• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Unha andaina solidaria para unir Vilanova co Sáhara

Abr 21 Escrito por 
VILANOVA> A asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui traballa a contrarreloxo para conseguir os fondos que lles permitan sufragar os billetes de avión para manter o seu programa "Vacacións en Paz". Con este obxectivo, o domingo preparan unha andaina solidaria que percorrerá diferentes puntos de Vilanova. Os veciños de O Salnés teñen este domingo unha cita coa solidaridade. A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui está a organizar unha andaina para recadar os fondos que lles permitan manter en marcha o seu programa "Vacacións en Paz". A saída será ás 10 da mañá da praza do concello, cun trazado de 13 quilómetros apto para todos os públicos. O ano pasado, conseguiron convocar ao redor de 300 persoas; cifra que agardan mellorar nesta edición. O custo da inscrición é de 5 euros e poderá formalizarse por adiantado ou o mesmo día da andaina. Os cartos destinaranse ao pago dos billetes de avión que hai que aboar antes do 30 deste mes. A parte da andaina, Sogaps prepara un festival que se celebrará no Pavillón de Vilanova o propio día 30.
Etiquetado como Salnés    Vilanova    sogaps    vacacions en paz    Pobo Saharaui   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Lita Cabellut inicia a súa xira polo Salnés en Vilanova
    VILANOVA> A artista española e coñecida a nivel internacional Lita Cabellut "desembarcou" en O Salnés. Esta mañá estivo no albergue de As Sinas onde se presentou o proxecto que prepararon centros escolares e asociacións de catro concellos da comarca durante as últimas semanas con motivo da Semana pola Educación artística que impulsa a Unesco e que este ano teñen a artista catalá como homenaxeada.
  • 9 dos 13 acusados recoñecerán os feitos no xuízo por narcotráfico contra "O Mulo"
    Pontevedra> Segunda xornada do xuízo oral conta a banda do Mulo. Hoxe suspendeuse o xuízo para que os letrados teñan tempo de analizar un novo documento que non coñecían. Trátase, supostamente, dunha carta escrita polo propio Mulo onde indica con nomes e apelidos a función que cada un dos acusados tiveron nesa operación onde se incautaron 3500 quilos de cocaína. Con esta proba 9 dos 13 acusados recoñecerán os feitos.
  • Arrincan as obras dos pantaláns de O Xufre
    ILLA> A Consellería do Mar inicia os traballos de construción dos pantaláns pesqueiros no porto de O Xufre, en A Illa de Arousa. A actuación conta cun orzamento de máis de 700 mil euros, e dará servizo a 300 embarcacións da terceira lista. Xa están en marcha os traballos de construción dos pantaláns para as embarcacións pesqueiras no peirao de O Xufre. Tralo traballo en fábrica, agora se están a instalar os módulos na zona. A actuación conta cun orzamento de 700 mil euros, e dará servizo a 300 embarcacións pesqueiras que se ordenarán en tres filas en pantaláns. Esta capacidade dá resposta á demanda actual de prazas, e permitirá cubrir necesidades futuras. Deste xeito, Portos de Galicia atende unha demanda da Confraría de A Illa de Arousa. O patrón amosouse satisfeito cos traballos, e pediu a colaboración dos mariñeiros ante as posibles molestias que poidan xerar as obras. Calcúlase que a obra quedará rematada nun prazo de tres meses.
  • Vilagarcía estrea liña directa de autobús dende o centro ao Hospital do Salnés
    VILAGARCÍA> Vilagarcía une o centro da vila co Hospital do Salnés cunha nova liña de autobús. O servizo empeza a funcionar mañá mesmo ás sete e media da mañá, cun autobús que sairá cada hora dende O Cavadelo. O convenio subscrito coa empresa Benito Abalo permitirá que o custo do traxecto sexa de 1.35 euros. A partires de mañá, unha liña directa de autobuses unirá o centro de Vilagarcía co Hospital do Salnés. O transporte arrincará ás 7.30 da mañá dende O Cavadelo, cun autobús cada hora ata a unha e media da tarde, un custo de 1.35 euros por traxecto. Esta liña nace do convenio asinado entre o concello, que achega 25 mil euros, e a empresa Benito Abalo. O traxecto ata o Hospital do Salnés non entra no bono Vaibús, que o goberno local negociou con Pereira. Así as cousas, a recente compra desta última por parte de Benito Abalo facilitaría avanzar no servizo. Actualmente, o concello e a empresa tamén están a xestionar ante a Xunta de Galicia a posibilidade de estender o servizo de transporte ao Hospital do Salnés ao horario de tarde.
  • Os deputados populares culpan á Deputación da rotura do tripartito de Sanxenxo
    PONTEVEDRA> A rotura do goberno tripartito de Sanxenxo continúa de actualidade. Esta mañá pronunciáronse dende o Partido Popular Provincial, que non dubidan en sinalar á Deputación como responsables desta crise. Para o PP, as risas, os insultos e, aseguraron, a prepotencia do bipartito provocaron a fin do acordo de goberno. Os deputados populares non dubidan en sinalar ao goberno da Deputación de Pontevedra como o responsable da rotura do tripartito de Sanxenxo. Arévalo respaldou a postura de Gonzalo Pita sobre a obra da avenida Luís Rocafort; proxecto que foi o detonante dos desencontros entre os socios de goberno. Pola contra, acusou ao bipartito de rirse e insultar ao aínda rexedor de Sanxenxo. Os deputados aseguraron que Pita solicitara unha reunión na Deputación que non se atendeu. Descartan que a rotura viñera dada polo desacordo na construción de 19 prazas de aparcadoiro na avenida Luis Rocafort. Tamén esixiron ao goberno provincial que deixe de buscar responsable no Partido Popular, e que atenda a unha provincia que, aseguraron, está descontenta e decepcionada.
  • Vilaxoán bautiza a súa nova traíña, a "Virxe do Carme"
    VILAGARCÍA> O Club de Remo Vilaxoán conta dende o pasado venres cunha nova traíña. Durante un concorrido acto, os padexeiros botaron a nova embarcación, bautizada como Virxe do Carme. O Club de Remo Vilaxoán converteu a botadura da súa nova traíña nunha festa para todos os veciños. A embarcación leva por nome o da patroa do pobo, Virxe do Carme, e supuxo un investimento próximo aos 36.000 euros. Dende que Rogelio Tarrío tomou a presidencia do club hai tres anos, potenciar a base é un dos seux obxectivos. Unha meta que están a conseguir, como se demostrou no Campionato de España de bateis celebrado hai un mes. Todos os asistentes, veciños e autoridades, só tiveron loubanzas para o traballo dun club que Vilaxoán sente como propio. Tamén para os valores que representa o deporte do remo: sacrificio, constancia, compañeirismo, perseveracia e competitividade limpa. O acto rematou co bautismo de mar de "Virxe do Carme", que se introduciu nas augas da praia de O Preguntoiro acompañada polo Salve Mariñeiro e o Tres cousas ten Vilaxoán, interpretadas pola Coral de Vilaxoán.
HomeSalnés - CaldasUnha andaina solidaria para unir Vilanova co Sáhara Top of Page

Síguenos en facebook