• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Gonzalo Pita non está de acordo con que a Xunta de Compensación de Nantes pida unha indemnización

Abr 20 Escrito por 
SANXENXO> O polígono de Nantes continúa a dar que falar. A semana pasada era o Consellor Rector o que expresaba a súa intención de pedir unha indemnización, este xoves, Gonzalo Pita e o seu executivo comparecían para admitir que o polígono ten posibilidades de desenrolo polo que non cabe a posibilidade de pedir unha indemnización.
Gonzalo Pita e os seus socios de goberno non están de acordo co anuncio por parte do Consello Rector do Polígono de Nantes, da posibilidade de solicitar unha indemnización de 16 millóns de euros, polos cartos que investiron no polígono. Pita trasladou a estes o seu malestar e afirmou que o polígono ten plenas posibilidades de desenrolo. A intención do goberno da vila, tal e como explicou Gonzalo Pita, é a de continuar traballando para recepcionar o polígono industrial. O que segundo Gonzalo Pita non poden tolerar dende o concello e que se fale de "inacción" no traballo dos dous último anos. Unhas declaracións que o tripartito de Sanxenxo fixo en rolda de prensa despois de manter unha reunión cos integrantes da Xunta de Compensación do Polígono de Nantes.
Etiquetado como Sanxenxo    conflicto    Polémica   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A seguridade en Sanxenxo, prioridade para o alcalde e a Subdelegada
    SANXENXO> A xunta local de seguridade reuniuse esta mañá en Sanxenxo. Subdelegada do goberno, alcalde da vila e representantes da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local mantiveron un encontro para analizar a situación e as necesidades do municipio de cara o verán. Non en van, Sanxenxo multiplica por seis a súa poboación no verán, converténdose nun punto de atención prioritaria. A seguridade é unha prioridade para Sanxenxo. Tras vinte días na alcaldía, Telmo Martín convocou esta mañá a Xunta Local de Seguridade. Un encontro ao que asistiron a subdelegada do goberno, o alcalde da vila e representantes da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local. No verán a vila multiplica por seis a súa poboación, un feito que a converte nun foco de atención para a Subdelegación do Goberno que, de ser necesario, non desbota incrementar os efectivos na zona. A Garda Civil traballa de xeito coordinado coa Policía Local, que a día de hoxe conta con 49 efectivos que garantirán a seguridade dos visitantes. Principalmente, en dous eidos: regular o tráfico e a movida nocturna. Esta reunión prodúcese despois de que Martín mantivera onte encontros cos propietarios de todos os locais do porto deportivo, para intercambiar opinións sobre os problemas de seguridade que se teñen producido nos últimos tempos. Ambas partes coinciden en que a movida forma parte da oferta do destino, polo que ven necesario garantir que sexa de calidade e en orde.
  • Sanxenxo limitará o tempo do estacionamento en Luis Rocafort
    SANXENXO> O concello de Sanxenxo regularizará o aparcadoiro na avenida Luis Rocafort durante o verán. No encontro que mantivo coa plataforma de afectados, o alcalde Telmo Martín decidiu atender as súas demandas e limitar o tempo dos estacionamentos. Martín comprometeuse ademais a trasladar á Deputación de Pontevedra outras das súas demandas, nun encontro coa presidenta Carmela Silva para o que aínda non hai data. O concello de Sanxenxo porá límite de tempo ao estacionamento na Avenida Luis Rocafort. A medida estará en vigor durante o verán, e atende a unha das demandas da Plataforma de Afectados. Este foi un dos acordos que se acadaron no encontro que o sábado mantivo o novo executivo coa plataforma veciñal. Unha reunión que o colectivo aproveitou para trasladarlle outras das súas demandas, como o mantemento das prazas de aparcadoiro. Tras este encontro, os veciños quedaron emprazados a unha nova reunión que se produciría despois da agardada entrevista entre Telmo Martín e a presidenta da Deputación, administración encargada da obra. Polo de momento, non hai data fixada. Dende o concello aseguraron que están abertos a ter en conta as suxestións da plataforma de afectados, e comprometéronse a facer novas xestións segundo avancen os contactos coa institución provincial. Os veciños tamén solicitaron ao alcalde que se xestionen as cesións pendentes. Un trámite no que colaboraron entregando os contactos dos que dispoñen.
  • Sanxenxo contará este verán con 24 auxiliares de Policía Local
    SANXENXO> O concello de Sanxenxo presentou aos 24 auxiliares de Policía Local que durante este verán terán como misión garantir a seguridade da vila. O custe de este aumento de efectivos de seguridade ascende a 131.000 euros.
