• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Sanxenxo roza o 90% da súa oferta de ocupación na Semana Santa

Abr 17 Escrito por 
SANXENXO> O turismo disparouse durante esta Semana Santa conseguindo segundo sinalan fontes do sector cifras de ocupación históricas. A ocupación en Sanxenxo durante estas datas sinaladas achegouse a case o 90% da oferta.
O bo tempo, o bo ambiente, as boas praias e a boa gastronomía uníronse con forza esta Semana Santa para acadar unhas cifras de récord por estas datas. En Sanxenxo a ocupación achegouse o 90% da oferta. Máis de 22.000 persoas durmiron na vila sanxenxina durante a Semana Santa. Unha cifra que se deixou notar na hostalería. Pero o turismo non só afecta positivamente a hostalería, os comerciantes da vila tamén fan unha lectura moi positiva destes bos datos de ocupación que se deixan notar nas compras. Este é o aspecto que presentaba a vila este luns, despois dunha Semana Santa que arroxou uns datos que reflicten a boa saúde de Sanxenxo como destino turístico.
Etiquetado como Semana Santa    Sanxenxo    Turismo    Rías Baixas    Economía   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Luns, 17 Abril 2017 17:44

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Pita, descontento coa xestión da Deputación da reforma de Luis Rocafort
    SANXENXO> O concello de Sanxenxo, descontento coa xestión da Deputación de Pontevedra das obras da rúa Luis Rocafort. Esta mañá, o alcalde denunciaba que non recibira resposta á súa petición de facer 20 prazas de aparcadoiro en batería; unha solicitude que, ademais, trasladara a plataforma veciñal que se opoñía ao proxecto provincial. Gonzalo Pita insistiu en que el estará do lado dos veciños. Rompeuse a boa sintonía entre o concello de Sanxenxo e a Deputación de Pontevedra na reforma da avenida Luis Rocafort. Hai varias semanas, o alcalde trasladou ao organismo provincial a petición de facer 20 prazas de aparcadoiros en batería; solicitude que non tivo resposta. A proposta suporía a redución da beirarrúa de 6 a 4 metros no treito que transcorre entre o centro de saúde e o centro de Telefónica. Deste xeito, tamén se atendería á petición da plataforma veciñal que pedía máis aparcadoiros na zona, chegando ás 120 prazas. Tamén preocupa a dificultade que vehículos grandes, como autobuses, poden ter para entrar na rúa dende o paseo de Silgar. Por iso Pita pediu incorporar estes cambios, asegurou que o goberno local non vai consentir a paralización das obras, e recordou que as arcas municipais achegan o 30% do financiamento. Esta non é a única xestión da Deputación que non gusta ao goberno local. Tamén critican que case dous anos despois de facerse co executivo provincial, non haxa novas sobre o futuro da estrada de Dorrón. Por todo, o rexedor considera esgotada a vía diplomática. Pola súa banda, dende a Deputación de Pontevedra non quixeron facer declaracións.
  • As consultas turísticas aumentaron un 35% en Arousa Norte esta Semana Santa
    BARBANZA> As cifras sitúan a esta comarca coma unha das máis relevantes dentro da oferta da nosa comunidade.
  • Pontevedra rexistra os mellores datos de ocupación na Semana Santa dende o 2010
    Pontevedra> A provincia de Pontevedra ven de vivir a mellor Semana Santa dende o ano 2010 cun 85,59 por cento de ocupación. Concellos como o de Sanxenxo e O Grove tiveron un 100% de ocupación nos días fortes deste periodo vacacional, entre o xoves e o domingo.
  • Gonzalo Pita non está de acordo con que a Xunta de Compensación de Nantes pida unha indemnización
    SANXENXO> O polígono de Nantes continúa a dar que falar. A semana pasada era o Consellor Rector o que expresaba a súa intención de pedir unha indemnización, este xoves, Gonzalo Pita e o seu executivo comparecían para admitir que o polígono ten posibilidades de desenrolo polo que non cabe a posibilidade de pedir unha indemnización.
  • A Ruta do Viño Rías Baixas recibíu máis de 100 mil visitas no 2016
    Pontevedra> Máis de 100 mil persoas visitaron ao longo do 2016 a Ruta do Viño Rías Baixas. Rexístrase así, un incremento do 15 por cento en relación ao 2015. Este primeiro balance, baseado nos datos do informe da Asociación de Cidades Españolas do Viño, foi presentado esta mañá polo presidente da Ruta do Viño e pola xerente desta entidade.
  • Barbanza encara unha Semana Santa co dobre de visitantes que o pasado ano
    RIBEIRA> A afluencia de visitantes na comarca de Barbanza está a superar as mellores previsións. A ampla oferta de ocio e cultura, unida ás innmellorables condicións meteorolóxicas, fai de Arousa Norte un destino ideal para esta Semana Santa.
HomeSalnés - CaldasSanxenxo roza o 90% da súa oferta de ocupación na Semana Santa Top of Page

Síguenos en facebook