• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Arquivada definitivamente a causa xudicial contra o alcalde de Caldas

Mai 03 Escrito por 
CALDAS> A Audiencia Provincial de Pontevedra arquiva de maneira definitiva a causa xudicial contra o alcalde de Caldas de Reis. Este mércores achegámonos ata o concello para coñecer de primeira man como recibiu o rexedor esta noticia.
Arquivado definitivamente a causa xudicial por malversación de fondos contra o alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, unha noticia que o alcalde caldense recibiu con tranquilidade. Rey ten palabras de agradecemento a todos os seus achegados, veciños e compañeiros de partido. Nun auto emitido o 21 de abril, o organismo xudicial desestima o recurso de apelación que o Fiscal presentara ao dictame do Xulgado de Caldas, que declaraba que se arquivara a causa. Segundo a Audiencia Provincial "nada indica" que o rexedor indicara ao rexedor accidental "a orde de pago dunha multa coercitiva de 600 euros con cargo as arcas públicas". TOTAL O alcalde de Caldas presentouse as urnas no 2015 tras recibir a autorización do seu partido e gañou a alcaldía por maioría absoluta.
Etiquetado como Caldas    juan manuel rey    audiencia provincial    arquivo   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Mércores, 03 Mai 2017 19:24

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O concello de Caldas cederá un local ás mulleres embarazadas
    CALDAS> Insalubres e tercermundistas, así definen as mulleres embarazadas de Caldas de Reis, as instalacións nas que reciben o servizo da matrona. Levan anos sendo atendidas na antiga escola taller, ante a falta de solucións por parte do Serga. Esta mañá esixiron unha reunión urxente coa Consellería, contando co apoio do alcalde da localidade . É a descrición de só algunha das situación que padecen a diario as mulleres embarazadas de Caldas de Reis cando asisten ó servizo de matrona, desde hai anos ubicado na antiga escola taller. O deterioro do espazo é evidente nada máis entrar. Levan nove anos denunciando as pésimas condición nas que se atopa o local, e que segundo nos explicou esta mañá unha representante das mulleres, poden chegar a causar graves problemas ás pacientes. A esta situación, únese a falta de matrona titular en Caldas de Reis. As mulleres compareceron esta mañá acompañadas polo alcalde da vila, Juan Manuel Rey ,que se comprometeu a ceder desde este momento, como solución provisional, unha sala do centro comarcal da Tafona, con mellores condicións de salubridade. A través do alcalde, as mulleres solicitarán unha reunión de urxencia con responsables do Sergas. O acto rematou coa sinatura do propio alcalde apoiando a causa. De momento levan recollidas 2.140 firmas por “un embarazo digno” que entregarán no consistorio. Aínda que a elas lles quedan poucos días como embarazadas, aseguran que seguirán loitando polos dereitos das mulleres que veñan detrás.
  • Os festivos locais a consulta popular en Cuntis
    CUNTIS> O concello de Cuntis volve dar mostra da súa cultura democrática facendo partícipes ós seus veciños das decisións que se toman no consistorio. Nesta ocasión o motivo da consulta popular que se está a realizar, desde onte e ata o xoves. son os festivos locais. E como é habitual con este tipo de cuestións, aquí, tampouco hai consenso . Son algunhas das datas que se inclúen na papeleta coa que desde onte os veciños de Cuntis poden participar na Consulta Popular sobre os festivos locais para o 2018. E como ven, preguntando ós veciños do concello, non atopamos consenso. Na papeleta hai tres opcións, máis unha libre na que os cidadáns poden poñer outra preferencia. A votación comezou onte, e os veciños teñen ata o xoves a mediodía, para expresar a súa preferencia nas urnas ubicadas no concello e na oficina de Turismo, ou ben facelo telemáticamente. Non era a primeira vez que empregan este tipo de sistema para tomar decisións, xa o fixeron, telematicamente, para elixir a imaxe da oficina de Turismo, así como cos orzamentos participativos, onde poden opinar os veciños. E eles, encantados de facelo . Aínda, que non todos o ven do mesmo xeito. Haberá que agardar ó xoves, cando pechen as urnas e se contabilice o resultado, para coñecer qué días descansarán o próximo ano estes veciños. Aínda que algúns, de momento, teñan as súas dúbidas sobre a noticia…
  • 5 anos de prisión por tentar matar a un home en Vilagarcía
    Pontevedra> O veciño de Vilagarcía de Arousa que sentou na bancada dos acusados por tentar matar a un home en abril do 2016 recoñeceu os feitos. Tras a confesión do procesado o fallo xudicial xa é firme cunha condena de 5 anos de prisión.
  • Prisión permanente revisable para o parricida de Moraña
    Pontevedra> Sentencia firme para o parricida de Moraña que asasinou brutalmente as súas dúas fillas. A maxistrada condenou, no momento e na propia sala, á pena de prisión permanente revisable a David Oubel. Trátase do primeiro español ao que se lle impón esta medida recollida na última reforma do Código Penal.
  • O PP esixe un novo céspede para o campo das Corticeiras de Caldas
    CALDAS> O PP provincial urxe ó concello de Caldas e á Deputación de Pontevedra que substitúan o céspede no campo de fútbol das Corticeiras, neste municipio. O terreo de xogo xa ten dez anos e presenta un estado de deterioro moi avanzado. O Partido Popular pediu esta mañá á Deputación de Pontevedra e ó concello de Caldas que se poñan dacordo, pero que algún dos dous asuma a substitución da herba sintética no campo de fútbol das Corticeiras. A voceira do grupo provincial, Nidia Arévalo, a deputada Luisa Piñeiro e o presidente local do partido, Jesús Goldar, reuníronse con varios membros da directovia do club de Caldas para escoitar as súas demandas. Pero tamén, para poñerse a disposición á hora de esixir un terreo de xogo de calidade. Jesús Goldar sinalou que o céspede deste campo de futbol non serve prácticamente para nada. Os populares recordaron que hai dez anos que a Deputación gobernada polo PP colocou herba artificial neste campo, precisamente a vida útil que se garante para un uso intensivo do terreo. como é o caso de Caldas. A Deputada Luisa Piñeiro sinalou que hai zonas do terreo de xogo afundidas. Desde o PP provincial sinalaron que reclamarán nunha nova ocasión compromisos do bipartito cos campos de futbol de toda a provincia incluido o de Caldas.
  • 9 dos 13 acusados recoñecerán os feitos no xuízo por narcotráfico contra "O Mulo"
    Pontevedra> Segunda xornada do xuízo oral conta a banda do Mulo. Hoxe suspendeuse o xuízo para que os letrados teñan tempo de analizar un novo documento que non coñecían. Trátase, supostamente, dunha carta escrita polo propio Mulo onde indica con nomes e apelidos a función que cada un dos acusados tiveron nesa operación onde se incautaron 3500 quilos de cocaína. Con esta proba 9 dos 13 acusados recoñecerán os feitos.
HomeSalnés - CaldasArquivada definitivamente a causa xudicial contra o alcalde de Caldas Top of Page

Síguenos en facebook