  • Máis de 30 militantes abandonan o SAL de Sanxenxo
    Máis de 30 militantes abandonan o SAL de Sanxenxo tralo pacto co partido popular. A decisión foi anunciada esta fin de semana. Vanesa Rodríguez, que lidera o movemento, continuará coa súa acta exercendo a oposición. Desde o SAL, Suso Sueiro, continúa asegurando que contan co apoio da maioría das bases. Algo máis de 30, dos setenta militantes do SAL, Sanxenxo Agrupación Liberal, comunicaban esta fin de semana a súa decisión de abandonar o partido. O motivo, o rexeitamento a que Gonzalo Pita, ex alcalde, e outros dous concelleiros da agrupación, Suso Sueiro e Daniel Fernández, decidisen unilateralmente firmar o pacto co partido popular e entregar a alcaldía a Telmo Martín. Vanesa Rodríguez, concelleira que lidera este movemento e que manterá a súa acta como non adscrita, contounos esta mañá que antes de tomar esta decisión tentaron arreglar os problemas dentro da formación. Unha vez que se deron conta, segundo afirma Rodríguez, que era imposible chegar a acordos, tomaron esta decisión. Das algo máis de 30 persoas que abandonarán SAL, once formaban parte da lista electoral coa que o partido concurría ás eleccións de 2015. Sobre este tema quixemos preguntar a Suso Sueiro esta mañá. O concelleiro do SAL asegurounos non ter unha confirmación oficial destas renuncias, e tamén, que a maioría das bases apoio o seu pacto co PP. Sobre os rumores da posible integración no partido popular dos concelleiros que asinaron o pacto con Telmo Martín, Sueiro foi taxante ó afirmar que nada máis lonxe da súa intención, e o que farán é seguir co seu programa velando polos intereses dos vecipos de Sanxenxo .
  • Telmo Martín xa é alcalde de Sanxenxo
    SANXENXO> Como xa anunciara no pleno de onte, Telmo Martín estreou o seu retorno á alcaldía de Sanxenxo cun encontro coa Policía Local. Durante a reunión Martín trasladoulles que a súa intención é asumir el mesmo as competencias de seguridade cidadá. E é que asegurou que esta materia será unha das prioridades no seu novo mandado, que arrincou onte nun pleno que transcorreu con tranquilidade. Pasadas as oito da tarde, Telmo Martín alzaba por terceira vez na súa carreira política o bastón de mando de Sanxenxo. Fíxoo nun pleno tranquilo, rodeado de familia, amigos e simpatizantes, e cos votos a favor dos edís do Partito Popular, de tres dos catro de SAL, agora socios de goberno, e coa sorpresa da abstención do edil non adscrito, Roberto Carlos Agís. No seu discurso, Martín tendeu a mano á oposición. Pediulles que deixen de mirar tanto pola ideoloxía, para poder traballar e poñer en valor as posibilidades de Sanxenxo. Tras rematar o discurso, o xa alcalde abrazou en primeiro lugar aos edís de SAL. Precisamente foi cun agradecemento a Gonzalo Pita, que o pasado luns renunciaba como rexedor,como comezou a súa intervención. Xa onte Telmo Martín destacaba o peso que vai ter a seguridade cidadá no seu mandato. De feito, hoxe cumpriu o previsto e mantivo o primeiro encontro coa Policía Local. Ademais, el mesmo asumirá estas competencias, que ata o de agora eran responsabilidade da edil de SAL que queda na oposición. Vanessa Rodríguez asegurou estar disposta a renunciar a elas. Mentres, no exterior do concello de Sanxenxo un grupo de veciños reuniuse para protestar contra o nomeamento de Telmo Martín. Aínda que o ambiente foi moito menos crispado que o vivido o pasado luns tralo pleno de renuncia de Gonzalo Pita. Ademais de bicos e apertas dos partidarios, os opositores optaron por recibir a Martín e a Pita lanzando arroz e co berro de “¡Vivan os noivos!”. Tamén se reforzaron as medidas de seguridade, con máis control de Policía Local e Garda Civil na entrada da casa consistorial.
  • En Marea cualifica de "autogolpe de estado" o acontecido no concello de Sanxenxo
    “Autogolpe de estado democrático”, así cualifica En Marea o acontecido onte no pleno de Sanxenxo no que dimitiu Gonzalo Pita. Luis Villares visitou esta mañá o municipio, acompañando ós membros de Somos Sanxenxo e Sanxenxo Pode, polo que tacharon como un percorrido polas atrocidades urbanísticas de Telmo Martín. Aínda que non conta con representación no concello de Sanxenxo, En Marea demostrou a súa desconformidade ante o que considera un golpe de estado que o Partido Popular está levando a cabo no concello. O voceiro nacional, Luis Villares, dixo durante unha visita ó municipio, que o pacto de goberno entre o xa ex alcalde, Gonzalo Pita, e o alcalde entrante, o popular Telmo Martín, só vén beneficiar os intereses particulares déste. O voceiro de En Marea, criticou tamén durante a súa intervención que este pacto entre PP e o SAL, recolla promesas de obras de ámbito non municipal, polo que considera que tanto Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta, como Alfonso Rueda, vicepresidente, deberían dar conta desta acordo. Villares acompañou ós membros de Somos Sanxenxo e Sanxexno Pode, polo que denominaron como o percorrido das atrocidades urbanísticas de Telmo Martín, que xa foi alcalde do 1999 ó 2006. Tamén fixo referencia ó papel de Temo Martín durante a burbulla inmobiliaria, o deputado de En Marea, Marcos Cal, presente tamén na xuntanza de hoxe. Desde Somos Podemos, quixeron tamén felicitar á concelleira de SAL, Vanesa Rodríguez, por desvincularse deste pacto amosando a súa ética política. Luis Villares rematou lanzando unha mensaxe á cidadanía, asegurando que EnMarea seguirá denunciando este tipo de actuacións, e que son os cidadáns os que, chegado o momento, saberán poñer a cada quen no seu sitio .
HomeSalnés - CaldasGonzalo Pita non está de acordo con que a Xunta de Compensación de Nantes pida unha indemnización Top of Page

Síguenos en facebook