• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Román Rodríguez califica o xacemento de Areoso como un dos máis importantes

Ago 02 Escrito por 
A ILLA> O conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, trasladouse esta mañá ata o illote de Areoso na Illa de Arousa, onde visitou os traballos que se están a realizar no xacemento arqueolóxico que alí se sitúa. Rodríguez afirmou que este "é un dos xacementos máis importantes de Galicia".
O conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou este mércores o illote de Areoso na Illa de Arousa, para comprobar os traballos arqueolóxicos que se están a desenvolver, neste privilexiado entorno. Uns traballos que comezaron o pasado 17 de xullo e que rematarán segundo as previsións o próximo mes de setembro. Unhas escavacións que se está a levar a cabo na mámoa de maior tamaño. Rodríguez definiu este espazo como un dos mellores xacementos da comunidade. Dende o ano 1988 tense constancia da existencia de estes restos. Na actualidade coñecense un total de 5 monumentos megalíticos, 5 estruturas tipo cista, así como abundantes indicios de ocupación durante o Neolítico e a Idade de Bronce. Sen dúbida uns traballos que arroxaran un pouco de luz sobre a historia pasada, que a bo seguro, valerá para aprender no presente.

Medios

Etiquetado como Arqueoloxía    areoso    Illa de Arousa    Xunta de Galicia    Educación    Cultura   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Mércores, 02 Agosto 2017 18:34

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O Goberno Local critica a "coordinación" da Xunta ante a vaga de lumes
    Pontevedra> Dende o Concello de Pontevedra criticaron esta mañá a falta de coordinación da Xunta ante a situación crítica que o lume deixou nesta provincia. Lores dixo que en ningún momento se solicitou axuda dos bombeiros de Pontevedra, e que foi o propio concello o que se puxo en contacto co concello de Vigo para enviar reforzos.
  • Villares respalda ao persoal do Hospital fronte á 'xordeira' da Xunta
    VILAGARCÍA> A Xunta de persoal do Hospital do Salnés mantén a súa loita contra a reforma da Lei de Saúde, e os representantes políticos continúan mantendo encontros con eles. Hoxe foi o voceiro de En Marea, Luis Villares, o que se desprazou ata o centro comarcal. Dende aí, revalidou o compromiso da súa formación para que a Xunta abandone a reforma. A Xunta de Persoal do Hospital do Salnés continúa a recibir apoios na súa loita contra a reforma da Lei de Saúde que prepara a Xunta de Galicia. Esta mañá, o voceiro de En Marea, Luis Villares, trasladou o seu apoio aos representantes dos traballadores. Aínda que polo de momento non hai informacións que indiquen un cambio de postura da Consellería de Sanidade, Villares destacou a importancia da mobilización social para frear o cambio. Dende a Xunta de Persoal agradeceron o interese da formación. Tamén explicaron que a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública reanudará as súas accións para informar á cidadanía das consecuencias que, aseguran, traerá este cambio. O colectivo comezará as charlas informativas no concello de A Illa de Arousa o vindeiro mércores 18 de outubro. Será ás 8 da tarde no salón de plenos do concello.
  • Portas expón a obra de 27 artistas na Azucreira durante a tarde dos domingos
    Os domingos de este mes poderán visitar unha exposición na sala de exposicións da Azucreira de Portas. A mostra que reúne o traballo de 27 artistas divídese en tres disciplinas: pintura, escultura e fotografía. Escultura, pintura ou fotografía, esas son as tres disciplinas nas que se dividen o traballo de 27 artistas galegos que se está a expoñer na sala de exposicións da Azucreira de Portas. Unha iniciativa que organizaron dende a área de cultura do concello de Portas. A mostra inaugurouse o pasado 1 de outubro, e durante este mes poderá seguir a ser visitada por todo aquel que se achegue a Portas durante os domingos. Sergio Cancela é un dos artistas que expón algunhas das súas obras. A tradición e a cultura tampouco se esqueceu nas obras, é o caso das tres pinturas de Marisé Canda. Esta mostra permanecerá aberta ao público ata finais de mes, é de balde e o horario para será a partir da tarde.
  • Máis de 30 desempregados formaranse nos novos obradoiros de Vilagarcía
    VILAGARCÍA> Trinta e cinco desempregados de Vilagarcía arrincaron esta mañá a súa formación. Xunta e concello inauguraron dous dos novos obradoiros de emprego que lle foron concedidos á localidade. Os dous programas contan cun orzamento de 420 mil euros. Concello de Vilagarcía e Xunta de Galicia formarán a 35 desempregados do municipio para mellorar as súas posibilidades de atopar un posto de traballo. Esta mañá arrincaron os novos obradoiros de emprego. O primeiro dos obradoiros favorecerá a 20 desempregados, que se formarán en Fontanería e Carpintería. Durará 9 meses, e contará cun investimento de case 280.000 euros. Durante a súa formación, os alumnos traballarán en diferentes puntos de Vilagarcía, para revalorizar espazos públicos. Operacións auxiliares de actividades e funcionamento de instalacións deportivas, e socorrismo en espazos acuáticos, serán as materias nas que se van a formar 15 alumnos menores de 30 anos no marco do obradoiro Labora Xove 2017. Neste caso, conta cun investimento de 140.000 euros.
  • O edificio de Benito Corbal da Xunta estará listo para comezos do 2019
    Pontevedra> A Xunta de Galicia licitará esta semana a rehabilitación da súa sede na rúa Benito Corbal. Un proxecto que tal e como afirmou o vicepresidente da Xunta, estará finalizado a comezos do 2019 e contará cun investimento de máis de 5 millóns de euros.
  • Chegan a Vilagarcía os "Concertos 2017/2018"
    VILAGARCÍA> Chegan os "Concertos 2017/2018" a Vilagarcía. Esta iniciativa organizada pola Sociedade Filarmónica de Vilagarcía, xurdiu o ano pasado con unha moi boa acollida. Os 7 eventos musicais programados celebraranse dende este mesmo mes de outubro ata o mes de xuño.
HomeSalnés - CaldasRomán Rodríguez califica o xacemento de Areoso como un dos máis importantes Top of Page

Síguenos en facebook