09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Sete concellos de O Salnés entre os de "especial risco" de gripe aviar

Abr 19 Escrito por 
RIBADUMIA> Uns 35 concellos de Galicia atópanse en alerta de prevención da gripe aviar segundo a Xunta de Galicia. Aquí en O Salnés son sete os de maior risco. Por iso dende os concellos de Ribadumia, Cambados, A Illa, Vilanova, Meaño, O Grove e Sanxenxo poñen a disposición dos cidadáns unhas follas de rexistro nas que rexistrar as aves de uso doméstico a fin de previr ou localizar problemas no hipotético caso de que se localice algún caso de gripe aviar na zona.
Galiñas, gansos e patos son as especies que dende agora e ata novo aviso deberán reter toda atención dos seus criadores. Sete concellos de O Salnés atópanse entre os de máis risco de cara a prevención da gripe aviar, por iso os consistorios de concellos como: Ribadumia, Meaño, Cambados, A Illa, Vilanova, O Grove ou Sanxenxo, actuaran como mediadores entre os criadores destas especies e a administración autonómica poñendo ao seu servizo un formulario. Os criadores de estas especies deberan ter especial coidado con elas e gardalas en sitios cubertos e tamén os seus comedeiros e bebedeiros, para evitar que entren en contacto con aves migratorias ou silvestres que lles poidan transmitir o virus. O obxectivo desta medida ten que ver coa necesidade de crear un censo que permita tomar as medidas adecuadas no caso de que apareza un foco de gripe aviar.
Etiquetado como Ribadumia    gripe    Xunta de Galicia    medidas    prevencion   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Mércores, 19 Abril 2017 17:55

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Peña responsabiliza á falta de xestión do tripartito do pago á Igrexa
    RIBADUMIA> O Partido Popular de Ribadumia responde á polémica aberta estes días en relación co tanatorio. A exalcaldesa Salomé Peña nega que o concello teña que indemnizar ao Arcebispado. Explica que os 50.000 euros a pagar responden ao incumprimento do convenio asinado no 2010 polo que o concello cedía á Igrexa unha parcela a cambio da ocupada polo tanatorio. Segundo Peña, o actual goberno non fixo ningunha xestión para renovar o convenio unha vez vencido o prazo, e evitar así o pagamento. Salomé Peña recoñece que o convenio asinado coa Igrexa no 2010 para conseguir os terreos para o tanatorio recollía dúas posibilidades: ben o concello cedía outra parcela de 2.000 metros cadrados ao Arcebispado na Carballeira de Barrantes, ben pagaban o prezo da parcela. A cesión non se materializou aínda polos retrasos na urbanización do terreo da Carballeira. Por iso, para o Partido Popular de Ribadumia, que o concello teña que aboar 50.000 euros ao Arcebispado polo terreo que ocupa o tanatorio é froito da mala xestión do executivo, por non buscar unha prórroga deste convenio que, ademais, asegura que coñecían, xa que foi aprobado en pleno. Ademais de defender a súa xestión no referente ao tanatorio, os populares tamén o fixeron co proxecto das Pousadas do Salnés. O edil Luis Serantes respondeu ás críticas da presidenta provincial, que cualificaba o plan de escandaloso e cheo de irregulariedades. Dende a formación reclamaron a concello de Ribadumia e Deputación que axilicen os trámites para a posta en funcionamento da Pousada do municipio, a única do proxecto que permanece pechada.
  • Silva e Lores piden máis exactitude na comarcalización que anuncian dende a Xunta
    Pontevedra> A Presidenta da Deputación e alcalde de Pontevedra falaron esta mañá, unha vez máis, sobre a comarcalización dos parque de bombeiros en Galicia. A presidenta volveu a repetir que non ía a falar de investimentos nesta materia ata que teña diante o proxecto que a Xunta quere levar a cabo. O alcalde, pola súa banda, dixo que están abertos a este proceso sempre e cando non vaia en detrimento do servizo que se presta na cidade nin supoña cartos para o concello.
  • Rueda pide colaboración das Deputacións e dos concellos para a comarcalización do parque de bombeiros
    Pontevedra> A comarcalización dos bombeiros de Pontevedra volve a estar sobre a mesa. Esta mañá mantiveron unha reunión en Santiago o vicepresidente da Xunta, representantes das catro deputacións e o presidente da FEGAMP. O obxectivo, que os parques das sete grandes cidades galegas cubran tamén emerxencias nos concellos da súa área de influencia.
  • A Universidade destinará o seu espazo no edificio de Benito Corbal ao Campus Crea
    Pontevedra> Esta mañá o vicepresidente da Xunta presentoulle ao reitor da Universidade de Vigo o proxecto de reforma do edificio Benito Corbal. Un edificio que contará con 1600 metros cadrados e 4 plantas destinadas á Universidade. O reitor dixo esta mañá que estes espazos serán a sede principal do Campus Crea, o proxecto de especialización da universidade en Pontevedra.
  • Quince días para mellorar a seguridade viaria do Polígono
    RIBADUMIA> En marcha as obras de mellora da seguridade viaria no polígono do Salnés. O proxecto ten un custo de 159.000 euros, subvencionados nun 95% pola Xunta de Galicia. Os traballos diríxense á creación dunha senda peonil entre os dous parques empresariais e unha beirarrúa nas proximidades do cruce cara o parque de bombeiros do Salnés. Xa están en marcha as obras de mellora da seguridade viaria no polígono do Salnés, que comparten os concellos de Cambados e Ribadumia. A actuación diríxese á construción dunha senda peonil e unha beirarrúas nas proximidades do cruce cara o parque de bombeiros. A actuación continuará no Polígono de Sete Pías. Neste parque está previsto o pintado e asfaltado das diferentes rúas, ademais da colocación de dúas pantallas xigantes con información das empresas asentadas. Por iso, mentres se desenvolven os traballos tanto Cambados como Ribadumia piden precaución aos condutores, e paciencia ante as dificultades no tráfico que poidan aparecer. O proxecto ten un custo de 159.000 euros, dos que os concellos só terán que poñer un 5%. O restante correrá a cargo da Xunta de Galicia. O prazo de execución dos traballos é de 15 días.
  • Os nacionalistas do Salnés afirman que os orzamentos da Xunta ningunean a comarca
    VILAGARCIA> Os nacionalistas de O Salnés critican os orzamentos da Xunta de Galicia para a comarca. A deputada autonómica, Montse Prado, cualificounos na súa comparecencia ante os medios de "caciquís e partidistas".
HomeSalnés - CaldasSete concellos de O Salnés entre os de "especial risco" de gripe aviar Top of Page

Síguenos en facebook