• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O BNG denunciará no Parlamento o desmantelamento do Servizo de Vixilancia Aduaneira

Mai 03 Escrito por 
VILAGARCIA> O BNG e a CIG alertaron este mércores do progresivo desmantelamento, que segundo a súa opinión, está a sufrir o Servizo de Vixilancia Aduaneira en Galicia. Ambas formacións coinciden ao afirmar que o Estado está a eliminar medios na comunidade galega en beneficio de outras zonas como o Levante ou o Estreito.
Menos medios aéreos, náuticos e profesionais cunha idade media elevada para realizar labores de vixilancia, esa é a radiografía que fan dende a CIG do actual Servizo de Vixilancia Aduaneira de Galicia. Unha situación pola que membros do sindicato e do BNG consideran que este servizo está a sufrir un desmantelamento progresivo en favor de outras zonas como Levante ou o Estreito. A esta situación súmase outra a ter en conta, un número importante de profesionais de este servizo atópanse cunha idade media que oscila entre os 57 e os 61 anos. Unha situación para ambas formacións moi grave, e pola que dende as filas nacionalistas levarán ao Pleno do Parlamento de Galicia unha proposición non de lei para o seu debate, relativas as medidas que se deberían tomar para evitar que esta situación empeore. Dende o BNG tamén pedirán unha Oferta Pública de Emprego e exporán unha dúbida relativa a si dende a Xunta teñen coñecemento da intención do Goberno de eliminar o único helicóptero dedicado a estas labores en Galicia.
Etiquetado como Bng    Parlamento Galego    Narcotráfico   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Mércores, 03 Mai 2017 19:34

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeSalnés - CaldasO BNG denunciará no Parlamento o desmantelamento do Servizo de Vixilancia Aduaneira Top of Page

Síguenos en facebook