09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Gallego entrega os avais para optar presidir o PP de Vilagarcía

Mai 12 Escrito por 
VILAGARCIA> Alfonso González Gallego entregou este venres os avais necesarios para poder presentarse o X Congreso Local do PP en Vilagarcía, que terá lugar este domingo.
O X Congreso Local do Partido Popular en Vilagarcía celebrarase o vindeiro domingo. Por iso este venres o único candidato a presidir a formación na vila, Alfonso González Gallego entregou na sede do PP, este venres, os avais necesarios para presidilo partido na vila. Gallego fixo un chamamento aos militantes do PP vilagarciáns a formar parte do acto do domingo. Despois de reunirse con unha boa parte dos afiliados do partido no municipio, Gallego entregou os avais ao presidente do Comité Organizador do Congreso, Juan Carlos Maneiro Cadillo. Alfonso González conta con máis do dobre de avais necesarios para poder aspirar a presidencia do partido na vila. O domingo quedará conformada a Mesa do Congreso cos seguintes cargos: a presidenta será Elena Súarez Sarmiento; o vicepresidente, Manuel Méndez Varela; a secretaria Beatriz González Lorooño; o primeiro vocal, Jesús Pérez Arca e o segundo vocal Juan Andrés Bayón Rolo.
Etiquetado como PP    Vilagarcía    Eleccións    Candidato    Congresos locais   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Venres, 12 Mai 2017 17:35

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PP denuncia o peche prolongado do Museo Valle-Inclán
    POBRA> O PP da Pobra denuncia que o museo Valle Inclán leva pechado dende comezos de mes. Instan ó goberno local a cubrir a baixa do director e cubrir a praza de auxiliar que xa se convocou no verán.
  • PSOE e PP cuestiona o plan de compostaxe do Goberno Local
    Pontevedra> Dende a oposición piden “sentidiño” ao Goberno Local á hora de realizar o seu plan de compostaxe no concello. Dende o PSOE din que hai moitas dúbidas sobre a mesa en relación a este plan. E pola súa banda, dende o PP, din que os composteiros non contan co permiso de residuos e polo tanto non compren a lexislación.
  • O PP oponse a endebedar o concello con proxectos improvisados
    POBRA> O PP da Pobra compareceu ante os medios de comunicación para explicar a súa postura con respecto á solicitude de creto debatida no último pleno. Os populares votaron en contra desta operación de tesourería por valor de cento cincuenta mil euros posto que o proxecto carece dunha memoria técnica e de viabilidade.
  • A microfeira 'Castes' triunfa na súa primeira edición
    VILAGARCÍA> Vilagarcía acolleu hoxe a celebración da primeira edición de Castes, unha microfeira dirixida tanto ao público xeral como ao profesional. A iniciativa foi posta en marcha polo sumiller José Dieste, do espazo gastronómico Derby. Nela os asistentes puideron coñecer de preto a oferta de adegas familiares das Denominacións de Orixe de O Ribeiro, Ribeira Sacra e, como non, Rías Baixas. "Castes" estreouse esta mañá en Vilagarcía. O túnel do viño despregado no espazo gastronómico Derby atraeu a decenas de profesionais do sector do viño, que viron nesta microfeira unha oportunidade para coñecer o que se está a traballar no mundo vitivinícola galego. Monovarietais, coupages, viños de garda, brancos ou tintos. As adegas participantes desprazaron ata Vilagarcía as súas elaboración para participar neste evento que, aseguran, permítelles un trato máis próximo co cliente. Variadas elaboracións pero sempre de viños de calidade, todos amparados en tres das cinco Denominacións de Orixe galegas. Adegas do Ribeiro, Ribeira sacra e, como non, Rías Baixas, estiveron presentes na cita vilagarciá. Unha cita que, ademais, nace con vocación de continuidade. Non así de ampliación. A programación continuou pola tarde cunha cata a cegas dirixidas polos sumilleres José Luis Aragunde e José Dieste no Auditorio. Xa pola noite, o Derby volveu abrir as súas portas cun novo túnel do viño, desta volta para todos os públicos.
  • Ravella destina 420.000 euros á humanización da Praza da Independencia
    VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía xa ten o proxecto de reforma para a Praza da Independencia. Con esta actuación, o goberno local dá un paso máis no seu modelo urbano, marcado polas zonas peonís e a mellora da accesibilidade. A actuación financiarase no marco do proxecto Vilagarcía Avanza, que contará con fondos europeos. Está orzamento en 420.000 euros. Vilagarcía camiña cara un modelo de cidade máis accesible e humanizado. Coas obras de peonalización da Praza de Galicia a piques de ser adxudicadas, o concello presentou esta mañá a intervención na Praza da Independencia. Unha parte da actuación dirixirase a peonalizar dúas das tres rúas que rodean a praza. Nesta zona empregaranse dous tipos de formigón, material duradeiro e que precisa e pouco mantemento. A praza en si non experimentará grandes cambios. O máis importante será a eliminación do vaso da fonte, facéndoa máis accesible. A intención é reutilizar a peza noutra zona deste espazo. A substitución de todas as redes de abastecemento, saneamento e telecomunciación, e a creación de superficies de captación de auga para reducir posibles asolagamentos, son outros puntos da intervención, que conta cun orzamento de 420.000 euros financiados cos fondos europeos do Plan Vilagarcía Avanza.
  • Ravella e Autoridade Portuaria, enfrontados novamente polo urbanismo
    VILAGARCÍA> Medra a fractura entre o concello de Vilagarcía e a Autoridade Portuaria. En rolda de prensa, o alcalde informaba dunha carta da presidenta do Porto na que solicitaba información sobre o estado dos trámites que permitirían construír un hotel no peirao de O Ramal. Unha posibilidade que Alberto Varela volveu rexeitar de pleno. Despois, Sagrario Franco acusábado de deslealdade institucional, e aseguraba que a Autoridade cumprira con todas as condicións que se puxeran para permitir a construción deste hotel. O urbanismo volve enfrontar a concello de Vilagarcía e Autoridade Portuaria. Alberto Varela oponse de pleno á construción dun hotel no peirao de O Ramal. Varela responde así publicamente a unha carta da presidenta do Porto interesándose pola paralización do PXOM. A modificación puntual do Plan Específico do Porto tería que ir paralela a este documento e, segundo Sagrario Franco, sería positiva para todos. A presidenta denuncia que o concello non respondeu a ningunha das súas solicitudes de información sobre o estado dos trámites. Recorda que no ano 1998 o goberno local asinara un convenio no que se comprometía a contemplar no PXOM o uso hoteleiro dar parcela Concha-Ramal. Por iso, acusa ao concello de falta de lealdade institucional. Franco tamén criticou as xestións realizadas por Varela no Senado para a apertura da desembocadura do río de O Con. Segundo a presidenta, a concesión da nave de Ramón Moral foi prorrogada en precario, pendente da posta en parcha deste proxecto para o río.
HomeSalnés - CaldasGallego entrega os avais para optar presidir o PP de Vilagarcía Top of Page

Síguenos en facebook