o lema 'A maxia do Nadal’, tomarán parte uns 71 comercios e establecementos de hostalería da localidade.
  • A Policía Local endurecerá as súas medidas reivindicativas
    Pontevedra> A Policía Local de Pontevedra volveuse a manifestarse nesta xornada reivindicando, unha vez máis, o inicio das negociacións para a súa equiparación salarial. O acto desta mañá consistiu na doazón de sangue na unidade móbil da Axencia Galega e alí advertiron que se non chegan pronto a un acordo endureceran as súas medidas. 
  • O comité de empresa de Elnosa amosa tranquilidade
    Pontevedra> O comité de empresa de Elnosa quixo amosar esta mañá a súa tranqulidade ante a compra do grupo CUF, propietario da fábrica de Lourizán, doutra empresa do mesmo tipo en Torrelavega. Dende Elnosa teñen claro que continuarán facendo o seu traballo, como mínimo, ata que finalice a prórroga de Costas ata o 11 de decembro do 2017. 
  • Mobilización da policía local no pleno
    Pontevedra> Dende a Policía Local manifestáronse esta mañá ás portas do pleno e no interior do mesmo co fin de solicitar, unha vez máis, que se cumplan as suas demandas. O concelleiro de pesoal falou esta mañá cun dos voceiros sindicais e díxolle que o luns abrirán unha mesa de negociación, un feito que dende os sindicatos non agardan nada. 
HomeSalnés - CaldasA confraría de Carril non aboará aos Parquistas o 2% de ventas en lonxa Top of Page

Síguenos en facebook