• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Ravella remitirá toda a documentación do Pxom a vindeira semana

Mai 04 Escrito por 
VILAGARCÍA> O PXOM de Vilagarcía avanza a bo ritmo. Isto é o que manifestou o alcalde da vila Alberto Varela, despois de manter unha reunión cos grupos da oposición, na que se presentou o contido da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal. A este encontro entre goberno e oposición sumáronse membros do equipo redactor do planeamento urbanístico pertencentes a Etipsa e técnicos do concello.
A aprobación do Pxom de Vilagarcía, está máis cerca. Este xoves membros dos grupos da oposición reuníronse no concello co Alcalde Aberto Varela e a edil de Urbanismo, Paola María. O motivo non era outro que presentar o contido da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal, na que estiveron presentes redactores de Etipsa, empresa encargada da redacción do mesmo, e técnicos municipais. Varela sinalou en rolda de prensa posterior ao encontro, que todos os grupos se mostran dispostos a traballar a prol do documento urbanístico. O plan de Ordenación Municipal no que se está a traballar estaría vixente ata o 2035, e establecería unha cidade sen centros comerciais, unha reordenación do chan dedicado a uso residencial e empresarial, e tamén contemplaría a ampliación do polígono do Pousadoiro. Pero isto non é todo, o concello deberá aumentar en 300.000 metros cadrados a súa superficie de zonas verdes. Non será ata a vindeira semana cando o concello envíe toda a documentación necesaria a Xunta de Galicia para dar un paso máis no proceso de aprobación do PXOM vilagarcián, que ademais suporá un crecemento global de máis de 9.500 novas vivendas no municipio.
Etiquetado como PXOM    Vilagarcía    Alberto Varela   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • José Luis Villanueva toma posesión como Patrón Maior de Carril
    VILAGARCÍA> José Luis Villanueva xa é oficialmente patrón maior da confraría de Carril. Este mediodía, Villanueva tomaba posesión e recuperaba a dirección do pósito carrilexo. Como tarefas por diante, o parquista marca dúas principais na axenda: revisar a situación da confraría e a organización da Festa da Ameixa de Carril, envolta de polémica polos desencontros co concello. Ao redor da 1 e media do mediodía, José Luis Villanueva recuperaba o seu posto como patrón maior da confraría de Carril. Este venres tomaba posesión nas oficinas do pósito, iniciando de xeito oficial un mandato que comezará revisando a situación da confraría. Villanueva volveu lamentar que moitos dos proxectos pendentes teñan que agardar ao ano que vén para poder saír adiante por mor dos retrasos nos prazos. Gabou tamén o equipo que o acompañará neste novo mandato, despois de que a cascada de dimisións no mes de marzo forzara o seu cese como patrón. Agora ten por diante outro reto: a organización da Festa da Ameixa de Carril, envolta en polémica polos desencontros da confraría co concello de Vilagarcía pola súa coincidencia en datas co Festival das Revenidas e o Combate Naval. A intención da confraría é seguir adiante coa cita, que ademais este ano cumpre un cuarto de século de existencia. A pesares dos desencontros, o patrón volverá tender a man ao concello. Villanueva recordou que o obxectivo da festa é dar a coñecer a ameixa de Carril aos visitantes. Algo que perde sentido se se celebra despois da tempada alta do turismo en Vilagarcía.
  • Tres coles vilagarciáns premiados polo programa Igualdade na Escola
    VILAGARCIA> O Salón Nobre do concello de Vilagarcía acolleu esta mañá a entrega de Premios pola Igualdade na Escola que o consistorio entrega a aqueles centros que traballan en prol da mesma. Nesta ocasión os premiados cun cheque de cincocentos euros cada un, foron os centros de Arealonga, Rubiáns e a unitaria de Aralde.
  • Os comuneiros do Salnés preocupados ante o que podería ser un verán negro para os montes
    VILAGARCIA> Preocupación entre os comuneiros do Salnés ante o que podería ser un verán negro nos montes da comarca. As altas temperaturas, a escasa humidade, o exceso de maleza e o retraso das axudas, poderían rematar cun panorama similar, afirman, ó inferno do 2006. A estas horas están reunidos para decidir os pasos a seguir para evitalo. É mirar a situación na que se atopa o monte, e pensar nos peores presaxios para este verán . Os comuneiros do Salnés cualifican de moi preocupante a situacións dos montes de cara a este verán que comeza. A ausencia de precipitacións e a intensa calor, unidos ó descoido que padece a masa forestal, fan que os comuneiros teñan os peores vaticinios. Un presaxio que xa se confirmaba na tarde de onte co primeiro incendio da tempada, en Catoira. Os montes están sen limpar, e a humidade é baixísima para a época do ano, se a isto lle sumamos os retrasos nas axudas para limpeza de Xunta de Galicia, o presidente da Comunidade de Rubiáns, e da Mancomunidade de Vilagarcía, asegura que a situación é desesperada. O principal problema é que estas axudas se tramitan moi tarde, e moitas veces, non chegan a tempo, ou directamente, non chegan. Ante esta situación, representantes das comunidades de montes de Rubiáns, Cea, Trabanca Badiña, Trabanca Sardiñeira, Sobrán-Vilaxoán, Guillán y Fontecarmoa, están reunidos a estas horas da noite, para decidir as accións a levar a cabo en caso de que non cheguen as axudas. Unas decisión das que lles daremos conta neste informativo.

