• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Máis dun millar de pezas foron extraídas do Castro Alobre nos últimos dous meses

Abr 18 Escrito por 
VILAGARCIA> A presidenta da Deputación de Pontevedra visitou este martes o Castro Alobre en Vilagarcía de Arousa, onde están a piques de rematar os traballos de consolidación previos a súa musealización. Unha visita que coincidiu en tempo e forma coa de outros "ilustres" veciños da vila, que acudiron ao castro para coñecelo máis de cerca.
Os pequenos do colexio vilagarcián Anexo Lomba visitaron o entorno do Castro Alobre para coñecer un pouco máis da súa cidade e ilustrar o traballo dos arqueólogos. Unha ilustre visita que coincidiu coa de varios autoridades que este martes se achegaron a escavación do castro cando están a piques de rematar os traballos de consolidación anteriores a musealización. Santos Héctor, o numerosos rostros do goberno local da vila tamén acompañaron a presidenta da Deputación e ao alcalde Alberto Varela nesta visita o enclave arousá. Durante a súa intervención Carmela Silva subliñou que no Castro Alobre entre o 2016 e o 2017 escavouse unha superficie duns 500 metros nos que se atoparon numerosos achados importantes. Ademais Silva lembrou que o orzamento deste proxecto de musealización contempla 1,5 millóns de euros para 2017 e 2,5 millóns para 2018. Antes de rematar a visita Carmela Silva e Alberto Varela repartiron aos escolares que os acompañaron na súa visita un libro "Os Bolechas van a Castro Alobre", editado polo concello de Vilagarcía, que os cativos recolleron con moita ledicia.
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PP provincial solicita levar a pleno extraordinario a situación do Príncipe Felipe
    PONTEVEDRA> O PP provincial solicita un pleno extraordinario para que a Deputación se pronuncie sobre a Cidade Infantil do Príncipe Felipe. Unha petición que chega despois de que o goberno provincial anunciase a supresión do convenio coa Xunta de Galicia a causa dos incidentes rexistrados no mesmo.
  • 172 mulleres protagonistas da exposición "Rexas, mulleres baixo o terror franquista"
    PONTEVEDRA> O Pazo Provincial foi o lugar elixido para a presentación da exposición "Rexas, mulleres baixo o terror franquista". A mostra estará dispoñible ata final de ano en diferentes concellos da provincia, para todo aquel que a queira visitar.
  • A corporación de Vilagarcía reclamará melloras en materia de educación na vila
    VILAGARCÍA> Pero este non foron os únicos puntos que se trataron no pleno de onte en Vilagarcía. O alcalde comprometeuse a trasladar ao conselleiro de Educación a demanda da coordinadora pais de alumnos do municipio na reunión que manterán Varela e Rodríguez o martes.
  • Vilanova demanda á Deputación pola paralización do vial de Baión
    VILANOVA> O concello de Vilanova de Arousa presentou un contencioso administrativo ao entender que a paralización do vial de Baión, por parte da Deputación de Pontevedra, causa prexuízo tanto a administración como aos veciños. Gonzalo Durán admitiu esta mañá que dende Vilanova non pararán ata coñecer cal foi o destino do máis de millón e medio de euros, que estaban destinados a esta obra no municipio Gonzalo Durán non escatimará en esforzos para mostrar o seu desacordo coa paralización da obra de ampliación e mellora da EP 9701 ao seu paso por Baión. Trátase de un tramo de algo máis de 3km, que quedou contratada na época do anterior presidente da institución Rafael Louzán. Unha obra cun custe superior ao 1.600.000 euros, cuxo obxectivo era mellorar a seguridade e ampliar o espazo destinado aos peatóns. Durán afirmou querer coñecer a que se dedicaran eses cartos se finalmente non se realiza esta obra. O concello de Vilanova convertese de este xeito no primeiro concello en levar aos xulgados o asunto, dos seis máis que denunciaron a paralización de importantes obras para os seus municipios.
  • Atlantic Fest: o mellor cartel no mellor escenario do mundo
    Los Planetas, Lori Meyers ou The Temper Trap, son os cabezas de cartel da segunda edición do Atlantic Fest que se celebrará na Illa de Arousa do 30 de xuño ó 2 de xullo. Esta mañá foi presentada esta cita musical que forma parte dos Festivais Rías Baixas, que promove a Deputación de Pontevedra. É unha das citas musicais máis agardadas tralo éxito do ano pasado durante a súa primeira edición, non só por contar cun cartel único, senón pola paraxe inigualable no que ten lugar, a Illa de Arousa. Este ano, Los Planetas, único concerto en Galicia, ó igual que Lory Meyers, ou os internacionais The Temper Trap. Ademais, Annie B Sweet, Delorean ou Joe Crepúsculo .Esta mañá presetábase a segunda edición do Atlantic Fest, e comezaba coa proxección dun video promocional no que a Coral da Illa de Arousa interpretada esta versión de Los Planetas. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou durante a presentación a beleza coa que conta a Illa de Arousa, o mellor escenario para un festival deste talle, así como a relevancia dun cartel que é xa imprescindible dentro dos nove Festivais Rías Baixas que promove a entidade provincial. Sorprendida co talento dos membros da Coral da Illa, a presidenta asegurou que xa ten un plan para cando deixe as súas funcións públicas, e será, formar parte desta agrupación musical. Pola súa banda, o alcalde do municipio, Carlos Iglesias, agradeceu a colaboración da Deputación, así como de tódolos patrocinadores que tamén estiveron presentes no acto. Toño Caneda, un dos organizadores do Atlantic, explicou cal é a esencia deste festival. O Atlantic Fest, será o venres 30 de xuño, sábado 1 de domingo 2 de xullo. Os concertos terán lugar na praia do Vao, no Auditorio e na Praza de Abastos, ademais das Tascas do pobo. A zona de acampada será de novo na zona de Area da Secada.
  • A Deputación lanza unha campaña contra o acoso sexual
    PONTEVEDRA> O Atlantic Fest será un dos escenarios da nova iniciativa da Deputación Provincial. A institución quere concienciar contra o acoso sexual, cunha campaña que levará a todos os festivais amparados baixo a marca Rías Baixas Fest. Co lema “Lembra! Eu decido, ti respectas”, pon o acento sobre a violencia sexual que sofren as mulleres. Cada oito horas prodúcese unha agresión sexual. Son tres mulleres violadas a diario. Estes son datos do Ministerio do Interior, e unha cifra que a Deputación de Pontevedra quere combater. Hoxe, a institución presentou a súa campaña de concienciación contra o acoso sexual. Baixo o lema “Lembra! Eu decido, ti respectas” a campaña estrearase en todos os festivais que ampara a marca Rías Baixas Fest. Nos recintos haberá un postos de información móbil. Alí tamén terán merchandising, como gorros de palla e pegatinas. A Deputación tamén editou 20.000 folletos a modo de guía de peto. 10.000 diríxense a potenciais agresores, buscando combater mitos e dándolles instrumentos para identificar comportamentos que poden ser constitutivos de delitos. Os outros 10.000 destínanse as mulleres, con oito consellos que buscan previr dous tipos de violencia sexual: a agresión en cita, cando o agresor é un amigo ou coñecido, e a submisión química, cando hai tóxicos que anulan a vontade. Esta campaña de prevención e educación diríxese principalmente aos adolescentes, por iso arrincará nos festivais, pero a intención da Deputación é que chegue aos centros educativos co vindeiro curso escolar.
HomeSalnés - CaldasMáis dun millar de pezas foron extraídas do Castro Alobre nos últimos dous meses Top of Page

Síguenos en facebook