09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

"¿Conversamos con un viño?" unha nova iniciativa coa que pasar un bo rato

Ago 09 Escrito por 
SANXENXO> "Conversamos un viño" así se chama unha nova experiencia gastronómica, ca que se pretende transmitir o bo da gastronomía galega a través dos cinco sentidos. Unhas experiencias gourmet deseñadas a medida para cada grupo de persoas que desexen un plan diferente nun entorno privilexiado. Pero se queren saber máis, non teñen máis que esperar a que llelo amosemos, porque nesta ocasión tocoulle a quenda as augas sanxenxinas...
As Rías Baixas son en sí mismas un dos mellores reclamos turísticos de Galicia. Imaxinen vostedes que facemos un percorrido nunha embarcación de luxo pola Ría de Pontevedra, por exemplo, ca que faremos pequenas paradas de navegación en diferentes sitios estratéxicos. Estamos a falarlles dunhas experiencias diferentes pero nas que o entorno non participa só, senón que a gastronomía e o viño, tamén teñen algo que dicir. Ademais esta iniciativa permite a posibilidade de ser personalizada ao gusto do consumidor. "Conversamos un viño" presentase como unha excelente actividade para todos aqueles que busquen algo máis que investir o seu tempo de ocio, senón que esta iniciativa pretende ser unha experiencia en si mesma. Estará dispoñible durante todo o ano e poderá contratarse mediante contacto directo cos seus creadores Oscar de Toro e Isabel Sánchez ou tamén a través dunha empresa de viaxes. En todo caso recorden o seu nome, "Conversamos un viño", porque a bo seguro dará moito que falar nos vindeiros meses.

Medios

Etiquetado como Sanxenxo    Emprendedores    Turismo    galicia calidade   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Mércores, 09 Agosto 2017 17:25

