09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Costas autoriza a actuación da París de Noia na praia

Ago 11 Escrito por 
VILAGARCÍA> Finalmente a París de Noia si estará na praia de Compostela o vindeiro día 20, co gallo da Festa da Ameixa. Costas remitiu a autorización pertinente despois de que no día de onte o concello remitise o último informe que faltaba. Iso si, a organización da celebración carrilexa deberá cumprir unha serie de condicións para levala a cabo.
A Festa da Ameixa sí terá concerto na praia o vindeiro 20 de agosto. Así se desprende dunha nota de prensa que enviou o concello aos medios de comunicación. Na mesma afirmase que Costas permite a realización da festa na praia despois de que o concello remitise onte o informe que lle faltaba, no que figuraba a tonelaxe dos camións participantes no evento. Iso si, para levar a cabo a celebración a organización deberá ter en conta unha serie de obrigas tales como; abonar unha fianza de 3.000 euros para sufragar os inconvenientes que se poidan derivar de esta acción, cubrir con pranchas de aluminio a superficie pola que deberán pasar os camións, xa que accederan a praia uns 4 tráilers de entre 35 e 40 toneladas. A actuación deberá axustarse perfectamente a documentada pola Confraría e a Asociación de Parquistas. Sinala o escrito que calquera alteración grave ao dominio público marítimo terrestre, será de exclusiva responsabilidade da organización da festa.

Medios

Etiquetado como Vilagarcía    Festa da Ameixa   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Venres, 11 Agosto 2017 17:02

