• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Unha volta ao cole con viaxe no tempo

Set 12 Escrito por 
VILAGARCÍA> Con esta volta ás aulas, e para moitos, a súa primeira vez no cole, chegaron os choros nalgúns casos, e os reencontros felices para outros. Pero os que sen dúbida viviron unha gran xornada foron os alumnos e alumnas do colexio de Rubiáns en Vilagarcía. Como cada ano, o primeiro día de clases céntrase na realización de xogos de benvida coa temática de cada ano, neste curso toca a Historia. Cabaleiros con jabalina… Arqueólogos…. Carreiras de sacos, ou lanzamento de disco..son algunhas das actividades que forman parte do proxecto “Sabela viaxa no tempo”, e que organizou o colexio de Rubiáns, para recibir ós seus alumnos na primeira xornada de cole. Algo habitual neste centro vilagarciá, cada ano coa temática elixida, e este curso, é a historia. Unha xornada divertida que para a maioría fixo moito máis levadeira a volta ó cole. Aínda que parece que estes rapaces son tan aplicados, que non lles fai falta. Aínda que sempre atopamos algún que outro…que preferiría esta mañá quedar entre as sabas…e seguir desfrutando das vacacións. Con este novo proxecto baseado na historia, o colexio de Rubiáns pretende conseguir o éxito acadado co proxecto do ano pasado, “O mar de Sabela”, centrado no mundo mariño, e co que veñen de gañar o Premio Proxecta da Consellería de Educación.

Medios

Etiquetado como Vilagarcía    colexio rubians    volta ao cole    Curso escolar    nenos    nenas    xogos benvida    Historia    Alumnos   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Tomás Fole abandona a política municipal para dedicarse de pleno a nacional
    VILAGARCIA> Tomás Fole presentou a súa renuncia como portavoz municipal e concelleiro do Partido Popular en Vilagarcía. O aínda edil ata finais de mes, pon fin a case 14 anos formando parte da corporación de Vilagarcía.
  • Villares respalda ao persoal do Hospital fronte á 'xordeira' da Xunta
    VILAGARCÍA> A Xunta de persoal do Hospital do Salnés mantén a súa loita contra a reforma da Lei de Saúde, e os representantes políticos continúan mantendo encontros con eles. Hoxe foi o voceiro de En Marea, Luis Villares, o que se desprazou ata o centro comarcal. Dende aí, revalidou o compromiso da súa formación para que a Xunta abandone a reforma. A Xunta de Persoal do Hospital do Salnés continúa a recibir apoios na súa loita contra a reforma da Lei de Saúde que prepara a Xunta de Galicia. Esta mañá, o voceiro de En Marea, Luis Villares, trasladou o seu apoio aos representantes dos traballadores. Aínda que polo de momento non hai informacións que indiquen un cambio de postura da Consellería de Sanidade, Villares destacou a importancia da mobilización social para frear o cambio. Dende a Xunta de Persoal agradeceron o interese da formación. Tamén explicaron que a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública reanudará as súas accións para informar á cidadanía das consecuencias que, aseguran, traerá este cambio. O colectivo comezará as charlas informativas no concello de A Illa de Arousa o vindeiro mércores 18 de outubro. Será ás 8 da tarde no salón de plenos do concello.
  • Unha lección contra o maltrato animal en Cambados
    CAMBADOS> A praza do concello de Cambados acolleu tamén esta mañá outra conmemoración que pretendía visibilizar unha realidade non menos preocupante: o maltrato animal. Con motivo do seu Día Internacional o concello, xunto coa Protectora O Refuxio, e os alumnos do Colexio San Tomé do municipio, leron un manifesto contra O concello de Cambados, en colaboración coa Protectora O Refuxio, celebrou esta mañá o Día Internacional Contra o Maltrato animal. Que se busca con esta conmemoración? Así o explicaron os alumnos de sexto do Colexio San Tomé do municipio. É un fragmento do manifesto que leron dous dos alumnos, para lembrar que hoxe, pero tamén o resto dos días do ano, debemos dicir NON ó maltrato animal, e ter en conta mensaxes como éstas. Eles e elas o teñen claro, pero por desgraza hai que seguir insistindo nestas reivindicacións, porque hai moito que concienciar, e persoas que actúan como se non o fosen. Tal e como explicou a presidenta do Refuxio, poñendo o exemplo dun dos últimos cans que acolleron, e que foi abandonado nun estado calamitoso. Ogallá esta mensaxe cale en tódalas persoas, igual que xa o fixo neste cativos.
  • Máis de 30 desempregados formaranse nos novos obradoiros de Vilagarcía
    VILAGARCÍA> Trinta e cinco desempregados de Vilagarcía arrincaron esta mañá a súa formación. Xunta e concello inauguraron dous dos novos obradoiros de emprego que lle foron concedidos á localidade. Os dous programas contan cun orzamento de 420 mil euros. Concello de Vilagarcía e Xunta de Galicia formarán a 35 desempregados do municipio para mellorar as súas posibilidades de atopar un posto de traballo. Esta mañá arrincaron os novos obradoiros de emprego. O primeiro dos obradoiros favorecerá a 20 desempregados, que se formarán en Fontanería e Carpintería. Durará 9 meses, e contará cun investimento de case 280.000 euros. Durante a súa formación, os alumnos traballarán en diferentes puntos de Vilagarcía, para revalorizar espazos públicos. Operacións auxiliares de actividades e funcionamento de instalacións deportivas, e socorrismo en espazos acuáticos, serán as materias nas que se van a formar 15 alumnos menores de 30 anos no marco do obradoiro Labora Xove 2017. Neste caso, conta cun investimento de 140.000 euros.
  • O ciclo da Memoria Histórica volve a Cambados durante os venres de outubro
    CAMBADOS> Cambados ofertará aos seus cidadáns ou tamén aos interesados un Ciclo de Memoria Histórica onde proxectarán películas en formato familiar, para que incluso se establezca un coloquio en Exposalnés. Todos os venres do mes de outubro a partir das 20:00 horas no salón de actos de Exposalnés proxectaranse diferentes documentais sobre a Memoria Histórica. Ese primeiro venres vaise a proxectar "Castelao e os Irmáns da Liberdade" un documental que contará co director da película. Esta proxección será a máis extensa de todas, aínda que a finalidade é conseguir un coloquio posterior. Unha excelente maneira de investir o tempo libre durante os venres de outubro en Cambados.
  • Uns 21 expedientes de obras a Comisión de Patrimonio para a súa aprobación
    CAMBADOS> Este xoves celebrouse unha Comisión Municipal de Patrimonio onde se discutiu sobre 21 expedientes de obras que se atopan dentro do conxunto histórico de Cambados. Este é un primeiro paso antes de que os mesmo acudan a Xunta de Goberno Local para proceder, segundo cada caso, a súa aprobación.
HomeSalnés - CaldasUnha volta ao cole con viaxe no tempo Top of Page

Síguenos en facebook