09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A Illa lanza un vídeo promocional para amosar os "tesouros" do seu municipio

Xun 28 Escrito por 
A ILLA> A Illa de Arousa non só ofrece turismo de sol e praia. Este fermoso enclave de O Salnés quere potenciar os seus paisaxes, a súa gastronomía, e moitos aspectos máis, que a converten nun estupendo destino para visitar en calquera época do ano.
Conscientes de esta potencialidade no concello presentaron un vídeo promocional do municipio, que a bo seguro conseguirá que a localidade de a volta ao mundo a través das redes sociais. Sol e praia, sí... pero tamén moito mais... así é a Illa de Arousa, un fermoso concello de O Salnés que ten moito que ofrecer a locais, pero tamén aos visitantes. O concello de este municipio insular consciente da importancia da promoción turística, da potencialidade da súa vila e do impacto das redes sociais, presentou esta mañá un vídeo promocional, realizado por esta casa, o Canal Rías Baixas, no que amosar todos os "tesouros" que pode ofrecer a Illa de Arousa a aqueles que a visiten. Unha importante aposta pola promoción, que se compartirá dende a web do propio concello e das súas redes sociais, así como tamén servirá para promocionar a Illa de Arousa en eventos como Fitur.

Medios

Etiquetado como Illa de Arousa    video    video promocional    Turismo    paisaxe natural    canal rias baixas   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Mércores, 28 Xuño 2017 19:26