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A microfeira 'Castes' triunfa na súa primeira edición
    VILAGARCÍA> Vilagarcía acolleu hoxe a celebración da primeira edición de Castes, unha microfeira dirixida tanto ao público xeral como ao profesional. A iniciativa foi posta en marcha polo sumiller José Dieste, do espazo gastronómico Derby. Nela os asistentes puideron coñecer de preto a oferta de adegas familiares das Denominacións de Orixe de O Ribeiro, Ribeira Sacra e, como non, Rías Baixas. "Castes" estreouse esta mañá en Vilagarcía. O túnel do viño despregado no espazo gastronómico Derby atraeu a decenas de profesionais do sector do viño, que viron nesta microfeira unha oportunidade para coñecer o que se está a traballar no mundo vitivinícola galego. Monovarietais, coupages, viños de garda, brancos ou tintos. As adegas participantes desprazaron ata Vilagarcía as súas elaboración para participar neste evento que, aseguran, permítelles un trato máis próximo co cliente. Variadas elaboracións pero sempre de viños de calidade, todos amparados en tres das cinco Denominacións de Orixe galegas. Adegas do Ribeiro, Ribeira sacra e, como non, Rías Baixas, estiveron presentes na cita vilagarciá. Unha cita que, ademais, nace con vocación de continuidade. Non así de ampliación. A programación continuou pola tarde cunha cata a cegas dirixidas polos sumilleres José Luis Aragunde e José Dieste no Auditorio. Xa pola noite, o Derby volveu abrir as súas portas cun novo túnel do viño, desta volta para todos os públicos.
  • Ravella destina 420.000 euros á humanización da Praza da Independencia
    VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía xa ten o proxecto de reforma para a Praza da Independencia. Con esta actuación, o goberno local dá un paso máis no seu modelo urbano, marcado polas zonas peonís e a mellora da accesibilidade. A actuación financiarase no marco do proxecto Vilagarcía Avanza, que contará con fondos europeos. Está orzamento en 420.000 euros. Vilagarcía camiña cara un modelo de cidade máis accesible e humanizado. Coas obras de peonalización da Praza de Galicia a piques de ser adxudicadas, o concello presentou esta mañá a intervención na Praza da Independencia. Unha parte da actuación dirixirase a peonalizar dúas das tres rúas que rodean a praza. Nesta zona empregaranse dous tipos de formigón, material duradeiro e que precisa e pouco mantemento. A praza en si non experimentará grandes cambios. O máis importante será a eliminación do vaso da fonte, facéndoa máis accesible. A intención é reutilizar a peza noutra zona deste espazo. A substitución de todas as redes de abastecemento, saneamento e telecomunciación, e a creación de superficies de captación de auga para reducir posibles asolagamentos, son outros puntos da intervención, que conta cun orzamento de 420.000 euros financiados cos fondos europeos do Plan Vilagarcía Avanza.
  • Ravella e Autoridade Portuaria, enfrontados novamente polo urbanismo
    VILAGARCÍA> Medra a fractura entre o concello de Vilagarcía e a Autoridade Portuaria. En rolda de prensa, o alcalde informaba dunha carta da presidenta do Porto na que solicitaba información sobre o estado dos trámites que permitirían construír un hotel no peirao de O Ramal. Unha posibilidade que Alberto Varela volveu rexeitar de pleno. Despois, Sagrario Franco acusábado de deslealdade institucional, e aseguraba que a Autoridade cumprira con todas as condicións que se puxeran para permitir a construción deste hotel. O urbanismo volve enfrontar a concello de Vilagarcía e Autoridade Portuaria. Alberto Varela oponse de pleno á construción dun hotel no peirao de O Ramal. Varela responde así publicamente a unha carta da presidenta do Porto interesándose pola paralización do PXOM. A modificación puntual do Plan Específico do Porto tería que ir paralela a este documento e, segundo Sagrario Franco, sería positiva para todos. A presidenta denuncia que o concello non respondeu a ningunha das súas solicitudes de información sobre o estado dos trámites. Recorda que no ano 1998 o goberno local asinara un convenio no que se comprometía a contemplar no PXOM o uso hoteleiro dar parcela Concha-Ramal. Por iso, acusa ao concello de falta de lealdade institucional. Franco tamén criticou as xestións realizadas por Varela no Senado para a apertura da desembocadura do río de O Con. Segundo a presidenta, a concesión da nave de Ramón Moral foi prorrogada en precario, pendente da posta en parcha deste proxecto para o río.
  • A Quiniela deixa en Vilagarcía máis dun millón de euros de premio
    VILAGARCÍA> A sorte fixo parada onte en Vilagarcía. Un pleno ao quince na Quiniela deixou nin máis nin menos que un premio de un millón 36 mil euros. O boleto foi selado na administración de Lotaría número 4 da capital arousá, na rúa San Roque. ESta mañá, o seu responsable Carlos Cores, non ocultaba a súa alegría. Esta é a receita para gañar un millón 36 mil euros. Onte un afortunado conseguiu este premio grazas a un pleno ao quince na Quiniela. Unha aposta máis que rendible. Coñécese a combinación gañadora e tamén a contía do premio. O que de momento permanece no anonimato é o nome do afortunado. Esta mañá, na administración de Lotaría número 4 de Vilagarcía, na rúa San Roque, almorzaron con esta boa nova. O premio chega, ademais, despois dun tempo sen dar un premio desta envergadura. Este millón 36 mil euros non irá íntegro para o afortudao. O 20%, ao redor de 200 mil euros, levaraos a Axencia Tributaria. Agora, na administración número 4 xa se pensa na Lotaría de Nadal. Unha venda que vai a bo ritmo, pero que, de cumprirse as previsións, se disparará no mes de novembro.
  • A Xunta require nova documentación a Ravella para tramitar o PXOM
    VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía asegura que o PXOM avanza na súa tramitación. Dende Ravella negan que a Xunta rexeitara o borrador, e explican que o goberno autonómico unicamente solicitou nova documentación. Uns papeis que aínda non puideron remitirse, debido ás dificultades derivadas da situación que atravesa a empresa encargada de redactar o plan. O goberno de Vilagarcía nega que a Xunta rexeitara o borrador do PXOM. Si recoñecen que o executivo autonómico fixo un requirimento de nova documentación. Un trámite que, aseguran, é habitual. A edil de Urbanismo defende o traballo realizado polo actual executivo. Non así a xestión de Tomás Fole, á que responsabiliza da tardanza do plan. Agora, dende Ravella están en conversas coa empresa encargada da redacción do PXOM, que hai uns meses foi comprada por un grupo chinés. Unhas dificultades internas que se reflicten na tramitación do plan. O que si aseguran é que este retraso na entrega da documentación requirida non vai afectar á aprobación, ou non, do borrador proposto como PXOM de Vilagarcía. Segundo explicou Paola María, hai preto doutros 16 concellos galegos que están a padecer estes retrasos, provocados polas dificultades internas da empresa encargada da redacción.
  • Os mariscadores temen que as cinzas dos lumes estropeen a campaña
    VILAGARCÍA> Se hai dous días tódalas miradas se dirixían ós nosos montes, que ardían de xeito incontrolable, agora cos lunes extinguidos, os ollos están postos na nosa ría. Os mariscadores temen que as cinzas que arrastren as chuvias ata o mar poidan arruinar a campaña de nadal, como pasou nos incendios do 2006. Temen sufrir o que xa pasaron, fundamentalmente na vaga de lunes do 2006. Os mariscadores están moi preocupados xa que a campaña de Nadal, como a de libre marisqueo, podería correr perigo se as cinzas dos lumes sexan arrastradas pola chuvia ata o mar, afectando ós bancos marisqueiros, que xa de por sí non se atopan no seu mellor momento. Así nos explicou o presidente dos Parquistas de Carril, e patrón maior de localidade, de qué xeito lles podería afectar . A preocupación é evidente. E os máis afectados serían os bivalvos, navallas, longueiróns, ameixas ou berberechos. O medo á que as fortes chuvas provoquen isto aumenta pola inminencia da campaña de Nadal. O que suporía unha importante perda económica, tal e como pasou en 2006. De tódolos xeitos, as posibilidades de que non pase este fenómeno, son poucas, pero non perden a esperanza .
HomeSalnés - CaldasCostas autoriza a actuación da París de Noia na praia Top of Page

Síguenos en facebook