• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Continúa a tensión na Confraría de Carril antes das eleccións

Mai 11 Escrito por 
VILAGARCÍA> Continúa a tensión na Confraría de Carril. O pósito carrilexo está a sufrir numerosas inspeccións nos últimos días. Unha situación que segundo creen dende a xestora, responde a plan para enturbar as próximas eleccións do 27 de maio.
Os gardacostas acudiron frecuentemente a lonxa de Carril nas últimas semanas para revisar as tallas e a posible venda de relojito. Unha presenza que levou a presidenta da xestora que está a xestionar o pósito carrilexo a solicitar unha reunión coa secretaria xeral de pesca. O que chamou a atención de González foi o coñecemento de que estas inspeccións se deben a diferentes denuncias que recibiron nas últimas semanas. A presidenta da xestora de Carril teno claro, todo isto responde a un complot contra as persoas que levan a xestora. Haberá que esperar ata o 27 de maio para coñecer cal é o resultado das eleccións do pósito carrilexo, e unha vez estean elixidos os representantes do goberno procederase a elección do próximo patrón ou patroa da Confraría de Carril.
Etiquetado como Confraria de Carril    Eleccións    mariscadores    marisco    Parquistas de Carril   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Máis produtores arousáns traballarán este ano na campaña marisqueira de Noia
    NOIA> A razón que explica este éxodo é a merma de ingresos que padecen nas súas concesións. Algo chamativo pero totalmente legal. Nos últimos anos, e cada vez máis, as confrarías arousás están a notar unha baixa importante no número dos seus socios. Estas baixas coinciden ademais coa apertura da campaña extractiva en Noia prevista para este próximo luns. Os produtores arousáns alugan ou compran a armadores noieses a súa embarcación co permiso correspondente para poderen traballar nas súas concesións. O éxodo vén provocado fundamentalmente pola merma de ingresos no libre marisqueo. Algo totalmente legal. Trátase fundamentalmente de mariscadores de Rianxo, Cabo de Cruz, Cambados ou a Illa. As boas expectativas para o inicio da campaña en Noia provoca que cada vez sexan máis os que deciden cambiar de aires e buscarse a vida pagando importantes cantidades de diñeiro. E aínda así compénsalles.
  • A comisión cifra en 2.500 euros o arranxo dos estragos da París de Noia
    VILAGARCÍA> A organización da Festa da Ameixa de Carril cifra en 2.500 euros os estragos ocasionados polos tráilers da orquestra París de Noia no paseo da praia da Compostela. O patrón maior compareceu esta tarde para facer balance e lamentar a actitude do concello de Vilagarcía, principalmente do alcalde. Catro días despois da fallida verbena da Festa da Ameixa de Carril, o patrón maior da confraría saíu a dar explicacións. Segundo José Luis Villanueva, os estragos ocasionados polos tráilers da orquestra París de Noia no paseo da Praia de Compostela poderán arranxarse por 2.500 euros. Villanueva agradeceu as explicacións da orquestra, que aseguraba que por imprevistos de última hora fora imposible cumprir as instrucións da organización. Tamén a súa disposición a colaborar nos gastos, aínda que ante Costas responderá a Comisión da Festa da Ameixa. Diferente é a valoración da postura do concello de Vilagarcía. O Patrón Maior non ocultou o seu descontento coas palabras do alcalde no pregón nin nas declaracións do pasado luns, valorando os estragos no paseo. Segundo explicou esta tarde, a intención da Comisión é trasladar canto antes ao concello a súa vontade de celebrar a Festa da Ameixa do 2018 nestas mesmas datas: a terceira fin de semana de agosto. Sobre a posibilidade de organizar unha nova actuación da orquestra París de Noia na Compostela, Villanueva asegurou que terán que falar con Costas e valorar as datas dispoñibles, e volveu destacar o escenario inmellorable que é o areal para a promoción de Carril.
  • Varela acusa a organización da Ameixa de incumprir as medidas da verbena
    VILAGARCIA> O alcalde de Vilagarcía, acompañado de varios concelleiros, visitou este luns, o entorno do paseo da Praia de Compostela para coñecer in situ os danos causados polos camións da París de Noia, que onte tiñan que actuar no areal vilagarciá co gallo do XXV aniversario da Festa da Ameixa de Carril, e que o finalmente non o puideron facer.
