• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Alumnos do CEIP O Piñeiriño aprenden como funciona un composteiro

Abr 19 Escrito por 
VILAGARCIA> Cativos do CEIP O Piñeiriño de Vilagarcía visitaron o composteiro que se instalou no parque do mesmo nome. Unha vez alí unha mestra composteira ensinoulles como funciona e faloulles dos beneficios de esta práctica.
O Plan revitaliza que puxo en marcha a Deputación de Pontevedra continúa dando pasiños para achegar a todos os públicos esta nova práctica de xestión de residuos. Este mércores foron os cativos de O Piñeiriño os que coñeceron o seu funcionamento. Unha xornada lectiva distinta as habituais na que a mestra composteira explicou a estes cativos como funciona un composteiro. Esta xornada formativa parte do centro, dende onde se está a levar a cabo un programa de coidado e respecto do medio ambiente, a través da correcta xestión dos residuos.
Etiquetado como Formación    Alumnos    Concello de Vilagarcía    compostaxe    Deputación A Coruña   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Mércores, 19 Abril 2017 17:54

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • EVASA e E-Monte premiadas como mellores iniciativas empresarias da provincia
    A CORUÑA> O certame, promovido pola Deputación da Coruña, pretende fomentar o emprendemento e potenciar as empresas coruñesas.
  • Asistimos á primeira recollida do composteiro comunitario de Barro
    BARRO> A deputada provincial, Eva Villaverde, acompañou esta mañá ó alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, a realizar a primeira entrega do composteiro comunitario do concello. Desde que comezou a funcionar, en setembro pasado, leva tratadas oito toneladas de residuos. O composteiro comunitario de Barro leva en funcionamento desde comezos de setembro pasado. E hoxe tivo lugar o último proceso desta primeira quenda, o cribado do compós e a primeira entrega, tanto ós veciños que pariticparon depositando a súa materia orgánica, como á Escola Infantil do municipio. Nesta primeira criba, foron testemuña tanto o alcalde, como a Deputada Provincial Eva Villaverde, que puxo en valor o plan Revitaliza da Deputación que está a levar este tipo de transformación de residuos ós concellos pontevedreses. Desde que comezou a funcionar en setembro, o composteiro comunitario leva tratadas oito toneladas de residuos. Xosé Manuel Fernández Abraldes. suliñou que o o compromiso do concello de Barro con este sistema de tratamento dos residuos orgánicos continuará adiante, por diversos motivos . Ó contrario que está a acontecer noutros concellos, en Barro os veciños, segundo afirma o alcalde, están recibindo estes composteiros comunitarios de forma moi positiva. O rexidor animou a que co tempo as casas do rural do municipio opten tamén pola instalación de composteiros particulares.
  • A Deputación da Coruña construirá unha nova ponte entre Aldea Grande e o Couto
    LOUSAME> A actuación virá a mellorar a seguridade do tráfico na zona, ó tratarse dun dos puntos negros da rede viaria do municipio.
  • Ravella corta a conexión aos servizos municipais do circo por carecer de licenza
    VILAGARCIA> O circo "Vienna Roller" parece que finalmente non ofrecerá o seu espectáculo tal e como tiña previsto para este xoves. O concello de Vilagarcía ordenou o corte da conexión aos servizos municipais por carecer de licenza municipal de actividade.
  • Os alumnos do IES Faro das Lúas fomentan a convivencia no seu centro educativo
    VILANOVA> Alumnos veteranos que tutelan a alumnos novatos, esa é a iniciativa que dende este ano está vixente no IES Faro das Lúas de Vilanova de Arousa, para loitar contra o acoso escolar e fomentar a convivencia e integración dos recen chegados ao centro.
  • 26 mulleres en risco formaranse en inserción social e laboral ata decembro
    VILAGARCIA> O Programa Clara desembarca en Vilagarcía para promover a inserción social e laboral de mulleres que se atopan en situación de vulnerabilidade. Este xoves na súa primeira clase, puidemos comprobar como todas as participantes deron conta de todo o que lles gustaría conseguir ao rematar o curso.
HomeSalnés - CaldasAlumnos do CEIP O Piñeiriño aprenden como funciona un composteiro Top of Page

Síguenos en facebook