• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Os alumnos do IES Faro das Lúas fomentan a convivencia no seu centro educativo

Abr 21 Escrito por 
VILANOVA> Alumnos veteranos que tutelan a alumnos novatos, esa é a iniciativa que dende este ano está vixente no IES Faro das Lúas de Vilanova de Arousa, para loitar contra o acoso escolar e fomentar a convivencia e integración dos recen chegados ao centro.
Lara e Lidia son dúas alumnas do IES Faro das Lúas en Vilanova de Arousa. Elas forman parte da iniciativa que este ano se está a levar a cabo no centro vilanovés, no que os alumnos de 3º da ESO supervisan aos que chegan novos ao centro a fin de poder axudalos a adaptarse a vida no instituto e resolver pequenos problemas que lles puideran xurdir. Unha iniciativa que tal e como comprobamos axuda aos rapaces a integrarse. Daniel o igual que Lara comezou este curso a súa experiencia no instituto e ambos ben adecuada esta medida que lles permite ter "asesor" nesa nova etapa que acaban de comezar. O programa de "Titoría Entre Iguais" avanza adecuadamente neste curso 2016/2017, aínda que para que fose posible tivo unha fase previa, tal e como explica a orientadora do centro vilanovés, Belén Rodríguez. Esta é unha medida preventiva de futuros conflitos e tamén para mellorar a convivencia. A pesar disto dende o centro admiten que non houbo nin hai grandes conflitos.
Etiquetado como Vilanova    Educación    Alumnos    Sociedade   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Lita Cabellut inicia a súa xira polo Salnés en Vilanova
    VILANOVA> A artista española e coñecida a nivel internacional Lita Cabellut "desembarcou" en O Salnés. Esta mañá estivo no albergue de As Sinas onde se presentou o proxecto que prepararon centros escolares e asociacións de catro concellos da comarca durante as últimas semanas con motivo da Semana pola Educación artística que impulsa a Unesco e que este ano teñen a artista catalá como homenaxeada.
  • A "Xeración 00: Cero accidentes, cero vítimas" consolídase en Vilanova
    Xeración 0-0: Cero accidentes, cero vítimas. É o que nos deparan as novas xeracións no que a seguridade viaria se refire. A lo menos iso é o que persegue a Policía Local de Vilanova, un ano máis, coas súas visitas ós colexios do concello. Esta mañá estiveron cos alumnos do centro Xulio Camba. Ese é o obxectivo de Maqui, este policía local que leva dez anos difundindo consellos da seguridade viaria nos colexios de Vilanova. Grazas ás súas clases, unha xeración de vilanoveses ten moi claro o que hai que facer para evitar accidentes de tráfico. Eles son alumnos de sexto de primaria do Colexio Xulio Camba de Vilanova. Esta mañá foi a última das sesións desta iniciativa do concello e da policía local, que busca que os cativos actúen de valedores da seguridade ante os seus pais. Hoxe, ó ser a última xornada, os pequenos tiveron a recompensa pola atención prestada nas sesións. E para os que cren que a educación viaria debería facerse a partir da secundaria, Maqui asegúranos que non é así. Hoxe remataban estas clases tan vitais, e eles non se lles vai esquecer o máis importante.
  • Prisión sen fianza para un dos seis detidos nunha operación antidroga
    VILAGARCÍA> Prisión provisional comunicada e sen fianza para un dos detidos na operación antidroga que onte se despregou na comarca de O Salnés. Hoxe prestou declaración nos xulgados de Vilagarcía. Tamén o fixeron outros catro dos seis detidos, que o xuíz deixou en liberdade con comparecencias quincenais. No marco da operación realizáronse media ducia de rexistros en Cambados, Vilagarcía, Vilanova e Pontevedra, que se saldaron co achado de quilo e medio de cocaína e case 200 mil euros en efectivo.
  • A USC achega a formación universitaria ós maiores de cincuenta anos
    RIBEIRA> Ribeira acollerá a finais deste mes un curso da Universidade de Santaigo, enmarcado no programa de formación para maiores de cincuenta anos. Trátase dunha iniciativa pioneira que busca achegar ós coñecementos á cidadanía, relacionados co seu propio entorno.
  • Vilanova fala francés durante catro días grazas a Francofonía
    Durante estes días nas rúas de Vilanova o idioma máis escoitado é o francés. Mil douscentos alumnos desta lingua, de doce institutos galegos, conviven durante catro días no municipio grazas ó encontro Francofonía. Hoxe celebraron o día grande co Festival da Canción Francesa. Eles son só sete dos 1.2000 estudantes de francés, de institutos de toda Galicia, que durante catro días están vivindo en Vilanova “Francofonía”. Un encontro estudantil que busca, ademais de mergullarse na cultura francesa, perfeccionar o idioma, descubrir o municipio arousán e fomentar o vínculo entre o alumnado dos 12 centros que participan. Pero hoxe, o importante, era dar o cante, e estes rapaces o fixeron así de ben. Algúns dos rapaces levan anos acudindo a estas xornadas que cada temporada organiza o IES Basella de Vilanova, e así, créanse grandes lazos de amizade. O alcalde vilanovés, Gonzalo Durán, que confesou revivir a súa xuventude durante estes días cos rapaces visitantes, subliñou a relevancia de dar a coñecer a vila entre familias de toda Galicia . Mañá será o día de analizar e prensa francesa, e o xoves, último día da Francofonía, será a xornada gastronómica, con degustacións da cociña máis tradicional do país galo .
  • A Consellería de Política Social e o concello de Vilanova renovan o convenio do albergue das Sinas
    O conselleiro de Política Social, Rey Varela, aproveitou a súa visita polo Salnés para visitar o albergue xuvenil das Sinas, en Vilanova, e renovar así o convenio de cesión destas instalacións que existe entre a entidade autonómica e este concello. Acompañado pola Directora Xeral de Xuventude e o Delegado da Xunta en Pontevedra, o conselleiro de Política Social visitou esta mañá o albergue xuvenil das Sinas en Vilanova, e aproveitou para renovar con alcalde da localidade, Gonzalo Durán, o convenio que une ambas entidade. A partir de mediados de xuño e ata mediados de setembro, uns 600 rapaces e rapazas pasarán por estas instalacións para gozar dos campamentos de verán. Un espazo que ademais de ter o seu uso durante a temporada estival, conta con actividade durante todo o ano, algo que queda garantido coa renovación deste acordo. Ante as preguntas da prensa, o alcalde e o conselleiro, reafirmaron tamén a intención de sacar adiante a o proxecto da ampliación do club de xubilados para convertelo nun centro social. Durán afirmou que xa contan co local para esta ampliación, e asegura que agardan comezar as obras.
HomeSalnés - CaldasOs alumnos do IES Faro das Lúas fomentan a convivencia no seu centro educativo Top of Page

Síguenos en facebook