  • A Illa exalta os tesouros gastronómicos da Ría de Arousa
    Continúa na Illa de Arousa a Festas Gastronómica dos produtos do Mar que se celebra desde o pasado venres e ata o próximo día 20. Esta mañá, coincidindo coa ponte festiva, a asistencia todo un éxito. Polbo, navallas, nécoras, camaróns ou mexillóns son só algúns dos tesouros gastronómicos que se puideron degustar. Un menú moi amplo… Un entorno envidiable. E Prezos asequibles… A Festa gastronómica dos Produtos do Mar, organizada polo Club Céltiga, está a celebrar a súa edición número catorce cunha gran afluencia. O do Cantiño, na Illa de Arousa, converteuse desde o pasado venres no comedor máis visitado da comarca. Milleiros de persoas achéganse aquí para degusta e algúns, descubrir, a calidade dos produtos do noso mar. Esta mañá, plena ponte festiva, o panorama non ía ser menos. A previsión dos organizadores, dos 30.000 visitantes en total, quédase curta . Os días festivos axudan, pero o verdadeiro motivo do éxito desta festa, son eles e elas. Os tesouros que acolle a nosa ría de Arousa. Quen estea salivando nestes momentos, está a tempo de degustar os produtos tamén mañá, día festivo achegándose ó paseo do Cantiño na Illa de Arousa. Ou senón, a festa volve abrir a próxima fin de semana, sábado e domingo, cando se poña o punto e final a esta cita gastronómica.
  • A nova lonxa de Ribeira abría esta mañá as súas portas
    RIBEIRA>s. Durante toda a xornada viviuse unha actividade frenética. A primeira subhasta, a do marisco, realizouse ás tres da tarde, mentres que a poxa do resto de capturas tivo lugar ás seis. A nova lonxa de Ribeira facía hoxe a súa posta de longo oficial coa apertura das instalacións. Foi un día de actividade frenética. Moitas das vendedurías que dende hoxe xa operan nas novas instalacións, realizaban esta mañá o traslado das súas pertenzas á súa nova ubicación. Traballo arreo tamén para os traballadores da empresa que a partir de agora levará a xestión da nova rula, e que substituirá ó Concello nese labor, así como tamén para os compradores, na súa maioría satisfeitos co cambio ás novas instalacións. A última hora da mañá foron chegando a maioría dos barcos, primeiro as embarcacións menores, que traballan no marisqueo, e posteriormente artes menores, arrastre e cerco. En cifras destacar os 30 mil quilos de lirio descargados, sendo a especie máis abundante. Seguida do xurelo e a xarda, que sumaron entre as dúas especies uns 29 mil quilos. O polbo foi a cuarta especie en canto a volume de descargas, cun prezo que rondou entre os tres euros e medio o máis barato e os 11´20 o máis caro. En canto ó marisqueo, na rula subhastáronse 321 quilos de ameixa rubia a un prezo medio de 8’18, 227 quilos de xapónica a 7’97 e 616 de navalla, que se pagaron a unha media de 6’86. Despois de máis de 25 anos de actividade, a vella lonxa pechou as súas portas definitivamente. Fíxoo despois dun ano no que se acadaron cifras históricas, con case 32 millóns de quilos de pescado e unha facturación de récord, que superou os 43 millóns de euros. queda pendente a partir de agora a que se destinarán esas vellas instalacións. Aínda que todo apunta a que poderían albergar a nova nave dos redeiros.
  • A Garda Civil intercepta oitocentos quilos de peixe e marisco ilegal procedente de Ribeira
    RIBEIRA| A Garda Civil informou do rexistro, na AP-9, á altura da peaxe de Padrón, dun turismo con remolque en cuxo interior transportaba uns oitocentos quilos de diversas especies de peixe e marisco, tanto fresco como conxelado, sen ningunha guía ou documento que amparase a súa lícita procedencia. Segundo indicaron fontes do propio Instituto Armado a súa procedencia era dun barco de bandeira francesa atracado no porto de Ribeira. Os feitos foron postos en coñecemento da Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia, dependente da consellería do Mar, que acordou o comiso da carga e a incautación do remolque, procedendo tamén ó levantamento das oportunas actas de denuncia.
HomeSalnés - CaldasContinúa a tensión na Confraría de Carril antes das eleccións Top of Page

Síguenos en facebook