09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Ribadumia encherase de bailaríns o vindeiro 30 de abril

Abr 21 Escrito por 
RIBADUMIA> A música e os bailes volverán a Ribadumia o vindeiro 30 de abril en Ribadumia. O IV Trofeo de Baile Deportivo de Ribadumia Btroula encherá vila de bailaríns e ritmos melódicos cun evento que a bo seguro será do agrado de todo aquel que acuda o Pavillón de A Senra na vila.
Tules, cristais de colores, plumas e paxariñas encheran de color Barrantes o vindeiro 30 de abril. De este domingo en oito días celebrarase na vila o IV Trofeo de Baile Deportivo de Ribadumia Btroula. Unha competición que será puntuable a nivel nacional e autonómico, tal e como explicaba esta mañá o alcalde de Ribadumia, David Castro. Dende as 10h da mañá e ata as 22h da noite de maneira continuada. Faranse catro competicións nunha soa, todas as competicións que se celebrarán o vindeiro 30 de abril están apoiadas pola Federación Española de Baile Deportivo. Ademais de este aspecto Breogán Pérez, responsable de Btroula, tamén explicou as partes nas que se dividirá a competición e o ámbito de clasificación de cada un. En Ribadumia elixirase o campión ou campioa galego de cada idade, polo que dende a organización animan a todos os amantes do baile a que acudan a Barrantes, concretamente ao Pavillón da Senra a ver este espectáculo onde se darán cita os mellores bailaríns da provincia, da comunidade e diferentes puntos de España e Portugal.
Etiquetado como Ribadumia    baile deportivo    Campionato Galego    Campioa España    Deporte   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Preséntase a sexta edición do Móstrate Salnés, unha iniciativa a prol do empoderamento das mulleres
    RIBADUMIA > Nova edición do simposio MÓSTRATE SALNÉS, unha iniciativa que pretende trasladar ás mulleres que queiran lanzar un proxecto casos concretos doutras mulleres exitosas. A cita está programada para o vindeiro xoves en Ribadumia. O simposio achegará unha serie de experiencias exitosas de empoderamento feminino a aquelas mulleres que estean pendanso en emprender. A través de seis casos concretos, as persoas que participen poderán coñece-las claves para construí-lo seu proxecto cuns cimentos fortes, tentando salvar tamén os atrancos que poden ir aparecendo polo camiño. Segundo explican dende a mancomunidade do Salnés, organizadora do evento, o Simposio serve tamén para tecer lazos entre emprendedoras, creando sinerxías entre proxectos. E todo para que as mulleres atopen noutros casos un apoio que lles permita da-lo paso e aventurarse nunha nova andaina empresarial. Como simposios anteriores, nesta sexta edición terán un protagonismo especial as mulleres da zona. Desta volta serán dúas veciñas de Ribadumia as que conten a súa experiencia, unha coomo creadora de tocados e outra como obradora de botellas de viño, entendidas como pezas de arte. Elas estarán acompañadas doutra emprendedora de Vilagarcía. A xornada complétase coa visita dunha muller de Castelló que creou unha empresa de mandís vintage e tamén dunha xornalista tinerfeña, que afondará na súa actividade especilizada na comunicación gastronómica. Ademais, a xornada contará cunha experiencia internacional: unha manager musical da Arxentina, que explicará a súa faceta laboral por todo o planeta. A cita, o vindeiro xoves, a partir das cinco da tarde no Auditorio de Ribadumia.
  • 800 alumnos participan no "Campo a través" de Pontevedra
    PONTEVEDRA > 800 alumnos de nove colexios de Pontevedra participaron esta mañá nun campionato de “Campo a través”. A iniciativa busca que os máis cativos gocen das actividades deportivas, ó tempo que entran en contacto coa natureza. A cita deportiva busca fomenta-los bos costumes deportivos entre os máis pequenos, potenciando a convivencia entre o alumnado dos nove centros da cidade que participaron na proba. Segundo explican dende a agrupación Deporte Base de Pontevedra, responsable da organización, outra das claves é concienciar, xa dende pequenos, que neste tipo de actividades o importante é participar. No campo a través participaron uns 800 nenos, repartidos por idades. Os benxamíns tiveron que correr uns 600 metros e os cadetes completaron un percorrido de 2 km-. Entre os corredores, moita diversión e, sobre todo, moito esforzo para poder completa-lo percorrido. Para os máis rápidos a recompensa en forma de medalla. Así e todo, o mellor premio para eles foi poder gozar dunha amena xornada de xogos, carreiras e novas amizades.
  • Peña responsabiliza á falta de xestión do tripartito do pago á Igrexa
    RIBADUMIA> O Partido Popular de Ribadumia responde á polémica aberta estes días en relación co tanatorio. A exalcaldesa Salomé Peña nega que o concello teña que indemnizar ao Arcebispado. Explica que os 50.000 euros a pagar responden ao incumprimento do convenio asinado no 2010 polo que o concello cedía á Igrexa unha parcela a cambio da ocupada polo tanatorio. Segundo Peña, o actual goberno non fixo ningunha xestión para renovar o convenio unha vez vencido o prazo, e evitar así o pagamento. Salomé Peña recoñece que o convenio asinado coa Igrexa no 2010 para conseguir os terreos para o tanatorio recollía dúas posibilidades: ben o concello cedía outra parcela de 2.000 metros cadrados ao Arcebispado na Carballeira de Barrantes, ben pagaban o prezo da parcela. A cesión non se materializou aínda polos retrasos na urbanización do terreo da Carballeira. Por iso, para o Partido Popular de Ribadumia, que o concello teña que aboar 50.000 euros ao Arcebispado polo terreo que ocupa o tanatorio é froito da mala xestión do executivo, por non buscar unha prórroga deste convenio que, ademais, asegura que coñecían, xa que foi aprobado en pleno. Ademais de defender a súa xestión no referente ao tanatorio, os populares tamén o fixeron co proxecto das Pousadas do Salnés. O edil Luis Serantes respondeu ás críticas da presidenta provincial, que cualificaba o plan de escandaloso e cheo de irregulariedades. Dende a formación reclamaron a concello de Ribadumia e Deputación que axilicen os trámites para a posta en funcionamento da Pousada do municipio, a única do proxecto que permanece pechada.
  • Máis de oitocentos corredores participarán na Carreira Mar de Boiro o 3 de decembro
  • Porto do Son acollerá o 17 de decembro a 6ª edición da Carreira Sin-Son
    PORTO DO SON> Todo listo en Porto do Son para acoller a sexta edición edición da Carreira Sin Son. Esta cita deportiva, que xa se converteu nun referente do atletismo galego, terá lugar o 17 de decembro con importantes novidades.
  • O Pombal será testemuña da Copa Deputación de Taekwondo este sábado
    CAMBADOS> Este sábado máis de cincocentos deportistas daranse cita no Complexo Deportivo do Pombal, en Cambados, para celebrar a Copa Deputación de Taekwondo.
HomeSalnés - CaldasRibadumia encherase de bailaríns o vindeiro 30 de abril Top of Page

Síguenos en facebook