  • Os venezolanos das Rías Baixas recollen firmas contra o réxime de Maduro en Vilagarcía
    A Asociación de Venezolanos Rías Baixas celebrou esta mañá en Vilagarcía unha recollida de firmas para esixir o cese da violencia no seu país e pedindo ás autoridades españolas e europeas que repudien o réxime de Nicolás Maduro. A de hoxe na capital arousá foi a primeira das xornadas dun movemento a nivel mundial . l Son as bagoas de impotencia. Bagoas de Venezolanos residentes nas Rías Baixas, pero que por moita distancia que haxa non esquecen o que está a acontecer no seu país de orixe. Baixo o lema,. “Venezuela somos todos”, a asociación de Venezolanos residentes na comarca instalaron hoxe na Praza de Galicia de Vilagarcía unha carpa desde as dez da mañá ás dez da noite, co obxectivo de dar a coñecer a situación dos seus compatriotas e solicitar a colaboración cidadá en dous aspectos: a recollida de medicamentos para poder enviar, e tamén, de sinaturas para que a Corte Penal Internacional da Haya investigue os crimes cometidos en Venezuela. Para escenificar a situación que se está a vivir no seu país, a chan da praza de Galicia, converteuse nun cemiterio. E é que eles, con familiares e amigos no país, saben de primeira man como é a situación Hoxe é o primeiro día, a nivel mundial d esta recollida de firmas. Os días 1 e 2 de xullo faráse conxuntamente en tódolos países implicados, desde a Patagonia ata Canadá. Aquí en Galicia, terán a oportunidade de deixar a súa sinatura de apoio, ou doar medicamentos, aquí de novo en Vilagarcía, pero tamén en tódalas cidades galegas.
  • Reclaman máis medios para a loita contra a violencia machista
    VILAGARCÍA> Colectivos feministas de Vilagarcía esixiron esta mañá dende a praza de Ravella máis fondos para a loita contra a violencia de xénero. Asociacións do municipio secundaron a concentración convocada a nivel nacional, a semana na que se aprobarán os orzamentos do Estado. O que piden é aumentar a 120 millóns de euros a asignación orzamentaria. Pasar das palabras aos feitos. Este cambio foi o que escenificaron este mediodía varios colectivos feministas dende a praza de Ravella. Denuncian que o Estado non destina os fondos suficientes á loita contra a violencia machista, a semana na que se van aprobar os Orzamentos Xerais do Estado para o 2017. No proxecto só se asingan 31 millóns de euros a esta partida, menos dun 1% do total das contas, dando un portazo ao pacto de Estado do 7 de novembro de 2015. Unha vez máis, os ámbitos educativos, sanitarios e de comunicación quedan sen atender. Por iso reclaman a consignación de 120 millóns de euros para loitar contra a violencia machista. Unha esixencia que se repetiu en máis de 200 concellos de toda España que secundaron a mobilización. O goberno de Vilagarcía sumouse á concentración, pero os colectivos feministas pediron unha maior implicación. Por iso, O soño de Lilith, Xtodas, Linfedema e as Asociacións de Mulleres Rurais de Guillán, Anduriña de Sobradelo e Abelaíña de Vilaxoán presentaron unha moción para o pleno instando ao concello a que presione ao goberno central en apoio desta demanda.
HomeSalnés - CaldasRavella remitirá toda a documentación do Pxom a vindeira semana Top of Page

Síguenos en facebook