• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O Museo da Conserva da Illa estrea caldeira de biomasa

Abr 17 Escrito por 
ILLA> O Museo da Conserva na Illa conta cunha nova caldeira de biomasa. Unha instalación que contamina menos e permite un maior aforro no consumo. O alcalde da vila, Carlos Iglesias recibiu o delegado da Xunta en Pontevedra para amosarlle esta nova equipamento que foi financiada entre a administración local e a autonómica.
O Museo da Conserva na Illa de Arousa ten unha caldeira de biomasa. Unha nova instalación que permitirá aforrar en consumo e contaminar menos, así o sinalaba este luns o alcalde la Illa, Carlos Iglesias. Esta intervención foi posible grazas a unha achega solicitada polo consistorio ao Instituto Enerxético de Galicia superior aos 21.000 euros, a través dunha liña de axudas para equipamentos térmicos de biomasa. Unha liña de axudas que aínda está aberta, tal e como explicou o delegado da Xunta en Pontevedra na Illa. O alcalde da vila amosou a Cores Touris o novo equipamento no transcurso dunha visita na que tamén estivo presente o xefe territorial de Economía, Emprego e Industria na provincia, Ignacio Rial. Sinalar que no 2016 concellos do Salnés como Cambados ou Meis tamén fixeron uso desta achega autonómica.
Etiquetado como Illa de Arousa    Xunta de Galicia    achega    Medio Ambiente    Aforro enerxético   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Satisfacción no executivo rianxeiro tralo anuncio da Xunta de acometer a ampliación da EDAR
    RIANXO> A actuación ascenderá a máis de catorce millóns de euros, xa que ás obras de mellora na depuradora haberá que engadirlle a construción dun novo tanque de tormentas. Tratábase dunha vella demanda, incluída xa no Plan de Saneamento da Ría que debería estar xa rematada no 2015. Aínda así o executivo rianxeiro mostrou a súa satisfacción porque a obra sexa en breve unha realidade. Dende o goberno local confíase en que a actuación veña a solucionar os problemas existentes na actual EDAR, xa que as instalacións son a todas luces insuficientes para poder asumir o tratamento procedente da rede de saneamento. Dende o Concello agardan a que a obra se acometa coa máxima brevidade posible. O orzamento da actuación ascende a máis de catorce millóns de euros. Trala ampliación a nova EDAR terá unha capacidade para unha poboación dun 23 mil habitantes, o dobre da poboación actual.
  • Mosquera amosa o compromiso da Deputación co Príncipe Felipe
    Pontevedra> A Deputación de Pontevedra quixo amosar esta mañá o seu compromiso con Príncipe Felipe e a súa vontade de erradicar a violencia neste centro. Mosquera dixo esta mañá que ten claro que eses 5-6 mozos conflitivos non seguirán o vindeiro curso neste centro.
  • Catas de Galicia repartiu os seus Acios en Cambados
    CAMBADOS> As Catas de Galicia de Viños, Augardentes e Licores Tradicionais celebraron onte o acto no que se recoñeceron o mellor caldo branco e tinto do ano. No acto, que se celebrou en Cambados, déronse cita importantes rostros da política, do mundo empresarial e social da comunidade.
  • A Deputación da un ultimato á Xunta pola situación do Príncipe Felipe
    Pontevedra> Ultimato da Deputación de Pontevedra á Xunta de Galicia en relación á situación do Príncipe Felipe. Dende o Pazo Provincial din que non teñen inconvinte en recibir aos nenos e mozos que lle mandan dende o Goberno Galego, pero o que non poden permitir é que mozos conflitivos e con antecedentes entren neste centro, porque senon, a filosofía do mesmo estaría caendo polo seu propio pé.
  • A Xunta inviste uns 22.500 euros en melloras na gardería de Meis
    MEIS> Melloras exteriores e novo equipamentos. Con todas estas novidades comezará o curso que ven a gardería de Meis. Uns cambios financiados pola Xunta de Galicia.
  • A Illa lanza un vídeo promocional para amosar os "tesouros" do seu municipio
    A ILLA> A Illa de Arousa non só ofrece turismo de sol e praia. Este fermoso enclave de O Salnés quere potenciar os seus paisaxes, a súa gastronomía, e moitos aspectos máis, que a converten nun estupendo destino para visitar en calquera época do ano.
HomeSalnés - CaldasO Museo da Conserva da Illa estrea caldeira de biomasa Top of Page

Síguenos en facebook