• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

26 mulleres en risco formaranse en inserción social e laboral ata decembro

Abr 20 Escrito por 
VILAGARCIA> O Programa Clara desembarca en Vilagarcía para promover a inserción social e laboral de mulleres que se atopan en situación de vulnerabilidade. Este xoves na súa primeira clase, puidemos comprobar como todas as participantes deron conta de todo o que lles gustaría conseguir ao rematar o curso.
Máis seguridade ese é o propósito que máis se escoitou esta mañá no Auditorio de Vilagarcía, onde este xoves, arrincou o Programa Clara, unha iniciativa do Instituto da Muller ca que se pretende traballar a inserción social e laboral de mulleres en risco de exclusión, tal e como explicou Belén Fernández, técnica do Instituto da Muller Unha iniciativa que se leva a cabo en 12 concellos de España, entre os que resultou elexido Vilagarcía, e que se divide en varios módulos. Nesta ocasión serán unhas 26 mulleres as que se formen en diferentes materias que a medio corto prazo lles permitan atopar un emprego. Unha iniciativa para que estas mulleres foron seleccionadas dende o Centro de Información a Muller da localidade, e na que participaran durante 8 meses, xa que durará ata decembro.
Etiquetado como Servizos Sociais    Concello de Vilagarcía    exclusion social    Formación   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Xoves, 20 Abril 2017 19:48

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A comisión cifra en 2.500 euros o arranxo dos estragos da París de Noia
    VILAGARCÍA> A organización da Festa da Ameixa de Carril cifra en 2.500 euros os estragos ocasionados polos tráilers da orquestra París de Noia no paseo da praia da Compostela. O patrón maior compareceu esta tarde para facer balance e lamentar a actitude do concello de Vilagarcía, principalmente do alcalde. Catro días despois da fallida verbena da Festa da Ameixa de Carril, o patrón maior da confraría saíu a dar explicacións. Segundo José Luis Villanueva, os estragos ocasionados polos tráilers da orquestra París de Noia no paseo da Praia de Compostela poderán arranxarse por 2.500 euros. Villanueva agradeceu as explicacións da orquestra, que aseguraba que por imprevistos de última hora fora imposible cumprir as instrucións da organización. Tamén a súa disposición a colaborar nos gastos, aínda que ante Costas responderá a Comisión da Festa da Ameixa. Diferente é a valoración da postura do concello de Vilagarcía. O Patrón Maior non ocultou o seu descontento coas palabras do alcalde no pregón nin nas declaracións do pasado luns, valorando os estragos no paseo. Segundo explicou esta tarde, a intención da Comisión é trasladar canto antes ao concello a súa vontade de celebrar a Festa da Ameixa do 2018 nestas mesmas datas: a terceira fin de semana de agosto. Sobre a posibilidade de organizar unha nova actuación da orquestra París de Noia na Compostela, Villanueva asegurou que terán que falar con Costas e valorar as datas dispoñibles, e volveu destacar o escenario inmellorable que é o areal para a promoción de Carril.
  • Varela acusa a organización da Ameixa de incumprir as medidas da verbena
    VILAGARCIA> O alcalde de Vilagarcía, acompañado de varios concelleiros, visitou este luns, o entorno do paseo da Praia de Compostela para coñecer in situ os danos causados polos camións da París de Noia, que onte tiñan que actuar no areal vilagarciá co gallo do XXV aniversario da Festa da Ameixa de Carril, e que o finalmente non o puideron facer.
  • A XXV Festa da Ameixa encherá a vila de gastronomía e bo ambiente esta fin de semana
    VILAGARCÍA> E de unhas festas imos a outras. Esta fin de semana será especialmente festiva en Vilagarcía, onde haberá varias celebracións simultáneas. Unha delas será a Festa da Ameixa de Carril, que cumprirá 25 anos nesta edición, e que nas últimas semanas dou moito que falar. Esta tarde, no Camiño do Carro tivo lugar a súa presentación.
  • ExpoOfertas trae a Vilagarcía rebaixas de ata o 70%
    VILAGARCIA> Uns 22 stands integrarán o ExpoOferta de Vilagarcía. Unha iniciativa organizada por Zona Aberta, coa intención de que os comercios da vila liquiden o stock de esta temporada. Dende hoxe ata o domingo a feira estará aberta na explanada do Auditorio da vila.
  • A festividade de San Fidel cumpre 200 anos en Carril
    VILAGARCÍA> Douscentos anos non se cumpren tódolos días... e si non que llo digan aos veciños de Carril que este ano deseñaron un programa de actividades para conmemorar o 200 aniversario da festividade de San Fidel na vila.
  • O concello non descarta novas actuacións en Os Ballotes
    VILAGARCÍA> Vilagarcía remata os traballos de restauración nos petróglifos de Os Ballotes, na parroquia de Bamio. Esta primeira recuperación está rematada, pero o equipo de arqueólogos asegura que queda moita tarefa por diante: os traballos de limpeza revelaron a existencia de máis petróglifos soterrados. Rematados os traballos de restauración nos petróglifos de Os Ballotes, en Bamio. Concello e Deputación puxeron en marcha unha actuación para recuperar e poñer en valor os gravados. Finalizou a actuación pero aínda queda traballo por facer en Os Ballotes. O equipo que se encargou da restauración asegura que a zona aínda ten moitos elementos por descubrir. Dende o concello, aseguraron que recollerán a luva lanzada polo arqueólogo. Segundo o alcalde, non se descartan futuras actuacións para afondar na recuperación do conxunto. Alberto Varela tamén destacou a importancia de recuperar este espazo, ao igual que xa se fixo con xacemento do Castro Alobre. Para o rexedor, ademais da relevancia patrimonial, estes espazos tamén son un atractivo turístico.
HomeSalnés - Caldas26 mulleres en risco formaranse en inserción social e laboral ata decembro Top of Page

Síguenos en facebook