• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O xerente de Espectáculos Lito garda silencio

Abr 20 Escrito por 
Ángel Martínez Pérez, máis coñecido como Lito, o Rei das verbenas en Galicia, acolleuse esta mañá ó seu dereito a non declarar. Preferiu asígardar silencio ante as acusacións de fraude fiscal da Fiscalía e a Avogacía do Estado, no xuízo celebrado esta mañá na Audiencia Provincial de Pontevedra. Enfróntase a 14 anos de cadea e máis de 53 millóns de euros de multas. Era o momento no que Ángel Martínez Pérez, responsable de Espectáculos Lito e propietario de múltiples orquestras como Panorama, se acollía o seu dereito a non declarar nun xuízo contra él e a súa empresa, por defraudar 9 millóns e medio de euros en dous anos. Era o comezo dunha sesión que se celebraba esta mañá na Audiencia provincial de Pontevedra, despois de que se suspendese ata en dúas ocasións. Os primeiros en declarar foron os peritos da Axencia Tributaria, que explicaron que tódolos datos que conduciron a este xuizo saíron da propia oficina da empresa en Caldas de Reis. Os inspectores de Facenda aseguraron que ó comezar a investigar, comprobaron que se trataba cun claro exemplo de economía sumerxida. Contaron cómo atoparon nas oficiñas de Lito material con anotacións da facturación de 26 millóns de euros correspondentes a 2011, dos cales só declarara dous, os que se facturaran en regra a concellos e televisións. Estes movementos realizábanse con máis de 70 orquestras e 6.500 actuacións en tan só un ano. O 90 por cento, en negro. Pola súa banda o abogado da defensa, centrouse en que a actividade do acusado era de mero representante e intermediario, que non producía nun vendía espectáculos, o que rebaixaría considerablemente os seus ingresos, e as súas obrigas tributarias. Pola sala foron pasando as distintas testemuñas citadas pola Defensa, entre elas, varios axentes de zona. Esta figura era a encargada de ofrecer ós concellos e comisión de festas de cada zona as actuacións para as súas verbenas, levando un dez por cento de comisión. A Fiscalía acusa a Lito e a súa empresa de defraudar 9 millóns e medio de euros entre 2011 e 2012 en Impostos de Sociedades, IVE, e IRPF. O magnate das orquestras galegas enfróntase a 14 anos de prisión e o pago de 53 millóns de euros.
Etiquetado como Pontevedra    audiencia provincial    xuizo    espectaculos lito    panorama    orquestras    fraude fiscal    angel martinez perez   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Xoves, 20 Abril 2017 20:10

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PP presentará unha moción para revitalizar o mercado de Estribela
    Pontevedra> O PP de Pontevedra levará unha moción ao pleno co fin de recuperar a Praza de Abastos de Estribela. Dende as filas populares piden que en lugar de derrubar o mercado, se potencie a súa función. E pola súa banda dende o Goberno Local insisten que van a relizar o acordado e demandado polo consello parroquial, Demetrio Gómez dixo alto e claro que son os propios veciños os que queren un salón de actos neste espazo.
  • Dende a Deputación sinten unha "profunda desolación" polo que está acontecendo nos montes galegos
    Pontevedra> O gabinete de crise posto en marcha pola Deputación de Pontevedra, na madrugada do sábado. continúa activo. Esta mañá, a presidenta e vicepresidente desta administración, compareceron en rolda de prensa para dar conta da situación na que se atopa a provincia trala vaga de lumes que asola a nosa comunidade. Ambos mandatarios dixeron sentir unha profunda desolación polo que está sucedendo nos montes galegos.
  • O Goberno Local critica a "coordinación" da Xunta ante a vaga de lumes
    Pontevedra> Dende o Concello de Pontevedra criticaron esta mañá a falta de coordinación da Xunta ante a situación crítica que o lume deixou nesta provincia. Lores dixo que en ningún momento se solicitou axuda dos bombeiros de Pontevedra, e que foi o propio concello o que se puxo en contacto co concello de Vigo para enviar reforzos.
  • Xornada de arte inclusiva na Casa Azul
    Pontevedra> A concellería de Benestar Social centra este ano o programa Hefesto no mundo da arte a través de creadores locais. Co título de arte inclusivo, este proxecto ten como fin promocionar a inclusión social e a participación activa de persoas con discapacidade na dinámica cultural da cidade. Neste venres a xornada estivo centrada no estudo escultórico do voo dun paxaro en escaiola.
  • Marea moi atenta á ordenanza de renda social para apoiar as contas do 2018
    Pontevedra> Esta mañá dende o grupo de Marea fixeron balance das emendas aos orzamentos municipais pactadas no seu momento, e que permitiron dar luz verde a estas contas no concello. Luis Rei recoñeceu que neste camiño hai moitas luces e algunha sombra, a principal, a renda social municipal.
  • O concello preséntalle aos veciños o novo acceso aos Campos
    Pontevedra>Os concelleiross de Obras e o delegado de Mourente mantiveron esta tarde unha reunión cos veciños para presentarlles o proxecto de novo acceso aos Campos dende Monte Porreiro. Uns traballos que terán un custe aproximado de máis de 1 millóns 137 mil euros e que contarán cun prazo de execución de 9 meses.
HomeSalnés - CaldasO xerente de Espectáculos Lito garda silencio Top of Page

Síguenos en facebook