09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Asistimos á primeira recollida do composteiro comunitario de Barro

Mai 04 Escrito por 
BARRO> A deputada provincial, Eva Villaverde, acompañou esta mañá ó alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, a realizar a primeira entrega do composteiro comunitario do concello. Desde que comezou a funcionar, en setembro pasado, leva tratadas oito toneladas de residuos. O composteiro comunitario de Barro leva en funcionamento desde comezos de setembro pasado. E hoxe tivo lugar o último proceso desta primeira quenda, o cribado do compós e a primeira entrega, tanto ós veciños que pariticparon depositando a súa materia orgánica, como á Escola Infantil do municipio. Nesta primeira criba, foron testemuña tanto o alcalde, como a Deputada Provincial Eva Villaverde, que puxo en valor o plan Revitaliza da Deputación que está a levar este tipo de transformación de residuos ós concellos pontevedreses. Desde que comezou a funcionar en setembro, o composteiro comunitario leva tratadas oito toneladas de residuos. Xosé Manuel Fernández Abraldes. suliñou que o o compromiso do concello de Barro con este sistema de tratamento dos residuos orgánicos continuará adiante, por diversos motivos . Ó contrario que está a acontecer noutros concellos, en Barro os veciños, segundo afirma o alcalde, están recibindo estes composteiros comunitarios de forma moi positiva. O rexidor animou a que co tempo as casas do rural do municipio opten tamén pola instalación de composteiros particulares.
Etiquetado como Salnés    Barro    Alcalde    eva villaverde    composteiro comunitario    compostaxe    xose manuel fernandez abraldes   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Preséntase a sexta edición do Móstrate Salnés, unha iniciativa a prol do empoderamento das mulleres
    RIBADUMIA > Nova edición do simposio MÓSTRATE SALNÉS, unha iniciativa que pretende trasladar ás mulleres que queiran lanzar un proxecto casos concretos doutras mulleres exitosas. A cita está programada para o vindeiro xoves en Ribadumia. O simposio achegará unha serie de experiencias exitosas de empoderamento feminino a aquelas mulleres que estean pendanso en emprender. A través de seis casos concretos, as persoas que participen poderán coñece-las claves para construí-lo seu proxecto cuns cimentos fortes, tentando salvar tamén os atrancos que poden ir aparecendo polo camiño. Segundo explican dende a mancomunidade do Salnés, organizadora do evento, o Simposio serve tamén para tecer lazos entre emprendedoras, creando sinerxías entre proxectos. E todo para que as mulleres atopen noutros casos un apoio que lles permita da-lo paso e aventurarse nunha nova andaina empresarial. Como simposios anteriores, nesta sexta edición terán un protagonismo especial as mulleres da zona. Desta volta serán dúas veciñas de Ribadumia as que conten a súa experiencia, unha coomo creadora de tocados e outra como obradora de botellas de viño, entendidas como pezas de arte. Elas estarán acompañadas doutra emprendedora de Vilagarcía. A xornada complétase coa visita dunha muller de Castelló que creou unha empresa de mandís vintage e tamén dunha xornalista tinerfeña, que afondará na súa actividade especilizada na comunicación gastronómica. Ademais, a xornada contará cunha experiencia internacional: unha manager musical da Arxentina, que explicará a súa faceta laboral por todo o planeta. A cita, o vindeiro xoves, a partir das cinco da tarde no Auditorio de Ribadumia.
  • Sobe lixeiramente o paro na provincia de Pontevedra
    VILAGARCÍA > Novembro pecha cunha suba xeralizada do paro. Na provincia de Pontevedra o número de demandantes de emprego incrementouse neste mes nalgo máis de 170 persoas. Ante estes datos, na rúa, a xente agarda que a campaña de Nadal permita recuperar lixeiramente o emprego, nunha campaña marcada pola temporalidade dos contratos. O mes de novembro pecha con datos negativos para o desemprego. Na provincia de Pontevedra o número de persoas que buscan traballo e non o atopan sitúase nos 74.475: son 174 persoas máis que un mes antes, ou o que é o mesmo: un 0,47% máis que no mes de outubro. Visto doutro xeito, os datos coñecidos hoxe son positivos, pero en relación co mes de novembro do ano 2016. Nesta comparativa interanual, o paro descendeu na provincia de Pontevedra algo mais dun 8%. Sexa como for, a ría de Arousa segue a estar entre as zonas máis prexudicadas. Dende o mes de setembro sumáronse ás listas do paro no Barbanza 567 persoas e no Salnés 1.792 parados en só tres meses. Na rúa, este lixeiro ascenso do desemprego con respecto ó mes de outubro non sorprende. A maioría dos enquisados tamén agoiran un incremento da contratación de cara ó Nadal, unha época de moito consumo, caracterizada tamén pola temporalidade dos contratos.
