• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Vilanova continúa apostando pola formación en tecnoloxía dron

Abr 12 Escrito por 
VILANOVA> O Pazo Vista Real de Vilanova acollera os cursos Oficias de Piloto de Drones que hoxe se presentaron no concello do municipio. Estes títulos buscan formar profesionais nun sector que cada vez demanda máis especialización. O alcalde, Gonzalo Durán, comezou a presentación desta mañá asegurando que falar de drones en Vilanova, non é ningunha novidade. E é que este é xa o terceiro curso oficial de Pilotos de Drones que se celebra no concello. OS cursos, que se impartirán no Pazo de Vista Real de Vilanova, están organizados polo centro Tecnolóxico Aeromedia. O seu delegado en Pontevedra explicou que haberá dúas modalidades, presencial e online, cun mínimo de 10 prazas .E o custe vai desde os 600 euros cunha duración de 50 horas, para obter o título oficial. O diretor de formación de Aeromedia explicou que o curso é eminentemente práctico. Durante a presentación deixaron claro que o financiamento do curso pode facerse de forma fraccionada. Os interesados en introducirse nesta profesión de presente e futuro, poden facelo xa na páxina web formaciondrones.com ou no concello de Vilanova.
Etiquetado como Salnés    Vilanova    drones    Curso    piloto de drones   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Mércores, 12 Abril 2017 19:42

