• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Gonzalo Pita anuncia que deixa a alcaldía de Sanxenxo

Mai 19 Escrito por 
SANXENXO> Gonzalo Pita deixará de ser alcalde de Sanxenxo a finais de este mes. Así o anunciou o independente esta mañá, nunha multitudinaria rolda de prensa, na que sorprendeu sentado ao lado do líder da oposición na vila, Telmo Martín, quen asumirá a alcaldía da vila.
Este era o momento no que Gonzalo Pita anunciaba que deixa a alcaldía da vila. Unha decisión que tal e como manifestou o líder do SAL precipitouse pola polémica xurdida a raíz dos problemas xurdidos coa reforma da avenida de Luis Rocafort. Para Pita os seus socios de goberno mostraron deslealdade política ao comparecer en contra das manifestacións públicas que o propio Pita fixo en favor das queixas dos veciños pola remodelación da céntrica avenida. Unha situación, que segundo o aínda alcalde do municipio, desembocou nunha falta de ilusión. Gonzalo Pita pasará a ocupar o posto de tenente de alcalde, mentres o popular Telmo Martín pasará a ser de novo alcalde de Sanxenxo a partir do pleno do vindeiro 29 de maio. Unha decisión que quedou plasmada nun acordo entre as dúas formacións políticas, no que ambas se comprometen a traballar en prol de varias demandas históricas para a vila, como a reforma da Rúa Progreso ou o Polígono Empresarial de Nantes.
Etiquetado como Sanxenxo    gonzalo pita    Dimisión    Deputación Pontevedra    Obras   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Venres, 19 Mai 2017 19:29

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O edifico xudicial da Parda estará listo para finais do 2018
    Pontevedra> Para finais do 2018 estará listo o novo edificio xudicial da Parda. Unha instalación que entrará en funcionamento, tal e como confirmou o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Xustiza, a comezos do 2019. Esta mañá tocou visita oficial para coñecer de primeira man o estado das obras, levan certo retraso, pero dende a empresa construtora comprometéronse a cumprir os prazos.
  • O Carlos I Silgar distinguido como de garantía en turismo deportivo
    SANXENXO> O hotel Carlos I de Silgar recibiu o distintivo Sporttoury de mans da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Unha distinción que o acredita como un establecemento con garantías en turismo deportivo.
  • Telmo Martín fai balance do verán en Sanxenxo
    SANXENXO> Despois de tres meses, e un verán que está a piques de rematar, Telmo Martín fai un balance positivo do verán na vila. O rexedor afirma que foron meses de pouco durmir e moito traballo para garantir un verán sen incidencias de ningún tipo.
  • A Deputación mellorará a accesibilidade ás praias da Torre e o Pazo en Rianxo
    RIANXO> En total investiranse preto dos corenta mil euros que serán destinados a rehabilitar as pasarelas de madeira e en instalar aseos adaptados. A institución provincial levará este venres a pleno a aprobación dun proxecto para rehabilitar os accesos e mellorar as dotacións do paseo marítimo de Té e as praias do Pazo e a Torre. As obras terán un orzamento total de preto dos 40 mil euros, dos cales a Deputación aportará o 80%, ó redor duns 31 mil euros, e incluirán a rehabilitación da ponte peonil que conecta os dous areais, así coma as pasarelas de acceso ós mesmos. A actuación verase tamén complementada coa instalación de dous novos aseos no parque situado na zona da antiga conserveira.
  • Portos de Galicia inviste no Xufre uns 21.000 euros
    A ILLA> Portos de Galicia mellora as condicións de traballo no porto do Xufre na Illa de Arousa. O ente autonómico investiu nestas accións uns 21.000 euros, que tal e como lles diciamos, axudaran a mellorar as condicións dos traballadores que fan uso do porto.
  • Deputados provinciais solicitan a creación dunha Mesa Provincial de Turismo
    SANXENXO> Deputados provinciais do Partido Popular elixiron Sanxenxo para a anunciar aos medios a moción que presentaran de cara ao vindeiro pleno relacionada co turismo.
HomeSalnés - CaldasGonzalo Pita anuncia que deixa a alcaldía de Sanxenxo Top of Page

Síguenos en facebook