09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Os Cruceiros Costeiros de Galicia amplían a súa oferta

Xul 19 Escrito por 
SANXENXO> Este mércores presentáronse en Sanxenxo as novas ofertas dos "Minicruceiros costeiros polas Rías de Galicia" para esta campaña 2017-2018. Un acto ao que asistiron numerosas personalidades políticas e empresariais.
"Minicruceiros costeiros polas Rías de Galicia", ese é o nome da proxecto que este mércores se presentou en Sanxenxo, e que se engloba dentro da iniciativa Cruceiros Costeiros de Galicia. Unha iniciativa que xorde para promocionar as rías galegas e os seus portos. Este proxecto está impulsado pola Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, en colaboración con Turismo de Galicia e a Asociación de Actividades Náuticas. Toda unha oportunidade para promocionar os portos e a costa galega, como sinalou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Catro propostas e seis itinerarios diferentes constitúen a oferta para este 2017/2018. Todos aqueles que se animen a realizar algunha das opción que se ofertan poderán coñecer recunchos de Galicia, como o Parque das Illas Atlánticas ou realizar o traxecto que fixeron os restos do Apóstolo Santiago. Para os que queiran saber un pouquiño máis, poden consultar a páxina web www.nauticdestination.org.

Medios

Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Mércores, 19 Xullo 2017 18:56

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O "Ana" leva polos aires un treito do paseo da Lanzada, en Sanxenxo
    SANXENXO > Quedou nun susto, pero puido ter graves consecuencias. Un treito duns 30 metros do paseo marítimo da Lanzada saíu voando polo aire. Foi ás 11 da noite e cuns refachos de vento que roldaban os 130 km por hora. Con esa intensidade, a estrutura de madeira acabou atravesando a estrada, dando un xiro polo aire de 180 graos. A esa hora da noite non circulaba ningún vehículo pola PO-308, o que evitou que a incidencia rematase con danos maiores. Esta senda peonil de madeira xa sufrira danos no temporal do pasado mes de febreiro. Daquela, o vento provocara unha situación semellante, o que implicou o reforzo de boa parte do paseo. Dase a circunstancia que sobre o tramo danado onte non se actuara, polo que dende o concello pídenlle á Xunta que se faga unha actuación global. A Xunta anunciou xa unha revisión de toda a estrutura para evitar que se repita un episodio como o desta noite. No resto do concello hai que lamentar caídas de árbores e valados de obra á vía pública. Outra das incidencias destacadas no municipio foi a caída de varias planchas dunha estrutura do campo de fútbol situado ó carón do colexio de Noalla. Con todo, o centro puido funcionar hoxe con total normalidade.
  • Portos de Galicia dirixe o futuro da náutica galega
    GALICIA> Portos de Galicia aproveitou o seu paso polo salón náutico da Rochelle, en París, para definir a estratexia que seguirá o ente nos vindeiros anos no eido da náutica de recreo. Segundo explicou o seu presidente, José Juan Durán, que os portos acollan embarcacións de grandes esloras e captar os tránsitos de catamaráns, son algúns dos obxectivos. No Salón Náutico Internacional de París, Portos de Galicia asomouse ás últimas novidades que se están a dar no sector. A tendencia apunta a un crecemento das vendas de barcos de grandes esloras. Un nicho de mercado no que está interesado o ente autonómico. Outra das liñas de traballo na que se esforza o ente é na captación dos tránsitos de catamaráns. Un mercado cara o que Portos de Galicia está a dirixir a náutica dos vindeiros anos. O Salón Náutico Internacional de París rematará o vindeiro 10 de decembro.
  • A reforma de Luis Rocafort, lista para o 22 de decembro
    SANXENXO> As polémicas obras da avenida Luis Rocafort, en Sanxenxo, enfilan o seu treito final. A Deputación agarda que os traballos de humanización poidan inaugurarse o 22 de decembro, trala instalación das árbores nas beirarrúas e o mobiliario urbano. O 22 de decembro é a data fixada pola Deputación de Pontevedra para a inauguración da avenida Luis Rocafort, en Sanxenxo. Telmo Martín amosábase satisfeito cos resultados da obra, que humanizan unha importante vía de acceso e saída á vila. Ao proxecto inicial, súmase agora o acondicionamento dunha parcela de 200 metros cadrados que xa é titularidade municipal. A actuación permitirá a continuidade da beirarrúas nese treito. Os operarios tamén traballan no remate da pavimentación da avenida e a colocación de árbores e mobiliario urbano, para finalizar unha obra de gran importancia para o goberno provincial. Durante a súa visita, Uxío Benítez e Telmo Martín afastáronse da polémica que rodeou hai uns meses estes traballos. O desencontro remataba coa rotura do tripartito que gobernaba o concello e que encabezaba Gonzalo Pita, que entregaría a alcaldía ao popular Telmo Martín.
  • O concello de Rianxo solicitará a Portos a cesión dos terreos anexos ó auditorio
    RIANXO> O concello de Rianxo solicitará a Portos de Galicia a cesión dos terreos anexos ó auditorio municipal. Trátase dunha superficie de tres mil metros cadrados que se pretende urbanizar para a creación dun espazo de lecer e área de estacionamento.
  • Portos destinará trece millóns a infraestruturas portuarias en 2018
    BARBANZA> Portos de Galicia investirá trece millóns de euros en infraestruturas durante o 2018. Destaca a dotación de pantaláns en varios peiraos arousáns así como os proxectos de remodelación do bordo portuario en Noia e Portosín.
  • Mar incrementa nun nove por cento os orzamentos para 2018
    SANTIAGO> Cento cincuenta e cinco millóns de euros. Este será o orzamento da Consellería do Mar para o 2018, un nove por cento máis que no exercicio anterior. A Conselleira compareceu esta mañá no Parlamento para explicar as principais liñas inversoras do seu departamento que priorizará a mellora da competitividade do sector pesqueiro.
HomeSalnés - CaldasOs Cruceiros Costeiros de Galicia amplían a súa oferta Top of Page

Síguenos en facebook