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Tonucci analiza o proxecto educativo do CEIP Viñagrande
    VILANOVA> Tras presentar a exposición en Pontevedra, o pedagogo italiano iniciou o seu periplo pola comarca de O Salnés. Francesco Tonucci visitou o colexio vilanovés Viñagrande de San Miguel de Deiro, un centro no que non ocultaron a súa admiración polo traballo deste experto. De feito xa aplican algunhas das súas ideas. O colexio Viñagrande de San Miguel de Deiro presumiu esta mañá de proxecto educativo. O centro estreou este ano novas propostas baseadas, en gran medida, nos postulados do pedagogo Francesco Tonucci. Hoxe, o italiano visitou a escola vilanovesa. Incorporar o exercicio físico nas primeiras horas lectivas, mesturar nenos de diferentes idades e crear contextos de aprendizaxe diferentes, son algunhas das propostas coas que traballan en Viñagrande. Para o pedagogo italiano, o profesorado do centro vilanovés vai polo bo camiño na aplicación destes novos xeitos de aprendizaxe. Cambios que deben dirixirse, sobre todo, aos alumnos máis débiles. A realización de programas de televisión ou de radio e a creación de revistas para facer público os traballos dos cativos, ou a aposta pola biblioteca como centro de expresión plásticas e doutras linguaxes, son algunhas das propostas de Tonucci que xa se aplican no día a día de Viñagrande.
  • Pita, descontento coa xestión da Deputación da reforma de Luis Rocafort
    SANXENXO> O concello de Sanxenxo, descontento coa xestión da Deputación de Pontevedra das obras da rúa Luis Rocafort. Esta mañá, o alcalde denunciaba que non recibira resposta á súa petición de facer 20 prazas de aparcadoiro en batería; unha solicitude que, ademais, trasladara a plataforma veciñal que se opoñía ao proxecto provincial. Gonzalo Pita insistiu en que el estará do lado dos veciños. Rompeuse a boa sintonía entre o concello de Sanxenxo e a Deputación de Pontevedra na reforma da avenida Luis Rocafort. Hai varias semanas, o alcalde trasladou ao organismo provincial a petición de facer 20 prazas de aparcadoiros en batería; solicitude que non tivo resposta. A proposta suporía a redución da beirarrúa de 6 a 4 metros no treito que transcorre entre o centro de saúde e o centro de Telefónica. Deste xeito, tamén se atendería á petición da plataforma veciñal que pedía máis aparcadoiros na zona, chegando ás 120 prazas. Tamén preocupa a dificultade que vehículos grandes, como autobuses, poden ter para entrar na rúa dende o paseo de Silgar. Por iso Pita pediu incorporar estes cambios, asegurou que o goberno local non vai consentir a paralización das obras, e recordou que as arcas municipais achegan o 30% do financiamento. Esta non é a única xestión da Deputación que non gusta ao goberno local. Tamén critican que case dous anos despois de facerse co executivo provincial, non haxa novas sobre o futuro da estrada de Dorrón. Por todo, o rexedor considera esgotada a vía diplomática. Pola súa banda, dende a Deputación de Pontevedra non quixeron facer declaracións.
  • O PP desaproba 'con rotundidade' a retirada da estatua de Fraga
    CAMBADOS> Tres días despois da retirada da estatua de Manuel Fraga dos xardíns de Torrado, a decisión do goberno cambadés continúa a colear. Como era de agardar, a medida non gustou ao Partido Popular. Dende a formación defenderon a figura do expresidente da Xunta, destacando o seu apoio ao sector vitivinícola. Hai tres días que a estatua de Manuel Fraga non ocupa o lugar dos xardíns de Torrado no que fora instalada no 2012. Como era de agardar, a decisión do goberno de Cambados non gustou ao Partido Popular da vila. Para os populares, a intención dos viticultores non era destacar a faceta política de Manuel Fraga, senon o seu papel como defensor do sector vitivinícola da zona. Por iso, aseguran que botar man da Lei da Memoria Histórica para xustificar a retirada da escultura é un "sen sentido". Dende a formación aseguran que están a recoller o malestar de moitos veciños de Cambados e, segundo explicou Luis Aragunde, van estudar as posibles medidas a tomar.
  • Medio milleiro de sinaturas para mellorar o Parque da Coca
    VILAGARCÍA> Os veciños da Coca, en Vilagarcía, esixen melloras para o parque. A plataforma conseguiu recoller preto de 500 sinaturas contra o composteiro que o concello pretende instalar nesa zona. Unha oportunidade que aproveitaron para denunciar o abandono do entorno. Con case medio milleiro de sinaturas, os veciños do Parque da Coca oficializaron a súa oposición ao composteiro que o concello quere instalar na zona. Non gusta a ubicación, pero tampouco lles convence a xestión do concello. Critican que o goberno local non falou cos veciños para escoller a ubicación dos composteiros. As sinaturas xa están no concello dende o pasado venres, cando as presentaron por rexistro. Ademais, os veciños aproveitaron a oportunidade para reclamar máis melloras no Parque da Coca; un entorno rico pero que ven abandonado pola administración local. A limpeza de maleza nalgunhas das parcelas do entorno e a restauración dos muíños para uso público como valor etnográfico da Vilagarcía rural, son outras das peticións que recolleron os veciños no documento presentado no concello. Peticións que, a día de hoxe, seguen sen resposta.
  • O Consello Regulador da D.O. Rías Baixas prepara as eleccións
    PONTEVEDRA> O consello regulador da denominación de orixe rías Baixas inicia os preparativos para as eleccións dos novos vocais do seu pleno. Os comicios celebraranse o domingo 9 de xullo, trala convocatoria publicada pola Consellería do Medio Rural no Diario Oficial de Galicia. Os censos exporanse a partires do 3 de maio nas oficinas agrarias comarcais, concellos, sé do consello regulador e servizos centrais e xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural, para que os interesados poidan presentar alegacións ata o 12 de maio. Dende o 2 de xuño exporanse os censos definitivos. Do 22 de maio ao 2 de xuño poderán presentarse candidaturas. Finalizados estes prazos, o 29 iniciarase a campaña electoral, que se prolongará ata o 7 de xullo. Tralas votacións do día 9, o 11 a xunta electoral proclamará os vocais electos e, a partires do 17 de xullo, a consellería de medio rural terá que convocar aos novos vocais electos para tomar posesión da súa acta e escoller por maioría ás persoas que vaian ocupar os cargos de presidente e vicepresidente. Nas eleccións, as segundas que se organizan dende este Consello Regulador, estarán implicadas 183 adegas e 5.500 viticultores.
  • Unha andaina solidaria para unir Vilanova co Sáhara
    VILANOVA> A asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui traballa a contrarreloxo para conseguir os fondos que lles permitan sufragar os billetes de avión para manter o seu programa "Vacacións en Paz". Con este obxectivo, o domingo preparan unha andaina solidaria que percorrerá diferentes puntos de Vilanova. Os veciños de O Salnés teñen este domingo unha cita coa solidaridade. A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui está a organizar unha andaina para recadar os fondos que lles permitan manter en marcha o seu programa "Vacacións en Paz". A saída será ás 10 da mañá da praza do concello, cun trazado de 13 quilómetros apto para todos os públicos. O ano pasado, conseguiron convocar ao redor de 300 persoas; cifra que agardan mellorar nesta edición. O custo da inscrición é de 5 euros e poderá formalizarse por adiantado ou o mesmo día da andaina. Os cartos destinaranse ao pago dos billetes de avión que hai que aboar antes do 30 deste mes. A parte da andaina, Sogaps prepara un festival que se celebrará no Pavillón de Vilanova o propio día 30.
HomeSalnés - CaldasVilanova continúa apostando pola formación en tecnoloxía dron Top of Page

Síguenos en facebook