• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Ravella corta a conexión aos servizos municipais do circo por carecer de licenza

Abr 25 Escrito por 
VILAGARCIA> O circo "Vienna Roller" parece que finalmente non ofrecerá o seu espectáculo tal e como tiña previsto para este xoves. O concello de Vilagarcía ordenou o corte da conexión aos servizos municipais por carecer de licenza municipal de actividade.
O circo Vienna Roller pretendía establecerse nun solar da Escardia, a pesar da negativa do concello da vila que se declarou cidade libre de espectáculos con animais no 2015. Unha negativa que este martes o responsable do circo admitía, pero que ao mesmo tempo afirmaba que tan só unha orde xudicial frearía a súa actividade en Vilagarcía. Ante estas intencións de continuar coa actividade a pesar da negativa do concello, dende Ravella decidiron cortar a conexión ao servizos municipais por carecer de licenza. O espectáculo de este circo conta con crocodilos e serpes nalgúns dos seus números, unha situación que propiciou a negativa do concello, que onte bloqueaba a entrada ao solar onde se están a instalar os membros do circo cun camión municipal. A pasada semana en Sanxenxo sucedeu unha situación similar, aínda que o asesor xurídico do concello indicou que o circo tiña dereito a traballar.
¡
Etiquetado como Concello de Vilagarcía    Circo    Polémica    licenza   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Martes, 25 Abril 2017 18:25

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Vox Ánima denuncia a agresión a un voluntario do colectivo animalista
    RIBEIRA> Un voluntario da asociación animalista Vox Ánima sufriu unha agresión cando viña de repartir material informativo nun colexio. Denuncia que os ocupantes dun vehículo lle tiraron unha botella con lixivia que impactou sobre el e o seu can.
  • O BNG de Ribeira solicita a prohibición de espectáculos con animais
    A inminente chegada do circo Viena a Ribeira tralos conflitos xurdidos no resto da comarca tampouco estará exenta de polémica. Dende o BNG veñen de presentar unha iniciativa para declarar ó concello, vila libra de circos e feiras con animais.
  • López recoñece que a saída de Bueno e Alvés e a solución "máis lóxica"
    VILAGARCÍA> A expulsión de Ramón Bueno e Miguel Alves de Esquerda Unida está dando moito que falar en Vilagarcía estes días. O voceiro do Grupo Municipal Suso López afirma que é unha decisión que se tiña que tomar de maneira formal. O voceiro sinala que a lentitude deste proceso debeuse en parte ao feito de aplicar os estatutos da formación. As malas relacións existentes no núcleo de Esquerda Unida en Vilagarcía continúa a dar que falar. A recente expulsión de Miguel Alves e Ramón Bueno da formación, é para o voceiro de Esquerda Unida na vila, Suso López, a decisión máis lóxica tendo en conta a situación de ruptura do Grupo Municipal. Para López na práctica esta situación non debería afectar o traballo do partido. O feito de que Alves non entregue a súa acta como concelleiro, segundo López, non vai a afectar ao rendemento do Grupo Municipal de Esquerda Unida, xa que para o voceiro, dende xuño do ano pasado xa estaba funcionando como concelleiro non adscrito. López asegura que as organizacións están por riba das persoas, e pide a afiliación unha maior implicación para continuar traballando polo proxecto de Esquerda Unida.
  • O concello de Rianxo pon atrancos á instalación do circo Vienna Roller
    RIANXO> Na localidade existe un acordo plenario para declarar ó municipio libre de espectáculos e circos que inclúen animais nas súas funcións. Estas imaxes poderían volver a producirse…o circo Vienna Roller ten programadas varias actuacións dende mañá ata o domingo en Rianxo. A pesar dos esforzos realizados dende o Concello, onde hai uns anos se aprobou por unanimidade de tódolos grupos unha moción na que se declara ó municipio libre de espectáculos e circos que inclúen animais nas súas funcións, pouco se poderá facer para impedir que poida desenvolver a súa actividade, ó instalarse nun espazo privado no polígono de Té. O rexedor rianxeiro vai máis alá ó sinalar que debera existir unha normativa xeral de carácter autonómico que regule este tipo de espectáculos ou que os propios donos dos circos reformulen as actividades con animais.
  • Gonzalo Pita non está de acordo con que a Xunta de Compensación de Nantes pida unha indemnización
    SANXENXO> O polígono de Nantes continúa a dar que falar. A semana pasada era o Consellor Rector o que expresaba a súa intención de pedir unha indemnización, este xoves, Gonzalo Pita e o seu executivo comparecían para admitir que o polígono ten posibilidades de desenrolo polo que non cabe a posibilidade de pedir unha indemnización.
  • 26 mulleres en risco formaranse en inserción social e laboral ata decembro
    VILAGARCIA> O Programa Clara desembarca en Vilagarcía para promover a inserción social e laboral de mulleres que se atopan en situación de vulnerabilidade. Este xoves na súa primeira clase, puidemos comprobar como todas as participantes deron conta de todo o que lles gustaría conseguir ao rematar o curso.
HomeSalnés - CaldasRavella corta a conexión aos servizos municipais do circo por carecer de licenza Top of Page

Síguenos en facebook