• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Prohibido o cambio de sentido no cruce O Castro-Vilariño

Abr 21 Escrito por 
CAMBADOS> O concello de Cambados actúa para mellorar a seguridade viaria na avenida de Vilariño. En concreto, o goberno local vén de prohibir o cambio de sentido no cruce da rúa O Castro e o vial principal. Unha medida coa que buscan evitar os atascos en horas punta. O concello de Cambados vén de prohibir o cambio de sentido no cruce de O Castro con Vilariño. Dende hai uns días, os condutores que se incorporen á avenida e queiran dirixirse ao centro cambadés terán que dar a volta na rotonda. Segundo explicou José Ramón Abal, ese é un dos puntos negros da rede viaria cambadesa. Por iso, nas horas punta está previsto que axentes da policía local se despracen ata ese cruce para explicar os cambios aos condutores. Esta non é a única intervención na zona. Xa comezaron as obras para ampliar o cruce da PO-300 coa rúa Cruceiro; traballos que foron posibles grazas a un acordo coa propietaria do terreo, e que se realizan con cargo ao Plan Concellos 2016 da Deputación. As obras foron adxudicadas por 16 mil euros e teñen un prazo de execución de tres meses.
Etiquetado como Salnés    Cambados    vilarino    Seguridade viaria   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O Videa Cambados 2017 mesturará a paisaxe, o cinema e o viño
    CAMBADOS> Videa Cambados 2017... o encontro de cinema e viño, que terá lugar os días 2, 9, 16, 17, 22 e 30 de xuño, e tamén o 7 de xullo, percorrerá adegas e espazos singulares para ofrecer unha experiencia para os sentidos a través do cine, a música, a gastronomía, a paisaxe, a plástica e todo mesturado con viño.
  • Lita Cabellut inicia a súa xira polo Salnés en Vilanova
    VILANOVA> A artista española e coñecida a nivel internacional Lita Cabellut "desembarcou" en O Salnés. Esta mañá estivo no albergue de As Sinas onde se presentou o proxecto que prepararon centros escolares e asociacións de catro concellos da comarca durante as últimas semanas con motivo da Semana pola Educación artística que impulsa a Unesco e que este ano teñen a artista catalá como homenaxeada.
  • 9 dos 13 acusados recoñecerán os feitos no xuízo por narcotráfico contra "O Mulo"
    Pontevedra> Segunda xornada do xuízo oral conta a banda do Mulo. Hoxe suspendeuse o xuízo para que os letrados teñan tempo de analizar un novo documento que non coñecían. Trátase, supostamente, dunha carta escrita polo propio Mulo onde indica con nomes e apelidos a función que cada un dos acusados tiveron nesa operación onde se incautaron 3500 quilos de cocaína. Con esta proba 9 dos 13 acusados recoñecerán os feitos.
  • Arrincan as obras dos pantaláns de O Xufre
    ILLA> A Consellería do Mar inicia os traballos de construción dos pantaláns pesqueiros no porto de O Xufre, en A Illa de Arousa. A actuación conta cun orzamento de máis de 700 mil euros, e dará servizo a 300 embarcacións da terceira lista. Xa están en marcha os traballos de construción dos pantaláns para as embarcacións pesqueiras no peirao de O Xufre. Tralo traballo en fábrica, agora se están a instalar os módulos na zona. A actuación conta cun orzamento de 700 mil euros, e dará servizo a 300 embarcacións pesqueiras que se ordenarán en tres filas en pantaláns. Esta capacidade dá resposta á demanda actual de prazas, e permitirá cubrir necesidades futuras. Deste xeito, Portos de Galicia atende unha demanda da Confraría de A Illa de Arousa. O patrón amosouse satisfeito cos traballos, e pediu a colaboración dos mariñeiros ante as posibles molestias que poidan xerar as obras. Calcúlase que a obra quedará rematada nun prazo de tres meses.
  • Vilagarcía estrea liña directa de autobús dende o centro ao Hospital do Salnés
    VILAGARCÍA> Vilagarcía une o centro da vila co Hospital do Salnés cunha nova liña de autobús. O servizo empeza a funcionar mañá mesmo ás sete e media da mañá, cun autobús que sairá cada hora dende O Cavadelo. O convenio subscrito coa empresa Benito Abalo permitirá que o custo do traxecto sexa de 1.35 euros. A partires de mañá, unha liña directa de autobuses unirá o centro de Vilagarcía co Hospital do Salnés. O transporte arrincará ás 7.30 da mañá dende O Cavadelo, cun autobús cada hora ata a unha e media da tarde, un custo de 1.35 euros por traxecto. Esta liña nace do convenio asinado entre o concello, que achega 25 mil euros, e a empresa Benito Abalo. O traxecto ata o Hospital do Salnés non entra no bono Vaibús, que o goberno local negociou con Pereira. Así as cousas, a recente compra desta última por parte de Benito Abalo facilitaría avanzar no servizo. Actualmente, o concello e a empresa tamén están a xestionar ante a Xunta de Galicia a posibilidade de estender o servizo de transporte ao Hospital do Salnés ao horario de tarde.
  • Os deputados populares culpan á Deputación da rotura do tripartito de Sanxenxo
    PONTEVEDRA> A rotura do goberno tripartito de Sanxenxo continúa de actualidade. Esta mañá pronunciáronse dende o Partido Popular Provincial, que non dubidan en sinalar á Deputación como responsables desta crise. Para o PP, as risas, os insultos e, aseguraron, a prepotencia do bipartito provocaron a fin do acordo de goberno. Os deputados populares non dubidan en sinalar ao goberno da Deputación de Pontevedra como o responsable da rotura do tripartito de Sanxenxo. Arévalo respaldou a postura de Gonzalo Pita sobre a obra da avenida Luís Rocafort; proxecto que foi o detonante dos desencontros entre os socios de goberno. Pola contra, acusou ao bipartito de rirse e insultar ao aínda rexedor de Sanxenxo. Os deputados aseguraron que Pita solicitara unha reunión na Deputación que non se atendeu. Descartan que a rotura viñera dada polo desacordo na construción de 19 prazas de aparcadoiro na avenida Luis Rocafort. Tamén esixiron ao goberno provincial que deixe de buscar responsable no Partido Popular, e que atenda a unha provincia que, aseguraron, está descontenta e decepcionada.
HomeSalnés - CaldasProhibido o cambio de sentido no cruce O Castro-Vilariño Top of Page

Síguenos en facebook