• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Carmela Silva visita o solar no que se emprazará a nova gardería de Vilaxoán

Abr 18 Escrito por 
VILAGARCIA> Carmela Silva aproveitou a súa visita a Vilagarcía para coñecer en primeira persoa o terreo no que esta semana está previsto que se comece a obrar a nova gardería municipal de Vilaxoán.
Carmela Silva tamén visitou o terreo onde se emprazará a futura escola infantil de Vilaxoán, cuxa construción comeza está semana, e que recibiu unha achega da Deputación de Pontevedra superior aos 700.000 euros a través do Plan Concellos. Na súa comparecencia recoñeceu a satisfacción pola xestión do executivo de Alberto Varela, por utilizar os recursos para a educación e a atención aos menores. A presidenta provincial sinalou que o concello vilagarcián é dos primeiros en solicitar proxectos no Plan Concellos e recordou que Vilagarcía percibirá este ano 1.400.000 euros ao ter xa solicitada a liña 3 de investimento.
Etiquetado como Concello Vilagarcía    carmela silva    Vilaxoan    Gardería Municipal    Obras   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os cativos de Ribeira descobren a súa vocación na Semana dos Oficios
    RIBEIRA> A escola infantil municipal ‘Cativos’ de Ribeira celebra a Semana dos Oficios. Os pequenos reciben a visita dalgúns pais de alumnos que lles desvelan os segredos das súas respectivas profesións.
  • Silva cualifica de 'broma de mal gusto' xustificar a rotura coa obra de Rocafort
    PONTEVEDRA> A rotura do tripartito de Sanxenxo e a volta de Telmo Martín á alcaldía chegaron tamén á Deputación de Pontevedra. Esta mañá, Gonzalo Pita explicaba que a reforma da avenida Luís Rocafort fora o detonante desta crise; un proxecto que, recordemos, foi impulsado pola institución provincial. Hoxe a súa presidenta cualificaba o argumento de Pita de “broma de mal gusto”. Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, que Gonzalo Pita sinale a obra da avenida Luís Rocafort como o detonante da crise e rotura do goberno tripartito en Sanxenxo, é unha broma de mal gusto. Carmela Silva non acepta que se responsabilice á Deputación de Pontevedra do cambio de goberno tralo acordo entre SAL e Partido Popular, e defendeu a actuación do executivo provincial. A dirixente socialista tamén tivo palabras para o popular Telmo Martín, que se convertirá en alcalde da vila sanxenxina. Sobre a revolución no concello de Sanxenxo tamén se pronunciou o secretario provincial do PSOE de Pontevedra. Para Santos Héctor o ocorrido é unha moción de censura encuberta, e sinala a Alfonso Rueda como responsable do que cualificou como política de vertedoiro. Para Santos Héctor o acordó entre Pita e Martín é un episodio vergoñoso máis na historia do PP.
  • Gonzalo Pita anuncia que deixa a alcaldía de Sanxenxo
    SANXENXO> Gonzalo Pita deixará de ser alcalde de Sanxenxo a finais de este mes. Así o anunciou o independente esta mañá, nunha multitudinaria rolda de prensa, na que sorprendeu sentado ao lado do líder da oposición na vila, Telmo Martín, quen asumirá a alcaldía da vila.
  • Comezan as obras do novo vial no Hospital da Barbanza
    RIBEIRA> O executivo ribeirense informou do inicio das obras de rectificación do vial situado a carón da área de Urxencias do Hospital da Barbanza. A actuación, cun orzamento de máis de 45 mil euros, permitirá unha vez concluída poder iniciar as obras de ampliación do complexo hospitalario, ó incorporarse nela a zona cuberta pola que actualmente entraban as ambulancias. As obras Terán un prazo de execución dun mes e a seu custe será asumido polas propias arcas municipais.
  • Vilaxoán bautiza a súa nova traíña, a "Virxe do Carme"
    VILAGARCÍA> O Club de Remo Vilaxoán conta dende o pasado venres cunha nova traíña. Durante un concorrido acto, os padexeiros botaron a nova embarcación, bautizada como Virxe do Carme. O Club de Remo Vilaxoán converteu a botadura da súa nova traíña nunha festa para todos os veciños. A embarcación leva por nome o da patroa do pobo, Virxe do Carme, e supuxo un investimento próximo aos 36.000 euros. Dende que Rogelio Tarrío tomou a presidencia do club hai tres anos, potenciar a base é un dos seux obxectivos. Unha meta que están a conseguir, como se demostrou no Campionato de España de bateis celebrado hai un mes. Todos os asistentes, veciños e autoridades, só tiveron loubanzas para o traballo dun club que Vilaxoán sente como propio. Tamén para os valores que representa o deporte do remo: sacrificio, constancia, compañeirismo, perseveracia e competitividade limpa. O acto rematou co bautismo de mar de "Virxe do Carme", que se introduciu nas augas da praia de O Preguntoiro acompañada polo Salve Mariñeiro e o Tres cousas ten Vilaxoán, interpretadas pola Coral de Vilaxoán.
  • O PPdeG critica a xestión de Carmela Silva ao fronte da Deputación
    Pontevedra> Dende o PP Galego criticaron, unha vez máis, a xestión que na Deputación está levando o goberno bipartito, especialmente a de Carmela Silva. Os populares cren que a presidenta se debería centrar na execución dos orzamentos provinciais e en activar as obras paralizadas nos últimos meses.
HomeSalnés - CaldasCarmela Silva visita o solar no que se emprazará a nova gardería de Vilaxoán Top of Page

Síguenos en facebook