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Sanxenxo interporá un contencioso contra Pontevedra polo abastecemento da auga
    SANXENXO> O abastecemento de agua mantén enfrontados aos concellos de Pontevedra e Sanxenxo. Esta mañá, o pleno sanxenxino aprobou a interposición dun contencioso-adminitrativo contra o municipio de Pontevedra, en relación aos pregos que rexen o concurso deste servizo. A medida saíu adiante co apoio dos edís non adscritos Vanessa Rodríguez e Roberto Agís. BNG e PSOE, optaron pola abstención. Sanxenxo irá ao xulgado polo conflito do abastecemento da auga con Pontevedra. O pleno aprobou esta mañá interpoñer un contencioso-administrativo contra o concello pontevedrés, en relación aos pregos que rexen o concurso deste servizo. O goberno encabezado por Telmo Marín entende que Pontevedra non pode incluír no novo contrato de abastecemento de auga a subministración aos veciños dun municipio que non é o seu. Unha postura que contou co apoio dos edís non adscritos Vanessa Rodríguez e Roberto Agís. Non así BNG e PSOE, que optaron pola abstención. Martín lembrou que existen dous antecedentes neste conflito que dan a razón a Sanxenxo. Por unha banda, apuntan a unha sentenza xudicial que establecería que o prezo debe ser un acordo entre todos os concellos implicados. Pola outra, o Ministerio de Fomento tamén se pronunciaría nos mesmos termos.
  • A Mancomunidade seguirá promocionando a comarca por Europa
    CAMBADOS> Sobre esta polémica viaxe a Francia da Mancomunidade, precisamente, fixeron unha valoración moi positiva esta mañá deste a entidade comarcal. Foi nunha rolda de prensa na que anunciaron tamén que mañá mesmo parte unha delegación a Nápoles para asinar un convenio turístico coa rexión de Campania. A viaxe que a Mancomunidade realiza ou á Bretaña francesa para promocionar o albariño e a variante espiritual do Camiño de Santiago, foi todo un éxito. Así o definiu esta mañá en Cambados unha importante representación da entidade comarcal, que participou na viaxe. O presidente en funcións da Mancomunidade destacou que esta promoción internacional está sendo esencial na consecución dos bos datos turísticos da comarca, a primeira de Galicia e a cuarta de España en canto a turismo se refire. E ademais destacou o apoio que a Mancomunidade está ofrecer ós concellos de Ribadumia e Cambados á hora de promocionar as súas potencialidades no exterior. Tino Lores, presidente da Asociación Amigos do Camiño Portugués destacou tamén a importante tradición que Francia ten con esta variante do Camiño. E anunciou que mañá mesmo viaxarán a Nápoles, para asinar un convenio coa rexión italiana de Campania. A Nápoles viaxarán desde mañá e ata sábado o alcalde de Ribadumia, o edil de enoturismo de Cambados, o xerente da Mancomunidade do Salnés, o seu delegado de Turismo, e o presidente da Asociación do Camiño Portugués.
  • Sanxenxo, primeiro concello de Galicia para turistas dixitais
    SANXENXO> Sanxenxo é xa o primeiro municipio galego en contar con sinalización intelixente para os turistas. Unha iniciativa pioneira en Galicia que permite ó usuario coñecer toda a información do punto turístico onde se atopa, a través dunha aplicación móbil que non precisa, conexión a internet. Con só descargar unha aplicación, Inventrip, pódese planificar unha viaxe no móbil en tan só tres pasos. O primeiro ,crear unha axenda de viaxe, organizada en carpetas por días, restaurantes, roteiros…Ademais de navegar e seleccionar lugares a visitar. E a partir de xa isto é unha realidade en Sanxenxo. Trátase do primeiro concello galego en contar con esta sinalización turística intelixente, que se presentou esta mañá. De momemnto haberá 5 puntos no concello onte conectarse, pero agárdase ir aumentando a información dos lugares máis turísticos. A intención de converter Sanxenxo en destino turístico intelixente supón aumentar a competitividade, mediante un maior aproveitamento dos seus atractivos, a creación de recursos innovadores, e unha distribución que finalmente impulse o desenvolvemento sostible e facilite a interacción co visitante. O único que hai que facer para desfrutar desta tecnoloxía e ser un turista dixital é descargarse a aplicación: inventrip no seu dispositivo móbil.
  • Os turistas encantados coa prolongación do "veranillo" de San Miguel
    SANXENXO> As altas temperaturas e a falta de auga deste comezo de outono son prexudiciais para algúns sectores, outros en cambio asisten encantados a esta prolongación do verán. É o caso do turismo, tal e como puidemos comprobar esta mañá en Sanxenxo. Parece que San Miguel está sendo xeneroso de máis co veranillo deste ano. Pleno outono, e na Praia. Os termómetros dalgunhas localidades das Rías Baixas chegaron a marcar estes días o 30 graos. Aínda que para moitos a falta de auga é mala noticia, o certo é que esta prolongación do verán que estamos vivindo está sendo moi positiva para aqueles que viven do turismo. Esta fin de semana, o bo tempo, as potencialidade que ofrecen as Rías Baixas, e a coincidencia coa festa do Marisco do Grove, deixouse notar na ocupación hoteleira. Contentos os hostaleiros, e contentos, no pequeño comercio. Pero os que máis gozan sen dúbida destas temperaturas e do sol, os que teñen o tempo libre para desfrútalo, os turistas. Aínda que tamén existe certa preocupación polos cambios de temperaturas que estamos a vivir . Todo apunta a que esta próxima fin de semana, co gallo da ponte festiva do Pilar, os hoteis volv¡erán colgar o cartel de completo. E ademáis, parece que a cousa seguirá así por un tempo, porque dende Meteogalicia anuncian que non se agardan chuvias ata a segunda quincena deste mes.
  • 'Sanxenxo Independentes', o xermolo do novo partido de Vanessa Rodríguez
    SANXENXO> Nace Sanxenxo Independentes, unha plataforma que xorde da crise interna de SAL tras abandonar Gonzalo Pita o goberno da vila. A edil Vanessa Rodríguez é a súa cara visible, aínda que asegura que con ela hai moita xente que se sumou a este proxecto. Aínda que nace como un grupo de veciños, non desbotan conformar un partido para concorrer as vindeiras eleccións do 2019. Sanxenxo Independentes é o nome baixo o que a edil Vanessa Rodríguez quere dirixir o seu futuro na política da vila. Non está soa, xa que este proxecto aglutina a moitos dos que foran membros de SAL, descontentos coa decisión de Gonzalo Pita de deixar a alcaldía e entregar o goberno ao popular Telmo Martín. Trala rotura de SAL, Rodríguez mantivo a súa acta como concelleira non adscrita. Polo de momento, Sanxenxo Independentes non é unha partido político, aínda que non desbotan tomar ese camiño. Sobre a situación actual da política en Sanxenxo, Rodríguez foi crítica coa xestión do alcalde Telmo Martín. Para a edil, Martín é un 'rexedor escaparate'. Polo de momento, a súa intención é traballar cos veciños. Dende hoxe está activo o seu perfil no Facebook, que agardan sirva coma canle de comunicación e para expoñer as súas ideas e novas interesantes para o concello de Sanxenxo.
  • O 78% dos touroperadores que visitaron O Salnés venden o destino turístico
    CAMBADOS> A Mancomunidade do Salnés saca peito ante o éxito das súas iniciativas de promoción turística. O ente fixo balance da xestión dos últimos catro anos da forte aposta que están a realizar para atraer visitantes á comarca e da que xa se están a ver os froitos: dos 49 touroperadores que trouxeron para coñecer O Salnés, case o 79% están a vender o destino nos seus países. Non é un secreto a importante aposta que a Mancomunidade do Salnés vén realizando por atraer o turismo internacional. Nos últimos catro anos, o ente multiplicou os seus esforzos. Aproveitando esta riqueza, a Mancomunidade creou dous produtos como a Ruta do Padre Sarmiento e a Variante espiritual. Este ano, esta última xa atraeu a máis de 5.000 peregrinos. Tamén incrementou a presenza do destino nas feiras internacionais e realizando viaxes a outros países, pero tamén presumen de oferta sobre o terreo. Dende a Mancomunidade xa traballaron con 49 touroperadores, que visitan a zona en pequenos grupos. Outros 130 visitaron a comarca grazas ao convenio co concello de Pontevedra. De feito, a colaboración institucional é outra das bases da política da Mancomunidade en materia de turismo. Destaca o éxito que nesta promoción internacional se conseguiu no mercado ruso. De cara o futuro, atraer ao turista francés é unha das prioridades da Mancomunidade. Tamén manter o nivel de calidade do produto, conscientes da forte competencia que existe nos mercados internacionais.
HomeSalnés - Caldas"¿Conversamos con un viño?" unha nova iniciativa coa que pasar un bo rato Top of Page

Síguenos en facebook