09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Os "Xogos Florais" enchen de poesía os corredores do colexio San Francisco

Mai 11 Escrito por 
VILAGARCÍA> Como cada remate de curso durante os últimos 18 anos o colexio San Francisco de Vilagarcía, celebra "Os Xogos Florais". Un certame que promove a poesía entre os alumnos e co que se homenaxea aos rapaces de último curso. Este xoves tivo lugar no colexio San Francisco de Vilagarcía, a celebración dos seus xa tradicionais "Xogos Florais" un acto no que participan todos os alumnos de secundaria do centro, e que xira en torno a poesía. Pero non é só un certame de poesía, senón que serve para homenaxear aos mellores alumnos da última promoción de cuarto da ESO, que abandonan o centro para comezar os seus estudos de Bacharelato. Un acto que os alumnos estiveron a ensaiar dende pola mañá, e que ten o seu compoñente emocional tamén. Ademais nesta décimo oitava edición haberá un xurado profesional que premiará nun ránking as tres mellores poesías escritas por estes pequenos poetas vilagarciáns. Sen dúbida unha noite máxica para algúns, ca que nunca esquecerán a súa etapa no colexio, e ansiada por aqueles que esperan impacientes para ser os protagonistas. img=http://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/11/xogos_florais_san_francisco_600px.jpg}http://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/11/xogos_florais_san_francisco.mp4{/flowplayer}
Etiquetado como colexio san francisco    Cultura   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Xoves, 11 Mai 2017 18:17

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Desfile de premiados na gala de clausura da Mostra de Curtas
    NOIA> A decimo oitava edición da Mostra de Curtas de Noia chegou esta fin de semana á súa fin. A preestrea da serie ‘Fariña’ celebrada o sábado e a gala de entrega de premios do venres puxeron o broche de ouro a unha edición que bateu récord de participación e de asistentes.
  • Este sábado arranca en Lousame a segunda edición do Festimaxia
    LOUSAME> A partir do dezaoito de novembro, a maxia inundará Lousame. A casa da Cultura acollerá a segunda edición do Festimaxia co espectáculo de catro grandes magos de referencia en toda Galicia.
  • Arranca a primeira fase da restauración do Castelo da Lúa
    RIANXO> Esta semana deron comezo os traballos de consolidación do Castelo da Lúa en Rianxo. A intervención do xacemento levarase a cabo en dúas fases e estará concluída antes do próximo verán. O orzamento da actuación supera os douscentos mil euros.
  • Rianxo acollerá a estrea da primeira adaptación ó galego de 'Shrek'
    RIANXO> Rianxo acollerá a estrea de ‘Shrek, o Musical’, a primeira adaptación en galego do filme de Dreamworks. Este espectáculo de gran formato, producido pola Asociación Musical Coda, porá sobre a escena a medio cento de intérprete.
  • Corenta cintas competirán na XVIII Mostra de Curtas Vila de Noia
    NOIA> Corenta traballos competirán na Mostra de Curtas Vila de Noia que arranca na localidade o un de novembro. Un equipo de profesionais realizou a escolma das cintas escollidas entre máis de mil duascentas presentadas.
  • Portas expón a obra de 27 artistas na Azucreira durante a tarde dos domingos
    Os domingos de este mes poderán visitar unha exposición na sala de exposicións da Azucreira de Portas. A mostra que reúne o traballo de 27 artistas divídese en tres disciplinas: pintura, escultura e fotografía. Escultura, pintura ou fotografía, esas son as tres disciplinas nas que se dividen o traballo de 27 artistas galegos que se está a expoñer na sala de exposicións da Azucreira de Portas. Unha iniciativa que organizaron dende a área de cultura do concello de Portas. A mostra inaugurouse o pasado 1 de outubro, e durante este mes poderá seguir a ser visitada por todo aquel que se achegue a Portas durante os domingos. Sergio Cancela é un dos artistas que expón algunhas das súas obras. A tradición e a cultura tampouco se esqueceu nas obras, é o caso das tres pinturas de Marisé Canda. Esta mostra permanecerá aberta ao público ata finais de mes, é de balde e o horario para será a partir da tarde.
HomeSalnés - CaldasOs "Xogos Florais" enchen de poesía os corredores do colexio San Francisco Top of Page

Síguenos en facebook