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PP reclama unha estratexia de difusión turística para o Bosque de Colón, en Poio
    POIO > O PP de Poio denuncia a “falta de interese” do goberno local para dinamiza-lo coñecido como Bosque de Colón, un espazo natural que celebra o seu 25 aniversario. Os populares cren que o parque, cunha curiosa plantación de 500 secuoias, podería ser outro polo de atracción para o turismo da vila. Hai agora 25 anos nacía o Bosque de Colón, un pintoresco espazo natural con vistas á ría de Pontevedra que conmemoraba o 500 aniversario do descubrimento de América. Dende alí, precisamente chegaron a Poio as 500 secuoias vermellas californianas plantadas neste monte. Foi un agasallo do goberno dos Estados Unidos, aprobado polo Congreso e o Senado daquel país, para conmemorar a chegada de Colón ó continente americano. Un cuarto de século despois, o aniversario deste parque pasou desapercibido. Así o denuncia, polo menos, o PP da localidade. Os populares lamentan que os actos conmemorativos durante os últimos meses foron moi discretos. Cren que o goberno local debería ter impulsado algún tipo de iniciativa para dar a coñece-lo Bosque e incentiva-lo turismo non só de Poio, senón que tamén de todas as Rías Baixas. Reclaman tamén unha estratexia de difusión da zona, como un bo complemento para os grandes polos de atracción de visitantes, como Combarro ou Raxó. O 2017 en Poio está a ser o ano do bosque de Colón, despois de que o PP levase a pleno a moción ata en tres ocasións.
  • Os nenos da Illa enchen as rúas da vila de alegría e tradición
    Como cada ano centos de cativos da Illa saíron as rúas da vila para ir pedindo, porta por porta, para "os defuntiños que xa van alá". Non o perdan.
  • A Mancomunidade seguirá promocionando a comarca por Europa
    CAMBADOS> Sobre esta polémica viaxe a Francia da Mancomunidade, precisamente, fixeron unha valoración moi positiva esta mañá deste a entidade comarcal. Foi nunha rolda de prensa na que anunciaron tamén que mañá mesmo parte unha delegación a Nápoles para asinar un convenio turístico coa rexión de Campania. A viaxe que a Mancomunidade realiza ou á Bretaña francesa para promocionar o albariño e a variante espiritual do Camiño de Santiago, foi todo un éxito. Así o definiu esta mañá en Cambados unha importante representación da entidade comarcal, que participou na viaxe. O presidente en funcións da Mancomunidade destacou que esta promoción internacional está sendo esencial na consecución dos bos datos turísticos da comarca, a primeira de Galicia e a cuarta de España en canto a turismo se refire. E ademais destacou o apoio que a Mancomunidade está ofrecer ós concellos de Ribadumia e Cambados á hora de promocionar as súas potencialidades no exterior. Tino Lores, presidente da Asociación Amigos do Camiño Portugués destacou tamén a importante tradición que Francia ten con esta variante do Camiño. E anunciou que mañá mesmo viaxarán a Nápoles, para asinar un convenio coa rexión italiana de Campania. A Nápoles viaxarán desde mañá e ata sábado o alcalde de Ribadumia, o edil de enoturismo de Cambados, o xerente da Mancomunidade do Salnés, o seu delegado de Turismo, e o presidente da Asociación do Camiño Portugués.
  • Sanxenxo, primeiro concello de Galicia para turistas dixitais
    SANXENXO> Sanxenxo é xa o primeiro municipio galego en contar con sinalización intelixente para os turistas. Unha iniciativa pioneira en Galicia que permite ó usuario coñecer toda a información do punto turístico onde se atopa, a través dunha aplicación móbil que non precisa, conexión a internet. Con só descargar unha aplicación, Inventrip, pódese planificar unha viaxe no móbil en tan só tres pasos. O primeiro ,crear unha axenda de viaxe, organizada en carpetas por días, restaurantes, roteiros…Ademais de navegar e seleccionar lugares a visitar. E a partir de xa isto é unha realidade en Sanxenxo. Trátase do primeiro concello galego en contar con esta sinalización turística intelixente, que se presentou esta mañá. De momemnto haberá 5 puntos no concello onte conectarse, pero agárdase ir aumentando a información dos lugares máis turísticos. A intención de converter Sanxenxo en destino turístico intelixente supón aumentar a competitividade, mediante un maior aproveitamento dos seus atractivos, a creación de recursos innovadores, e unha distribución que finalmente impulse o desenvolvemento sostible e facilite a interacción co visitante. O único que hai que facer para desfrutar desta tecnoloxía e ser un turista dixital é descargarse a aplicación: inventrip no seu dispositivo móbil.
  • Os turistas encantados coa prolongación do "veranillo" de San Miguel
    SANXENXO> As altas temperaturas e a falta de auga deste comezo de outono son prexudiciais para algúns sectores, outros en cambio asisten encantados a esta prolongación do verán. É o caso do turismo, tal e como puidemos comprobar esta mañá en Sanxenxo. Parece que San Miguel está sendo xeneroso de máis co veranillo deste ano. Pleno outono, e na Praia. Os termómetros dalgunhas localidades das Rías Baixas chegaron a marcar estes días o 30 graos. Aínda que para moitos a falta de auga é mala noticia, o certo é que esta prolongación do verán que estamos vivindo está sendo moi positiva para aqueles que viven do turismo. Esta fin de semana, o bo tempo, as potencialidade que ofrecen as Rías Baixas, e a coincidencia coa festa do Marisco do Grove, deixouse notar na ocupación hoteleira. Contentos os hostaleiros, e contentos, no pequeño comercio. Pero os que máis gozan sen dúbida destas temperaturas e do sol, os que teñen o tempo libre para desfrútalo, os turistas. Aínda que tamén existe certa preocupación polos cambios de temperaturas que estamos a vivir . Todo apunta a que esta próxima fin de semana, co gallo da ponte festiva do Pilar, os hoteis volv¡erán colgar o cartel de completo. E ademáis, parece que a cousa seguirá así por un tempo, porque dende Meteogalicia anuncian que non se agardan chuvias ata a segunda quincena deste mes.
  • O 78% dos touroperadores que visitaron O Salnés venden o destino turístico
    CAMBADOS> A Mancomunidade do Salnés saca peito ante o éxito das súas iniciativas de promoción turística. O ente fixo balance da xestión dos últimos catro anos da forte aposta que están a realizar para atraer visitantes á comarca e da que xa se están a ver os froitos: dos 49 touroperadores que trouxeron para coñecer O Salnés, case o 79% están a vender o destino nos seus países. Non é un secreto a importante aposta que a Mancomunidade do Salnés vén realizando por atraer o turismo internacional. Nos últimos catro anos, o ente multiplicou os seus esforzos. Aproveitando esta riqueza, a Mancomunidade creou dous produtos como a Ruta do Padre Sarmiento e a Variante espiritual. Este ano, esta última xa atraeu a máis de 5.000 peregrinos. Tamén incrementou a presenza do destino nas feiras internacionais e realizando viaxes a outros países, pero tamén presumen de oferta sobre o terreo. Dende a Mancomunidade xa traballaron con 49 touroperadores, que visitan a zona en pequenos grupos. Outros 130 visitaron a comarca grazas ao convenio co concello de Pontevedra. De feito, a colaboración institucional é outra das bases da política da Mancomunidade en materia de turismo. Destaca o éxito que nesta promoción internacional se conseguiu no mercado ruso. De cara o futuro, atraer ao turista francés é unha das prioridades da Mancomunidade. Tamén manter o nivel de calidade do produto, conscientes da forte competencia que existe nos mercados internacionais.
HomeSalnés - CaldasA Illa lanza un vídeo promocional para amosar os "tesouros" do seu municipio Top of Page

Síguenos en facebook