  • Somos asistirá á reunión de mañá e apela ao diálogo
    CAMBADOS> Somos Cambados si asistirá á reunión convocada para mañá para revisar o pacto de goberno. Tralo anuncio do edil de Cambados Pode de que non vai participar no encontro, a formación de Somos volveu facer un chamamento ao diálogo. Pediron lealdade ao acordo, e apostan pola continuidade do cuatripartito. Somos Cambados participará mañá na reunión que continuará a revisión do pacto de goberno. A formación volveu facer un chamamento ao diálogo. Se a situación non muda, quen non asistirá será o edil de Cambados Pode. Unha ausencia que non entenden dende Somos que, aseguran, non tomarán ningunha decisión á marxe dos compañeiros de goberno. Segundo José Ramón Abal, a falta de garantías para evitar un uso que considera partidista da portavocía do goberno, que exerce Xurxo Charlín, é un dos principais problemas do funcionamento do cuatripartito. Unha cuestión menor para Somos Cambados. Por iso dende Somos ven nesta nova crise intentos de desestabilizar o goberno cambadés. Cordal tamén fixo un chamamento aos seus socios para que continúen apostando polo goberno de cambio co que se comprometeron no 2015.
  • A Policía Local non dispón de informe algún sobre o incidente da placa de Rei Ballesteros
    POBRA> Esta foi a resposta emitida por este corpo a raíz da solicitude do BNG dun informe oficial ó respecto. En resposta ó escrito presentado hai uns días no Concello, no que o BNG solicitaba o informe oficial por parte dos axentes de garda ese día, dende a Policía Local indícase que non se recolleu ningún incidente relacionado coa retirada da placa. Para os nacionalistas este feito non deixa de ser chamativo, acusándoo a este corpo de actuar con escurantismo en favor dos intereses do equipo de goberno. Por esta razón o BNG volve a pedir explicacións por parte da Policía Local e tamén o alcalde sobre todo o acontecido, ó existir indicios evidentes de que así foi.
  • O consello da Xunta dá luz verde á ampliación de Jealsa-Rianxeira
    BOIRO> A firma ten intención de investir uns 20 millóns de euros na construción de dúas novas naves, o que permitirá a creación duns douscentos postos de traballo. A aprobación por parte do Consello da Xunta de Galicia do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de ampliación das instalacións de Jealsa Rianxeira permitiralle á empresa poder desenvolver a ordenación do espazo contiguo ás actuais instalacións ubicadas no lugar do Bodión. As previsións da conserveira pasan fundamentalmente pola construción de dúas novas naves. Na ampliación a empresa ten previsto investir uns 20 millóns de euros que suporán a creación de 200 postos de traballo. Un feito destacado polo presidente do Goberno Autonómico, Alberto Núñez Feijoo. Segundo el posta en marcha deste proxecto volve a mostrar o compromiso da Xunta tanto co tecido industrial galego, apoiando ós empresarios que precisan expandir os seus negocios na Comunidade, como coas iniciativas que apostan pola mellora da empregabilidade en Galicia.
  • A familia de Yanin Búa prepara o seu segundo memorial solidario
    CALDAS> Caldas repite homenaxe solidaria a unha das súas veciñas. O concello vén de colaborar coa familia de Yanin Búa para poñer en marcha por segundo ano o seu memorial, que buscan converter nun recordo e nun acto para recadar fondos que permitan loitar contra a enfermidade. De feito, todo o recadado destinarase á Asociación Española Contra o Cancro de Pontevedra. A familia de Yanin Búa mantén a aposta de converter a súa memoria nunha loita contra a enfermidade. Este ano repetirán o memorial que celebraron o ano pasado por primeira vez, converténdoo nunha cita cunha ampla programación para atraer a todos os caldenses. A marcha solidaria pola ruta da Fábrica da Luz será unha das actividades estrela. A inscrición ten un custo de dous euros, e a día de hoxe xa hai máis de 100 persoas inscritas. A organización tamén vende camisetas por seis euros. Todo o recadado destinarase á Asociación Española contra o Cancro de Pontevedra. Na actualidade xa roldan as 400 camisetas vendidas. Agardan que a cita deste ano supere a excelente acollida que xa tivo o memorial do ano pasado, co obxectivo de que a loita da caldense Yanin Búa non caia no esquecemento e axude a outras moitas persoas neste camiño.
HomeSalnés - CaldasAsistimos á primeira recollida do composteiro comunitario de Barro Top of Page

Síguenos en facebook